Concurso de ideas para o logo do noso centro

Ábrese o prazo para participar no concurso de ideas para un posible e futuro logo do noso centro. ¡¡ Animádevos a participar e moita sorte !!

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Concurso logo

Obradoiro de regueifas

O luns 14 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO, así como o de 1º de Bacharelato, participou nun obradoiro de regueifas impartido pola artista Lupe Blanco.

Tras unha impactante introdución ‘regueifada’ á historia desta forma da improvisación, a ponente foi guiando ao auditorio polos seus aspectos métricos. A continuación, os alumnos e alumnas convertéronse en regueifeiros/as, elaborando as súas propias coplas, que remataron cantando a viva voz.

Foi unha actividade divertida, creativa e moi dinámica, que gustou moito aos/ás participantes.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Obradoiro de regueifas

Visita á facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo

O pasado xoves 10 de novembro, os alumnos das materias de Economía de 1º de bacharelato e Economía da Empresa de 2º, visitaron a facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.

 

Puideron recibir unha charla sobre os modelos económicos e a súa base científica por parte do decano da facultade, Roberto Bande. Tamén fixeron unha visita- percorrido pola facultade e viron unha demostración no Tech-Lab Empresa e Tecnoloxía onde estase a traballar cun programa informático innovador para axudar a gandeirías galegas para o seguimento dos seus costes. 

 

Antes de voltar a Palas e despois de almorzar na cafetería da facultade, visitaron a Biblioteca Intercentros, onde se lles amosou o traballo que se realiza e tódalas posibilidades que ten esta gran biblioteca.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Visita á Facultade de ADE de Lugo

Visita ao Pazo de Meirás

O pasado 7 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 1º BAC (de Hª) e 2ºBAC desprazouse ao Pazo de Meiras, no Concello de Sada. Alí foron recibidos e guiados pola concelleira de Turismo e historiadora da arte, Laura Rodríguez Pena, e por Manuel Pérez Lorenzo, profesor de Historia no IES Isaac Díaz Pardo da mesma vila e coautor do libro "Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio".

 O estudantado de Palas foi dos primeiros en exercer o seu dereito a desfrutar dun ben recentemente recuperado para o pobo, admirando o pazo deseñado e promovido por Emilia Pardo Bazán e coñecendo a historia de cómo o ditador e os seus sucesores tentaron consumar unha apropiación ilexítima e ilegal, tal e como confirmou a recente sentenza xudicial. Ademais, puideron admirar algúns dos bens inmóbeis aínda en litixio entre o interese público e os herdeiros do ditador, como as dúas estatuas provenientes do Pórtico da Gloria.

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Visita ao Pazo de Meirás

Obradoiro: "A maleta azul dos libros raros"

O 27 de outubro Emma Pedreira visitou a nosa biblioteca para inaugurar o Club de Lectura co obradoiro: "A maleta azul dos libros raros". O alumnado de Oratoria foi o encargado de presentar á recoñecida escritora galega. Todos desfrutamos moito e entedemos que alí onde hai obxectos que conten historias, alí hai libros. Reunirémonos de novo o martes 8 de novembro ás 11 horas no tempo de lecer. Agardámosvos!

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Obradoiro: "A maleta azul dos libros raros"

Charla de Francisco Rodríguez

O pasado 20 de outubro recibimos no instituto a Francisco Rodríguez co gallo da publicación do segundo tomo da súa última obra, recentemente publicada: “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. A segunda metade do século XIV”.

Francisco Rodríguez é catedrático de educación secundaria (foi un dos primeiros profesores de ensino secundario en dar aulas en galego, en plena ditadura), activista cultural, político e escritor, estando entre os seus obxectos de estudo e preocupación tanto a lingua como a historia medieval do noso País.

Na palestra que impartiu, partillou co alumnado de 2º e 3º da ESO diversos aspectos da historia do Reino de Galiza, e trasladou a relevancia que acadou no seu contexto histórico, así como a importancia de recuperarnos a memoria daquel tempo para construírmos o noso futuro.

 

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Charla Francisco Rodríguez

Charlas cívico-tributarias

O pasado xoves 20 de outubro, o alumnado de 2º da ESO, 4º da ESO e FPB, gozamos da visita de María e Majo, dúas traballadoras da Axencia Tributaria ou Facenda de Lugo.

Con elas puidemos reflexionar sobre a impotancia da existencia e o pago de impostos para poder dispoñer de bens e servicios públicos (dos que moitas veces non somos conscientes dos custos reais dos mesmos) así como os diferentes impostos do noso sistema tributario.

Queda tamén aberto o prazo para poder participar no concurso de Facenda sobre este tema e calquer alumno ou alumna do IES pode dirixirse á profesora de Economía para solicitar as bases e participar.

 

Charlas civico tributarias

Plan Dixital

Para acceder ao Plan dixital deste curso prema nesta ligazón: PLAN DIXITAL DO IES DO CAMIÑO

Para descargar o Plan dixital do curso 2022/2023 prema na seguinte ligazón: Plan dixital 2022/2023

Titorías do profesorado. Curso 2023/2024

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA  ELENA CAGIDE PEREIRO  LUNS 9:20/10:10 
ECONOMÍA  ALEJANDRA ABUÍN SIXTO  MARTES 10:10/11:00 
EDUCACIÓN FÍSICA  FRANCISCO VARELA LORENZO  LUNS 11:55/12:45
EDUCACIÓN PLÁSTICA FRANCISCO BRAN BARRAL MERCORES 11:55/12:45  
ELECTRICIDADE/ELETRÓNICA        MANUEL LÓPEZ SALGUEIRO XOVES 12:45/13:35 
FILOSOFÍA LOIS RODRÍGUEZ CABANA XOVES 11:55/12:45  
FÍSICA E QUÍMICA
HIGINIO RODRÍGUEZ PAVÓN 
MARTES 11:55/12:45
FRANCÉS RITA ÁLVAREZ PORTELA LUNS 9:20/10:10
INGLÉS CARMEN ARES FERNÁNDEZ XOVES 11:55/12:20
INGLÉS ALBA RIAL GLEZ MÉRCORES 9:45/10:10 
LATÍN E GRECO FERNANDO GARCÍA PENAS LUNS 9:20/10:10
LINGUA CASTELÁ CRISTINA GONZÁLEZ ABELAIRAS VENRES 10:10/11:00 
LINGUA CASTELÁ MARÍA PEDROUZO REGUEIRO MARTES 11:55/12:45 
LINGUA GALEGA CARMELA RODRÍGUEZ ARIAS XOVES 9:20/10:10
MATEMÁTICAS MANUEL ASTRAY VILLAR MÉRCORES 13:35/14:25
MATEMÁTICAS DOLORES COUSIDO PIÑEIRO MARTES 11:55/12:45 
MÚSICA LUCÍA CALVO VENRES 10:10/11:00  
ORIENTACIÓN ROCÍO FERNANDEZ MATO LUNS 10:10/11:00 
PEDAGOXÍA TERAPEÚTICA ROCIO MÉNDEZ PENELA MARTES 11:55/12:45
RELIXIÓN CATÓLICA Mª ISABEL SUEIRO CARRÓN VENRES 11:30/11:55
TECNOLOXÍA FRANCISCO JAVIER MARTÍN MORENO XOVES 12:45/13:35
TECNOLOXÍA TERESA REGO SANMARTÍN MARTES 11:55/12:45
XEOGRAFÍA E HISTORIA   CARLOS BELLO STOUT XOVES 12:45/13:35 
XEOGRAFÍA E HISTORIA   MAURO GÓMEZ MERCORES 9:20/10:10

Camiñada a Pambre

O alumnado de 1º e 2º da ESO, xunto cun grupo de profesoras e profesores, fixemos unha camiñada ata o castelo de Pambre por unha ruta especialmente disposta para nós polo profesor de Educación Física, Fran. Á parte de pillar algunha troita nas pozas das corredoiras, choveu maino e seguido o día anterior, falamos e rimos, contrastamos paisaxe autóctona e paisaxe estragada, coñecemos en palabras do profesor Carlos o contexto do Reino de Galiza en que se construíu a Torre, a maior responsabilidade lévana os nosos tataravós que, ademais, na revolta irmandiña tiveron a ben deixárnolo en pé; e en palabras de Fernando quedounos localizado algún que outro ben do noso patrimonio herdado, e tamén nos falou da data en que se foi construíndo a fortaleza e quen a mandou construír. Alén diso, recorremos o castelo de abaixo arriba, termamos da vertixe na torre da homenaxe e polas escaleiras e visitamos a exposición actual “Pambre, arca de pedra”, que actualmente está aberta ao público nas salas de exposición.

Destacar a amabilidade do persoal que alí traballa e nos recibiu compracente, e agradecer ao concello de Palas o abriren as portas ao seu futuro, rapaces e rapazas que, como dixo Carlos, os seus tataravós labraron as pedras e o levantaron.

A volta foi en autobús, talvez as pernas non desen para moito máis.

Un pracer.

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Camiñada a Pambre
Distribuir contido