Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2020
Saen publicadas as listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
O PRAZO DE RECLAMACIÓN contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 15 de xullo de 2020.
A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude de admisión.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión.
As listaxes provisionais do réxime ordinario e de adultos (modalidade presencial e modalidade a distancia) o podedes consultar na seguinte páxina:
Fonte: edu.xunta.es/fp