Equipo directivo
Carné Xove
Enviado por Anónimo o Mar, 04/02/2020 - 00:53Dende este venres, 25 de xaneiro, os correspondentes xuvenís do IES do Camiño xa teñen o seu carné xove gratuíto polo traballo que realizan semana tras semana. Así que xa poden empezar a obter descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Plan Director: "Novas tecnoloxías e novas adicións"
Enviado por Anónimo o Ven, 24/01/2020 - 00:10Hoxe, xoves 23 de xaneiro, contamos con Ramón Peña, formador da Garda Civil, que impartiu unha charla sobre “Novas tecnoloxías e novas adicións”, ao alumnado de 1º e 2º da ESO, dentro do marco do Plan Director para a mellora da convivencia nos centros educativos, onde aprendemos sobre como xestionar a nosa identidade dixital en redes sociais e seguridade.
Visita aos centros integrados de Formación Profesional
Enviado por Anónimo o Mér, 22/01/2020 - 20:04O martes 21 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO, 2º de FP Básica e 2º de Bacharelato visitou os centros integrados de formación profesional de Lugo: CIFP As Mercedes e CIFP Politécnico ademais de ir ao IES Sanxillao, onde os alumnos/as da familia de hostalería nos deleitaron co xantar elaborado e servido por eles e elas.
Referentes Galegas nas Aulas
Enviado por Anónimo o Mar, 03/12/2019 - 17:15O programa “Referentes Galegas nas Aulas” achegounos a mulleres que son referentes en diferentes sectores profesionais, deste xeito, as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO puideron comprobar como desenvolven o seu traballo e como son profesionais de éxito no seu ámbito laboral, ademais de servirlles de exemplo aos que seguir e poñer de manifesto que non existe ningún ámbito labo
25 NOV_ Obra teatral: "Golpes"
Enviado por Anónimo o Mar, 26/11/2019 - 17:46O 25 de novembro, as alumnas e alumnos do instituto, puideron ver a obra teatral “Golpes” interpretada pola actriz Estibaliz Veiga. Esta obra teatral narra a historia de Pamela que é unha moza que ven de sufrir violencia machista despois de namorar crendo nos postulados do amor romántico.
25 NOV 2019: Día Internacional contra a violencia de xénero
Enviado por Anónimo o Lun, 25/11/2019 - 01:11Como cada ano no IES do Camiño dicimos:
- "NON AS VIOLENCIAS QUE SE EXERCEN SOBRE AS MULLERES"
Abraham Cupeiro: "Sons ancestrais"
Enviado por Anónimo o Ven, 15/11/2019 - 16:49Hoxe contamos no centro con Abraham Cupeiro, construtor e multiinstrumentista, caracterizándose pola recuperación de instrumentos perdidos no tempo e de utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles.
Programacións didácticas
Enviado por Anónimo o Mar, 29/10/2019 - 14:11A continuación podedes consultar os extractos ou as programacións didácticas dos distintos departamentos do IES do Camiño. De todos os xeitos as programacións completas están dispoñibles para a súa consulta no centro educativo, co fin de que calquera membro da comunidade educativa poda acceder ás mesmas:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »
![RSS - Equipo directivo Distribuir contido](/centros/iesdocaminho/misc/feed.png)