Curso 2019/20
Entrega de diplomas TEI 2019
Enviado por Anónimo o Mar, 17/12/2019 - 18:42Hoxe 17 de decembro entregamos os diplomas e os carnés ao alumnado de 3º da ESO, despois de recibir a formación pertinente, que os acredita como titores e titoras do Programa TEI.
Referentes Galegas nas Aulas
Enviado por Anónimo o Mar, 03/12/2019 - 17:15O programa “Referentes Galegas nas Aulas” achegounos a mulleres que son referentes en diferentes sectores profesionais, deste xeito, as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO puideron comprobar como desenvolven o seu traballo e como son profesionais de éxito no seu ámbito laboral, ademais de servirlles de exemplo aos que seguir e poñer de manifesto que non existe ningún ámbito labo
"English Week”
Enviado por Anónimo o Lun, 02/12/2019 - 16:45O grupo de alumnado de 4º ESO, acompañado pola profesora Carmen Ares, asistiu do 17 ao 23 de Novembro á “English Week”, un campamento de inmersión linguística en inglés celebrado nos Peares, en Lugo.
DGT: Formación en educación Viaria
Enviado por Anónimo o Mar, 26/11/2019 - 19:45Hoxe martes puidemos contar no instituto coa visita de Sara, coordinadora provincial de Educación Viaria de Lugo, e de Elpidio, axente da Garda Civil de Tráfico de Monforte de Lemos, que nos contaron moitas cousas sobre a importancia da "Seguridade Viaria" aos alumnos e alumnas de 1º da ESO, aos de 1º de Bach e aos de 2º
25 NOV_ Obra teatral: "Golpes"
Enviado por Anónimo o Mar, 26/11/2019 - 17:46O 25 de novembro, as alumnas e alumnos do instituto, puideron ver a obra teatral “Golpes” interpretada pola actriz Estibaliz Veiga. Esta obra teatral narra a historia de Pamela que é unha moza que ven de sufrir violencia machista despois de namorar crendo nos postulados do amor romántico.
25 NOV 2019: Día Internacional contra a violencia de xénero
Enviado por Anónimo o Lun, 25/11/2019 - 01:11Como cada ano no IES do Camiño dicimos:
- "NON AS VIOLENCIAS QUE SE EXERCEN SOBRE AS MULLERES"
"Léoche un conto"
Enviado por Anónimo o Mér, 20/11/2019 - 11:27Iniciamos este curso académico unha actividade de colaboración entre as bibliotecas do CEIP de Palas de Rei e o IES do Camiño, de cara a fomentar o gusto pola lectura dende as idades máis temperás ata o alumnado máis maior.
Abraham Cupeiro: "Sons ancestrais"
Enviado por Anónimo o Ven, 15/11/2019 - 16:49Hoxe contamos no centro con Abraham Cupeiro, construtor e multiinstrumentista, caracterizándose pola recuperación de instrumentos perdidos no tempo e de utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles.
Magosto 2019
Enviado por Anónimo o Lun, 11/11/2019 - 00:22O venres 8 de novembro celebramos o magosto no instituto, foi un día no que xogamos, bailamos, corremos, comemos castañas …. E sobre todo botámonos unhas risas, por máis días así nos que ademais de aprender desfrutemos todos e todas xuntas!!!!
Magosto 2019
Enviado por Anónimo o Mér, 06/11/2019 - 13:45O venres día 8 de novembro celebramos o Magosto no IES do Camiño.
Teremos xogos e concurso de baile con premios!
Agardámosvos!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »