Visita a Sotavento

Os alumnos e alumnas de 3º, 4º de ESO e 1º e 2º de Bac visitaron hoxe o Parque Eólico Experimental de Sotavento. Trátase dunha instalación produtora de enerxía eólica, pero tamén é  centro de divulgación e promoción das enerxías renovables en xeral, do aforro e a eficiencia enerxética. Non hai dúbida de que despois desta experiencia o compromiso do alumnado co Medio Ambiente fíxose máis forte.

E pola tarde visitamos o Pedregal de Irimia, na Serra de Meira, onde nace o Miño.