"Mozas do rural con proxecto"

 O venres 11 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º da ESO,  participaron na actividade: "Mozas do rural con proxecto" e viviron de primeira man, grazas aos alumnos e alumnas do CS de Gandería e asistencia en sanidade animal de Coristanco, como emprenden as mulleres do rural a través de tres iniciativas que se dan na Comarca da Ulloa:

  • Queixo Bisqato
  • Arqueixal
  • Milhuolloa Plantas Medicinais e Aromáticas 

Grazas por deixarnos participar e compartir con nos estas experiencias nun enclave tan especial como o de "Arqueixal Ecograturismo" en Albá - Palas de Rei. 

E aquí tedes un pequeno resumo en imaxes da xornada.