Equipo directivo

Nova emisión en Radio Palas FM - Correspondentes Xuvenis

E un xoves máis continuamos co programa de "Correspondentes Xuvenís" en Radio Palas FM, nesta ocasión tocoulle a quenda a Lucía, Noemí, Sonia e Laura de 1º de Bach. Desta volta informáronnos sobre:

  • Cursos de idiomas en Europa.
  • Probas e acceso a ciclos formativos
  • Probas para a obtención do título da ESO
  • Galiciencia
  • Saúde e bos hábitos
  • Como ser profesor/a de autoescola
  • Etc.

E algunha cousiña máis que non te podes perder!!!  

  O vindeiro xoves daranlle o relevo outros/as compañeiros/as de 1º de Bach para seguir informándonos a través das ondas, mentres tanto podedes ver un pequeno resumo en imaxes das nosas alumnas na radio.

 

 

Corresponsales Xuvenís - Radio Palas FM

Hoxe, volvemos á radio para seguir co programa de "Correspondentes xuvenís" como cada xoves.

Nesta ocasión contamos con Noel, Alex, Adrián e Marcos de 1º de Bacharelato, os cales nos informaron sobre diversos temas de interese xeral. 

Correspondentes Xuvenís 3.0

Esta semana comezamos a andaina do programa “Corresponsais xuvenís 3.0",  nel participan algúns alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, de 1º de Bach. e unha alumna de 2 Bach.  O alumnado convértense  durante o curso en “antenas informativas” que se farán eco daquelas novas que, a criterio deles, consideren máis importantes. Deste xeito, facilitarannos información sobre axudas, concursos, recursos…. que todas as semanas chegan ao centro a través de xuventude.org da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. 

O alumnado de 3º da ESO é o encargado de ter actualizado o taboleiro de novas do centro, as alumnas de 4º da ESO e 2º de Bach. da rede social “Instagram” e o de 1º de Bach. todos os xoves infórmanos a través da radio de Palas.

Se queredes estar informados non vos perdades as nosas redes e escoitádenos nas ondas todos os xoves! 

25 NOVEMBRO. DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES

O venres, 23 de novembro, no instituto levamos a cabo varias actividades para dar visibilidade ás diferentes violencias que se exercen sobre as mulleres: física, verbal, económica ….

 

Horarios dos grupos

Nos seguintes enlaces podedes acceder aos horarios dos grupos da ESO, FP Básica e Bacharelato. 

ESO

Calendario escolar 2019/20

 

Calendario escolar 2019/20

 

Relación de libros de texto e material didácticos - Curso académico 2018/19

Na seguinte listaxe podedes consultar a relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/19. 

Período extraordinario de matrícula e comezo do curso académico 2018/19

O período EXTRAORDINARIO DE MATRICULA en setembro é o seguinte:

 

Distribuir contido