Equipo directivo

Calendario exames, período de reclamacións e entrega de notas - Setembro 2018

O CALENDARIO DE EXAMES  de setembro queda establecido do seguinte xeito: 

 

Visita do alumnado do CEIP de Palas de Rei

O mércores, 12 de xuño, recibimos no instituto a visita dos alumnos e alumnas de 6º de educación primaria do CEIP Palas de Rei, que viñeron acompañados pola titora e o orientador do seu centro.

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No seguinte enlace pódese ver o vídeo no que se recollen os traballos que as alumnas e alumnos, de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e os de 1º e 2º de Bach., do instituto fixeron para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Grazas a elo, o centro educativo, está decorado como se dunha galería de arte se tratase, no que se expoñen os “cadros” realizados polo alumnado, con elo  buscase resaltar  e facer visible o papel da muller nos diferentes ámbitos da vida laboral.

Preparando 8M: Día internacional da Muller

   No IES do Camiño non deixamos de traballar polo “desenvolvemento da igualdade dos dereitos e oportunidades e o fomento da igualdade efectiva entre as mulleres e os homes”.

   A loita a prol da igualdade efectiva comezou  un 8 de marzo de 1857 cando un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga cunha clara reivindicación feminista, cando un grupo de mulleres reclamaron a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e dispoñibilidade de tempo para poder amamantar ás súas crianzas. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.

   En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca), máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente, celébrase como o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

   Deste xeito, para conmemorar no instituto o 8 de marzo, decidimos poñer en valor ás mulleres que fixeron e fan historia, e que durante tanto tempo foron silenciadas e seguen sendo silenciadas no ensino e noutros ámbitos de coñecemento e da esfera profesional, intentando deste xeito amosar o seu papel e a súa importancia nun mundo ao que sempre se ollou dende unha visión androcéntrica.

   O alumnado do IES do Camiño, a través  da hora de titoría na ESO e da materia de  “TIC” e “Historia do Mundo Contemporáneo” en 1º de Bach. e na de “ Imaxe e Son” en 2º de Bach. están a realizar unha serie de traballos que, ao longo desta semana, quedarán expostos no instituto

Charla informativa para as familias: "Os riscos asociados á utilización da internet e as novas tecnoloxías"

   O xoves 22 de febreiro ás 17:00 celebrouse no Salón de Actos do instituto unha charla sobre “Os riscos asociados á utilización da internet e as novas tecnoloxías" a cargo de Ramón Peña, Formador da Garda Civil de Lugo, dentro do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas".
   Durante a charla as familias que acudiron ao centro puideron recibir información sobre as novas tecnoloxías máis empregadas polos seus fillos e fillas, tales como instagram, o whatsapp, os chats dos xogos online, dos chats das consolas como a Xbox, o  “ThisCrush’ para insultar o ameazar sen ningún tipo de consecuencias, xa que se senten protexidos/as baixo o anonimato. Así mesmo abordáronse temas como o "Sexting" ou difusión de material fotográfico ou audiovisual de contido erótico-sexual sen o consentimento da persoa implicada; o "Grooming" cando un adulto trata de coartar e intimidar a un menor a través das redes sociais co obxectivo de establecer contactos sexuais virtuais e/ou físicos, do "Cyberbullying" (ciberacoso) e do acoso escolar.
   Así mesmo, o orador, deulles unha serie de orientacións para que as familias poñan en práctica, cos seus fillos e fillas, a fin de que fagan un uso responsable das novas tecnoloxías e das redes sociais e que vexan nos seus pais e nais, persoas, que os poden axudar e tenderlles a man ante determinadas situacións que poden supoñer un risco para eles/as e non alguén que os están fiscalizando e prohibindo. Facendo fincapé na necesidade de formar aos rapaces e rapazas no uso responsable das novas tecnoloxías.
   E por último falounos dalgún recurso como é o “AlertCops”, que busca universalizar o acceso aos servizos públicos de seguridade cidadá, de modo que calquera persoa, con independencia do seu idioma, orixe ou das súas discapacidades auditivas ou vogais poida comunicar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Policía e Garda Civil) unha alerta sobre un acto delituoso ou incidencia de seguridade do que está a ser vítima ou testemuña.

 

 
  E da páxina da Oficina de Seguridade do Internauta (OSI) que busca proporcionar información e o soporte necesario para evitar e resolver problemas de seguridade que poden existir ao navegar por internet, ademais de proporcionar consellos de como levar a cabo unha navegación segura en internet.
Para acceder a páxina podes premer no seguinte enlace:

https://www.osi.es/es

   Así mesmo as familias puideron formular as dúbidas ou preguntas que consideraron oportunas ao formador da Garda Civil.
       Para rematar non queremos desaproveitar esta ocasión para en nome do equipo directivo, do departamento de orientación e do equipo docente do instituto agradecervos a vosa participación nesta actividade, xa que soamente traballando en conxunto podemos acadar o desenvolvemento integral do noso alumnado e potenciar unha convivencia positiva no centro educativo e na súa contorna.

 

Equipo Directivo

Equipo Directivo

 

Distribuir contido