Curso 2019/20
Normas realización exames, entrega de notas, libros e matrícula
Enviado por Anónimo o Sáb, 29/08/2020 - 16:39NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO, RECOLLIDA DE NOTAS, ENTREGA DE LIBROS E MATRÍCULA
- Non poderá acceder ao centro ningunha persoa que presente síntomas compatibles con COVID-19, estea en corentena ou en illamento por ser positivo de COVID.
- O alumnado entrará pola porta porta de entrada ata agora e sairá pola porta lateral que dá ao patio.
- Toda persoa que acceda ao centro deberá usar obrigatoriamente a máscara e gardar a distancia de seguridade.
- As probas por norma xeral levaranse a cabo no salón de actos. Se algunha proba se realizase noutra aula, o alumnado será informado á entrada do mesmo e só poderá dirixirse a esa aula e ao servizo se fose necesario.
- Unha vez entre na aula o alumnado sentará na mesa e esperará indicacións do profesorado.
- O alumnado terá que traer ao centro todo o material necesario para a realización das probas.
- En caso de ter que entregar material ao profesorado para a súa valoración, será entregado na hora indicada para a realización da proba da materia correspondente. Non se poderán deixar traballos na conserxería do centro.
- Unha vez rematada a proba o alumno/a procederá a desinfectar o seu posto co material que haberá na aula para tal efecto e abandonará o centro pola devandita porta lateral que dá ao patio.
- No caso de ter que realizar outra proba, o alumnado agardará fóra do recinto ata a hora da seguinte convocatoria.
- Non se permitirán estancias nos corredores e dentro da aula deberán permanecer nos seus postos e manter a distancia de seguridade.
- No salón de actos e na aula que for, permanecerán as ventás abertas o maior tempo posible.
- As notas tamén serán entregadas no salón de actos xunto co sobre de matrícula, o día 7, ao tempo que o alumnado entrega os libros.
HORARIO DE ENTREGA DE NOTAS - DÍA 7 DE SETEMBRO
- 10:30 horas: 1º e 2º de ESO.
- 11:15 horas: 3º, 4º ESO e 1º de BAC.
MATRÍCULA EXTRAORDINARIA
- 8 de setembro (9:00 a 14:00 horas): 4º da ESO, 1º e 2º de BAC.
- 9 de setembro (9:00 a 14:00 horas): 1º, 2º e 3º de ESO.
LEMBRAMOS
A ENTREGA DOS LIBROS NO CENTRO FARASE COA ENTREGA DAS NOTAS.
O ACCESO AO CENTRO SERÁ SEMPRE RESPECTANDO AS MEDIDAS DE HIXIENE, A DISTANCIA REQUERIDA E COA MÁSCARA DEBIDAMENTE COLOCADA.
CALENDARIO SETEMBRO 2020
Enviado por Anónimo o Mér, 29/07/2020 - 15:27Podedes consultar o calendario de exames de setembro, ademais da entrega de notas e o período de reclamacións.
Por último tedes as datas nas que está aberto o período de matricula extraordinaria.
Tede en conta que en calquera momento pode cambiar e variar calquera destes datos debido a situacion que estamos vivindo por mor da Covid-19
- CALENDARIO EXAMES SETEMBRO
- ENTREGA DE NOTAS (7 de setembro):
- 10:30 horas: 1 e 2 de ESO.
- 11:15 horas: 3, 4 de ESO e 1 de BAC.
- PERíODO DE RECLAMACIÓNS (ESO - 1 de BAC)
- Ata as 14:00 horas do día 9 de setembro na Secretaría do Centro.
- MATRICULA EXTRAORDINARIA
- 8 de setembro 1, 2 e 3 de ESO (de 9:00 a 14:00 horas)
- 9 de Setembro 4 de ESO, FPB e 1 e 2 de BAC. (de 9:00 a 14:00 horas)
Parabéns ao alumnado de 2º Bacharelato
Enviado por Anónimo o Mér, 29/07/2020 - 15:14Hoxe, 24 de xullo do 2020, sae publicado un artigo na Voz de Galicia cos mellores 50 resultados de selectividade en Galicia e podemos comprobar que o noso centro, o IES do Camiño, ocupa o noveno lugar en toda Galicia, o terceiro dos centros públicos e o primeiro de Lugo e provincia cunha media superior a 7, así que non nos queda outra que sentirnos moi orgullosos e orgullosas dos nosas alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato, por eses boísimos resultados!!!
Parabéns!!!
Admisión FP 2020: 1ª adxudicación ordinaria
Enviado por Anónimo o Mar, 21/07/2020 - 12:25Hoxe saen publicada a listaxe de persoas admitidas na 1ª adxudicación ordinaria, podes consultala nos seguintes enlaces:
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grado superior
Non vos esquezades que o prazo para matricularse é dende hoxe mércores 21 ao 27 de xullo ás 13:horas.
Listaxes de espera:
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grado medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grado superior
Máis información na web de FP
Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2020
Enviado por Anónimo o Lun, 13/07/2020 - 10:11Saen publicadas as listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
O PRAZO DE RECLAMACIÓN contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 15 de xullo de 2020.
A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude de admisión.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión.
As listaxes provisionais do réxime ordinario e de adultos (modalidade presencial e modalidade a distancia) o podedes consultar na seguinte páxina:
Fonte: edu.xunta.es/fp
Convocatoria prazas de aloxamento da USC curso 2020/21
Enviado por Anónimo o Mar, 07/07/2020 - 11:51Aberto o prazo para solicitar prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2020/21.
SOLICITUDE
A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias.html 2.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de solicitude permanecerá aberto dende o 29 de xuño ata as 14.00 horas do 28 de xullo de 2020. Presentarase unha única solicitude por persoa e campus. No caso de estar interesado/a en solicitar praza tanto polo grupo I como polo II, deberá marcar ambos no mesmo impreso.
ESTUDANTES DE NOVA ADMISIÓN
Considéranse estudantes de nova admisión:
- O estudantado de grao, primeiro e segundo ciclo, másteres universitarios oficiais e títulos propios, que se matriculen nun centro da USC durante o curso 2020-2021.
- As persoas, que reunindo os requisitos de acceso, se matriculen nun programa de doutoramento, a tempo completo, durante o curso 2020-2021 e os/as investigadores/as en formación recollidos no artigo 31 dos Estatutos da Universidade.
- O estudantado que en cursos anteriores obtivera aloxamento no SUR polo Grupo II e solicite cambiar ao Grupo I.
- Os/as estudantes de intercambio Sicue doutras universidades. Este colectivo só poderán facer a solicitude para o Grupo I
Podes consultar a convocatoria no seguintes enlace:
Solicitudes de nova admisión:
Se tes dúbidas podes consultar co Dpto. de Orientación.
Seguridade, igualdade, prioridade
Enviado por Anónimo o Mér, 01/07/2020 - 19:53Manifestamos o noso malestar ante a desatención, o desatino e a xestión que as autoridades políticas e educativas amosaron ante a realidade educativa xurdida á par desta pandemia. Os principios de equidade educativa e igualdade de oportunidades non foron reais; a información, tardía; os recursos e a formación, insuficientes para proporcionar ao noso alumnado un ensino de calidade. O sentimento é de abandono, afronta e menosprezo cara a nós, profesionais da educación.
#seguridadeigualdadeprioridade
Calendario do proceso de admisión a ciclos de FP e FP dual
Enviado por Anónimo o Sáb, 20/06/2020 - 18:36Publicado o calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual para o curso 2020/2021.
RÉXIME ORDINARIO E RÉXIME PARA AS PERSOAS ADULTAS:
FP DUAL
Para máis información contacta do Dpto. de Orientación
Fonte: edu.xunta.es/fp