Curso 2019/20

Como será o 3º trimestre do curso?

A consellería de Educación publica as instruccións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, podes consultalas no seguinte enlace:

Podemos sinalar os seguintes aspectos que se recollen nestas instruccións: 

  • Mantense o calendario escolar

  • A avaliación final do alumnado de 2º curso de bacharelato deberán realizarse antes do día 9 de xuño de 2020 na convocatoria ordinaria, e na primeira semana do mes de setembro na convocatoria extraordinaria. 

  • A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua. En todo caso, a avaliación das actividades realizadas na fase non presencial so poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.

  • A promoción de curso será a norma xeral en todas as etapas, considerándose a repetición de curso una medida moi excepcional.

Nos seguintes enlaces poderás acceder aos criterios de evaluación e  promoción de cada unha destas etapas e ensinanzas: 

  • ESO:

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf#page=11

  • Bacharelato: 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf#page=13

  • FP: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf#page=16

  • Educación adultos:

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf#page=18

  • Artes Plásticas e Deseño: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf#page=21

  • Conservatorios ded Música e Danza: 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf#page=22

  • Ensinanzas Deportivas: 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf#page=26

  • Idiomas:

  https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf#page=27

  • Ensinanzas Artísticas Superiores: 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf#page=29

 Se precisas máis información contacta co departamento de orientación ou co titor/a. 

Fonte: Consellería de Educación e Xuventude.net

Modelos de examen ABAU 2020

A CIUG publica hoxe, 28 de marzo, atendendo ás disposicións normativas que regulan as probas ABAU, aínda que non está publicada a Resolución conxunta da SXU e da DXEFPIE, os novos modelos de examen para as ABAU 2020 que podedes descargar dende a páxina da CIUG e no seguinte enlace:

Esta información a tedes colgada tamén na aula virtual en orientación.

 

 

Día Internacional do Libro

O día 23 de abril, Día Internacional do libro, propuxémosvos a través de Instagram un xogo para que entre todos e todas nos suxerísedes libros para ler.

Moitas grazas por participar nesta proposta e dicirnos que libro non podemos deixar de ler.

Nós xa temos unha lista feita cos libros pendentes que imos ler! E vós? 

Aí vai o listado con todas as suxestións: 

  • Blacksad de Juanjo Guarnido. 
  • Cien años de soledad de Gabriel García Márquez.
  • Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín.
  • El ala rota de Antonio Altarriba. 
  • El chico que siguió a su padre hasta Auschwitz de Jeremy Dronfield.
  • El hombre que susurraba a los caballos de Nick Evans.
  • El perfume de Patrick Süskind. 
  • El médico de Noah Gordon. 
  • El nombre del viento de Patrick Rothfuss.
  • El temor de un hombre sabio de de Patrick Rothfuss.
  • El nombre de la rosa de Umberto Eco. 
  • El fuego de Katherine Neville. 
  • El ocho de Katherine Neville.
  • El señor de los anillos de J. R. R. Tolkien. 
  • El viejo y el mar de Ernest Hemingway.
  • Eroski Paraiso.
  • La caída de los gigantes de Ken Follet. 
  • La conjura de los necios de John Kennedy Toole. 
  • La historiadora de Elizabeth Kostova. 
  • La sonrisa etrusca de Jose Luis Sampedro.
  • La tabla de Flandes de Arturo Pérez Reverte.
  • La trilogía: Los hombres que no amaban a las mujeres de Stieg Larsson. 
  • Las tres bodas de Manolita de Almudena Grandes.
  • Los puentes de Madison County de Robert James Waller.
  • Los libros de Matilde Asensi: En busca del origen perdido; El último catón; El salón del ambar; Iacobus.... 
  • Los ojos amarillos de los cocodrilos; El vals lento de las tortugas; Las ardillas de central park están tristes los lunes de Katherine Pancol.
  • Los pilares de la Tierra de Ken Follet. 
  • Malaherba de Manuel Jabois. 
  • Momo de Michael Ende. 
  • Nada es tan terrible de Rafael Santandreu. 
  • O Piloto de Alfonso Eire López.
  • O Principiño de Antoine de Saint Exupery.
  • Poema del canto jondo de Federico García Lorca.
  • Senlleiras de Antía Yañez. 
  • You de Caroline Kepnes.  

GRAZAS a todas e todos por participar, así da gusto!!!  

 

Medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo

A resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial, ten por obxecto establecer medidas excepcionais en materia de ordenación e organización nas ensinanzas de formación profesional e nas ensinanzas de réxime especial, en desenvolvemento e aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e de formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en centros educativos do ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso 2019-2020. 

Ante a situación de excepcionalidade e para os efectos de lle facilitar ao alumnado a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT), flexibilízanse as condicións xerais do seu desenvolvemento. 

Así se establece que para realización da FCT no período ordinario, os centros educativos poderán nos ciclos de grao medio e de grao profesional básico, substituír a Formación en centros de traballo por unha proposta de actividades asociadas á contorna laboral, segundo o modelo do anexo I que aparece na resolución do 23 de abril de 2020. 

 

Actividades asociadas á contorna laboral nos ciclos de grao medio, nos ciclos de FP básica e nos programas formativos 

As actividades asociadas á contorna laboral consistirán na realización dun proxecto, programa ou plan recollido nun documento, que ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables da competencia xeral, e as competencias profesionais, persoais e sociais integradas no perfil profesional, e desenvolvidas nos restantes módulos do título ou programa formativo, partindo dos resultados de aprendizaxe e dos criterios de avaliación do módulo de FCT. Nos ciclos de FP básica soamente se terán en conta os módulos asociados ás unidades de competencia

O documento elaborarase de acordo coas características da contorna profesional do ciclo formativo, tendo en conta a prospectiva do título no sector ou nos sectores produtivos en que que se insire, as funcións propias de cada tipo de persoal técnico, e os elementos tecnolóxicos e organizativos que afectan as ocupacións e os postos de traballo desenvolvidos polos/as diferentes profesionais. No caso dos ciclos de grao medio, poderanse incluír o tratamento dos elementos relacionados coa xestión empresarial, as oportunidades de negocio e o desenvolvemento sustentable e equitativo. En todo caso, consideraranse os elementos esenciais da seguridade e A saúde laboral, a avaliación dos posibles riscos profesionais no desempeño das ocupacións, a planificación da prevención de riscos nos centros de traballo e a aplicación de medidas de prevención e protección nos postos de traballo. 

Para a elaboración do documento, poderanse utilizar como referente os modelos de guións que se detallan a continuación ou optar por outro. En calquera caso, o equipo docente deberá flexibilizar a súa elaboración e adaptar o seu contido ás circunstancias, ás características e ás capacidades do alumnado, e ás particularidades do ciclo ou do programa formativo. 

  • MODELOS DE GUIÓN

Modelo A. Destinado a alumnado de ciclos de grao medio ou de FP básica 

Poderanse incluír soamente algúns dos apartados ou subapartados. 

1. Descrición das características dos sectores produtivos integrados no perfil profesional do ciclo ou programa. Poderá incluír: 

a) Características específicas dos sectores económicos vinculados en relación coa súa contorna económica. 

b) Estrutura e dimensión das empresas ou actividades produtivas. 

c) Ocupacións ou postos de traballo máis representativos. 

d) Evolución na formación dos/das traballadores/as en relación aos cambios tecnolóxicos e de planificación no sector. 

e) Influencia da tecnoloxía dixital nas empresas. 

f) Determinación dos puntos fortes e débiles do sector ou dos sectores produtivos.  

2. Identificación das necesidades dos sectores produtivos en relación co proxecto seleccionado. Poderá incluír:

a) Identificación dos produtos ou servizos máis demandados no ámbito dese actividade económica. 

b) Selección de posibles oportunidades para o desenvolvemento futuro das actividades produtivas do sector ou dos sectores. 

c) Indicación de se o proxecto trata de resolver unha necesidade detectada ou se centra nunha actividade propia do sector. 

d) Proposta dalgunha innovación, novos produtos ou servizos, ou forma de ofrecelos. 

e) Planificación dos recursos necesarios para acometer o plan. 

f) Valoración da viabilidade técnica, legal e económica do proxecto formulado (só nos ciclos de grao medio). 

g) Xustificación do proxecto seleccionado. 

 

3. Desenvolvemento. Dependendo da temática que se trate, poderá incluír: 

a) Definición e elaboración, de ser o caso, da documentación necesaria para o proxecto. 

b) Identificación da necesidade de autorización ou permisos para as actividades planificadas. 

c) Coordinación da execución con outros equipos de traballo. 

d) Planificación e control dos procesos ou dos servizos. 

e) Secuenciación das actividades que se vaian desenvolver. 

f) Identificación dos principais riscos laborais asociados á actividade e da súa solución. 

g) Recoñecemento dos dereitos e das obrigas de empresarios/as e traballadores/as en relación coa seguridade e a saúde laboral. 

h) Plan de igualdade entre homes e mulleres. 

i) Aplicación de medidas en relación ao respecto polo ambiente. 

j) Establecemento dos mecanismos de seguimento e control da execución do proxecto. 

k) Deseño dos mecanismos de corrección de posibles erros e desviacións. 

 

4. Conclusións e reflexión final. 

 

Modelo B. Destinado principalmente a alumnado de ciclos de FP básica ou programas formativos 

Poderanse incluír soamente algúns dos apartados ou subapartados. 

1. Descrición das características dos sectores produtivos integrados no perfil profesional do ciclo ou programa. Poderá incluír: 

a) Características específicas dos sectores económicos vinculados en relación coa súa contorna económica. 

b) Estrutura e dimensión das empresas ou actividades produtivas. 

c) Ocupacións ou postos de traballo máis representativos. 

d) Evolución na formación dos/das traballadores/as en relación aos cambios tecnolóxicos e de planificación no sector. 

e) Influencia da tecnoloxía dixital nas empresas. 

f) Determinación dos puntos fortes e débiles do sector ou dos sectores produtivos. 

2. Desenvolvemento de supostos prácticos relacionados cos resultados de aprendizaxe e cos criterios de avaliación, relativos ás actividades que o alumnado debe realizar en situacións reais nos centros de traballo. 

3.Conclusións e reflexión final. 

 

Orientacións pedagóxicas para as actividades asociadas á contorna laboral 

Atendendo ás circunstancias, ás características e ás capacidades do alumnado, e ás particularidades do ciclo ou programa formativo, fomentarase e valorarase o seguinte: 

1. Creatividade, autonomía e iniciativa persoal, espírito crítico e capacidade de innovación nos procesos realizados. 

2. Inclusión de elementos transversais do currículo dos ciclos ou dos programas formativos: 

a) Respecto polo ambiente. 

b) Igualdade efectiva entre homes e mulleres. 

c) Prevención de riscos profesionais. 

d) Non discriminación por ningunha condición ou circunstancia persoal nin social, nomeadamente en relación cos dereitos das persoas con discapacidade, etc. 

3. Tratamento de: 

a) Responsabilidade social e a súa conciliación cos obxectivos do desenvolvemento sustentable. 

b) Economía circular. 

c) Economía social. 

d) Desenvolvemento de aspectos que incidan na mellora das desigualdades demográficas existentes en Galicia ou que impulsen a Galicia rural. 

4. Uso das TIC. 

5. Utilización de: 

a) Documentación teórica auxiliar: bibliografía, planos, manuais de uso, guías, páxinas web de referencia, apuntamentos breves e lexislación

b) Distintos soportes documentais: vídeos, presentacións, elementos multimedia, etc. 

 

A avaliación das actividades asociadas á contorna laboral poderase complementar cunha entrevista profesional estruturada

 

Podedes acceder á resolución no seguinte enlace:

Ademais tedes a información colgada na aula virtual no apartado de orientación

 

 

 

 

Videotitoriais sobre os servizos dixitais educativos para docentes e familias: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex

Na páxina da Consellería de Educación, a fin de facilitar información á comunidade educativa, están dispoñibles 12 videotitoriais, nos que se amosa de xeito sinxelo como usar algúns dos servizos dixitais educativos cos que traballamos actualmente

Así temos os seguintes:

1. Dous videotitoriais sobre a aplicación para as familias abalarMóbil:

2. Un sobre o uso da ferramenta de e-portfolio e comunidades educativas dixitais Agueiro:

3. Tres sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado:

4. Un sobre o uso da mensaxería na comunicación coas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar:

5. Cinco sobre as funcionalidades básicas das Aulas Virtuais dos centros educativos:

Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar e no Espazo de servizos dixitais educativos dentro das seccións App de comunicación abalarMóbil, Ferramenta de portfolio Agueiro, Servizo de videoconferencia Webex, Servizo de comunicación espazoAbalar e Aulas Virtuais.

Estes recursos veñen a reforzar todos os materiais e manuais empregados nos procesos de formación do profesorado e que están publicados no Espazo de servizos dixitais educativos do espazoAbalar e na Aula Abalar Aberta. 

 

Xornadas de portas abertas virtuais UDC

A Universidade da Coruña (UDC) ofrece unhas xornadas de portas abertas virtuais, na que os estudantes e as familias poderán coñecer por dentro esta Universidade e podrán interactuar cos responsables das titulacións, , os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.

Tamén poderedes coñecer os servizos e unidades que os van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...

Podedes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.

Tedes toda a información completa e os enlaces para acceder ás xornadas na aula virtual no apartado de orientación. 

Oficina de Información Universitaria (OiU) da Universidade de Santiago (USC)

A Oficina de Información Universitaria (OIU) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) viuse obrigada a suspender a súa actividade presencial pero podedes contactar con esta oficina a través do correo electrónico: oiu@usc.es.

Así mesmo puxo a disposición do alumnado un servizo de chat e videoconferencia os mércores de 10 a 14 e de 16 a 19 horas, podedes ver a nova completa na aula virtual do instituto no apartado de orientación, aí tedes os enlaces para acceder a este servizo. 

 

 

 

 

Software libre e gratuíto

Nestes momentos que estamos a vivir, vémonos obrigados a traballar dende a nosa casa e empregar ferramentas dixitais para levar a cabo o noso proceso formativo. 

 

Moitas das actividades formuladas na aula virtual do instituto veñen nun formato de documento de texto e, ás veces, nos nosos medios informáticos non temos as ferramentas ofimáticas adecuadas para poder visualizalos e traballar neles. 

 

Para a elaboración de documentos de texto, presentacións, etc. precisamos dun paquete ofimático de aí que vos presentemos dúas opcións gratuítas, entre as opcións existentes, que podedes empregar:  

 

1. O paquete ofimático "Libre Office" é software libre e gratuíto. Dispón dun  procesador de texto " Writer" e outras aplicacións que resolverían as nosas necesidades.

 

O enlace de descarga é:

 

2. O paquete ofimático “Apache Oppen Office”, é software libre e gratuíto. Neste paquete atoparás un procesador de texto, follas de cálculo, presentacións, gráficos, bases de datos e máis. Atópase dispoñible en varios idiomas e funciona en todos os sistemas comúns. Almacena todos os seus datos nun formato que é un estándar internacional e pode tamén ler e escribir arquivos producidos por outros paquetes de oficina. Pode ser descargado e utilizado completamente sen cargo para calquera propósito.

 

O enlace de descarga é: 

 

Esperamos que vos sexa de utilidade e axuda, calquera dúbida preguntade!   

 

        

 

 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2019/2020. Aprazamento do proceso de admisión

Queda aprazado o proceso de admisión das probas libres para a obtención dos títulos LOE de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.

En función da evolución da pandemia causada por Covid-19 publicarase, con antelación suficiente, o calendario de admisión para as probas libres correspondentes ao curso 2019-2020.

 

Podese acceder a nova no seguinte enlace:

Saúde e actividade mental

Distribuir contido