Equipo directivo

Calendario exames setembro

Correspondentes Xuvenís: entrega de diplomas e carnés

Hoxe  puxemos o broche final ao traballo no programa Correspondentes Xuvenís, no que contamos coa presenza de José Manuel Balseiro Orol (Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo), Pablo Taboada Camoira (alcalde de Palas de Rei), Federico Pérez Morán (Inspector educativo), Suso Antelo (Director do Centro Coordinador de Información Xuvenil) e María Graíño (Xefa de Servizo de Xuventude de Lugo) que fixeron a  entr

Visita dos alumnos e alumnas de 6º Educación Primaria

Nesta xornada de acollida realizamos unha pequena presentación sobre o que supón o paso de primaria a secundaria, aproveitamos para que o alumnado de 1º da ESO respondese a aquelas preguntas ou inquedanzas que tiñan os alumnos e alumnas de primaria e posteriormente fixemos un percorrido polas instalacións do centro, axudados por dúas alumnas de 1º da ESO que lles serviron de guías polo instituto. 

Charlas temáticas da USC_ Plantando cara ao lume

Hoxe, tivemos a charla temática "Plantando cara ao lume" para o alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e 1º de FP Básica. O alumnado recibiu formación e información sobre os efectos ambientais dos incendios forestais e as técnicas de prevención e restauración.

Exposición_ Premios María Josefa Wonenburger Planells 2007-2018

Nas vindeiras semanas no IES do Camiño poderá verse a exposición sobre mulleres científicas de Galicia coa que se pretende visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e a tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia. 

Esta exposición foi xestionada polo CIM do Concello de Palas de Rei.  

Plan Director para a Mellora da Convivencia

O luns 18 de marzo contamos no centro coas charlas do "Plan Director para a mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos".

Ramón Peña, formador da Garda Civil, foi o encargado de impartir as charlas sobre:

  1. "Acoso escolar" para 1º da ESO.
  2. "Drogas e Alcol" para 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de FP Básica. 

Grazas a Ramón por facer que estas charlas sexan tan dinámicas e participativas.

Charla familias: "O alcol e outras drogas" (Plan Director para a mellora da convivencia e da seguridade)

O martes pola tarde, 12 de marzo, tivemos unha charla para as familias do noso alumnado sobre "O alcol e outras drogas" a cargo de Ramón Peña, formador da Garda Civil.

8 MARZO - Día Internacional da Muller

  Este ano levamos a cabo unha actividade conxunta entre o CIM do Concello de Palas, o centro de primaria e o instituto para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, unimonos para realizar unha andaina reinvindicativa, dende o Concello ata a Casa da Cultura, na que loitamos polos mesmos  dereitos para as mulleres mulleres que para os homes, a igualdade real e a equidade de oportunidades en todos os ámbitos da sociedade e da vida persoal.

Correspondentes xuvenís 3.0_ Carné Xove

Fai un par de meses comezamos a colaborar no programa "Correspondentes xuvenís 3.0" de xuventude.org da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.  Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO a través do taboleiro de novas e do instragram e da radio de Palas FM os de 1º de Bach. convertéronse en "antenas informativas" que se encargan de seleccionar a información que lles chega e difundila a través de distintas canles.

Visita aos centros de FP de Lugo

 

Distribuir contido