Curso 2019/20
Charla sobre diversidade afectivo-sexual, contra a LGTBIfobia e igualdade de oportunidades
Enviado por Anónimo o Xov, 06/02/2020 - 00:16As persoas pertencentes ao colectivo LGTBI+ poden vivir diferentes situacións discriminatorias, aumentando o nivel segundo o descoñecemento sobre o colectivo concreto. A sociedade e cada nivel social ten construído un imaxinario colectivo baseado en prexuízos e estereotipos sobre os diferentes exemplos de diversidade afectivo-sexual. Isto provoca que haxa que facer de maneira obrigatoria un esforzo especial por visibilizar as diversas identidades, formas de ser e orientacións sexuais que foron tachadas como minoritarias ou “non normativas”, posto que o nivel de aceptación non está de todo asegurado na nosa sociedade.
De aí que a educación sexa un instrumento de empoderamento fundamental, xa que servirá para construír a cidadanía do futuro, sendo a vía para a toma de conciencia das discriminacións que existen. Por tanto, queda claro que unha das necesidades da diversidade no camiño á aceptación de todos os modelos é, dalgunha maneira, traballar a súa visibilidade
Por este motivo, faise indispensable integrar a diversidade afectivo-sexual e familiar na realidade diaria do alumnado, espertar a conciencia da súa existencia e tratala desde o respecto e a convivencia pacifica.
Por iso coa CHARLA que hoxe tivemos no INSTITUTO buscamos sensibilizar, formar e impulsar a colaboración activa da comunidade educativa no coñecemento, visibilización e valoración da diversidade afectivo-sexual para a mellora da convivencia, a prevención da LGTBIfobia e a promoción da igualdade de oportunidades e a equidade para todo o alumnado.
Grazas a CRISTINA PALACIOS CASTRO, presidenta de ARELAS, por facer desta xornada una formación dinámica, participativa e na que se deu visibilidade a diversidade afectiva-sexual e a LGTBIfobia, fomentando a valoración das persoas, o dereito á diferencia e ás relacións respectuosas e saudables fóra de homofobia, lesbofobia e transfobia na contorna educativa. E na que ademais puxo o corazón.
Agora toca remover conciencias e reflexionar sobre o aprendido.
Por que nos chamamos así? Os apelidos de Palas de Rei.
Enviado por Anónimo o Mar, 04/02/2020 - 01:05Por que hoxe levamos dous apelidos? Cales son os apelidos máis frecuentes en Galicia? Que significan? Cales son os apelidos máis frecuentes en Palas de Rei? Para responder a estas preguntas contamos no instituto con Ana Boullón, profesora da Facultade de Filoloxía galega da USC.
Encontro coa dinamizadora xuvenil da RGDX
Enviado por Anónimo o Mar, 04/02/2020 - 01:00O venres visitounos Zoe Prieto, dinamizadora xuvenil da RGDX para informar aos correspentes xuvenís dalgúns dos programas existentes, tales como carné xove, xuventude crea ... e puideron trasladarlle, eles e elas, as súas dúbidas e suxestións
Charla informática sobre a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Enviado por Anónimo o Mar, 04/02/2020 - 00:56Hoxe, 31 de xaneiro, o alumnado de 2 de bach contou coa charla informativa sobre a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo e de Santiago de Compostela) a cargo do profesor Francisco Rodríguez Lestegas.
Carné Xove
Enviado por Anónimo o Mar, 04/02/2020 - 00:53Dende este venres, 25 de xaneiro, os correspondentes xuvenís do IES do Camiño xa teñen o seu carné xove gratuíto polo traballo que realizan semana tras semana. Así que xa poden empezar a obter descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Charla da Universidade de Vigo
Enviado por Anónimo o Ven, 24/01/2020 - 00:14Hoxe, xoves 23 de xaneiro, o alumnado de 2º de bach contou coa charla informativa (acceso, matrícula, oferta académica, instalacións e servizos...) sobre a Universidade de Vigo (campus de Vigo, de Pontevedra e de Ourense) a cargo de Ricardo Corderi, xefe do servizo do SIE da UVigo.
Trátase de facilitar a transición dende bacharelato á universidade e proporcionar ao alumnado toda a información necesaria para coñecer as titulacións e os servizos desta universidade así como sobre o seu acceso.
Plan Director: "Novas tecnoloxías e novas adicións"
Enviado por Anónimo o Ven, 24/01/2020 - 00:10Hoxe, xoves 23 de xaneiro, contamos con Ramón Peña, formador da Garda Civil, que impartiu unha charla sobre “Novas tecnoloxías e novas adicións”, ao alumnado de 1º e 2º da ESO, dentro do marco do Plan Director para a mellora da convivencia nos centros educativos, onde aprendemos sobre como xestionar a nosa identidade dixital en redes sociais e seguridade.
Visita aos centros integrados de Formación Profesional
Enviado por Anónimo o Mér, 22/01/2020 - 20:04O martes 21 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO, 2º de FP Básica e 2º de Bacharelato visitou os centros integrados de formación profesional de Lugo: CIFP As Mercedes e CIFP Politécnico ademais de ir ao IES Sanxillao, onde os alumnos/as da familia de hostalería nos deleitaron co xantar elaborado e servido por eles e elas.
Cantos de reis
Enviado por Anónimo o Lun, 13/01/2020 - 14:34Celebración do Nadal no IES DO CAMIÑO coa participación de Mini Rivas.
O 20 de decembro aprendemos a cantar os reis e difererentes paxoliñas. Mini fíxonos partícipes do seu saber relacionado coa música e costumes do Nadal. Hoxe en día, é un dos máis importantes recompiladores de música tradicional da nosa comunidade. Os nosos cativos descubriron a importancia da música tradional galega e da súa conservación. Ademais eles mesmos fixeron unha recompilación de cantos de reis e panxoliñas do concello de Palas coas que agasallaron a Mini pola súa colaboración neste pequeno festival de Nadal.
Aquí un pequeno resumo en imaxes:
A pegada ecolóxica e a débeda ecolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia
Enviado por Anónimo o Mér, 18/12/2019 - 21:19Hoxe, mércores 19, contamos no instituto con D.Eugenio Fernández Carrasco, profesor da facultade de Ciencias da USC, que impartiu unha charla sobre “ A pegada ecolóxica e a débeda ecolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia”, nela puidemos adentrarnos en conceptos relacionados co cambio climático, termos que cada vez cobran máis forza nas nosas vidas, tales como s
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »