Equipo directivo

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de xuño en 2ºBAC

Consulta o horario dos exames da convocatoria extraordinaria de 2ºBAC na seguinte ligazón: Calendario de exames de xuño de 2ºBAC

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato 2022/23

Hoxe, 26 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2022-2023 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 3 de abril.

 O prazo de presentación de solicitudes é do 26 de abril ata o 25 de maio.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galiciaintroducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A, ou ben en PremiosEdu.

Para máis información: folla resumo das características do premio.

Calendario final de curso

Convocados os Premios Extraordinarios da ESO e o Bacharelato 2022-2023

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2022-2023

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso2022/23. Prazo de solicitudes: comezará o 31 de maio de 2023 e rematará o 30 de xuño de 2023.

Acceso á información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230414/AnuncioG0655-030423-0003_es.html

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2022-2023

Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato. Os requisitos son:

- Ter finalizado o Bacharelato no curso 2022-2023.

- Ter unha nota media de Bacharelato igual ou superior a 8,75.

O Prazo de solicitudes: comezará o 26 de abril de 2023 e rematará o 25 de maio de 2023.

Acceso á información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230403/AnuncioG0655-200323-0005_es.html

 

Convocadas as Becas para Bacharelato e FP Básica - Curso 2023/24

Convocadas as Becas e axudas para o alumnado de estudos postobrigatorios para o vindeiro curso 2023/24

Teñen aberto o prazo para presentar as becas do Ministerio ata o 17 de maio de 2023.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, cultura e deporte na dirección: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.htmlRexistrarse en "Acceso al servicio online", logo ir cubrindo todos os datos da beca e, ao rematar, gardar e presentar solicitude.

Teñen que ter a man os DNI de todos os membros da unidade familiar e o número de conta onde queren que se lles ingrese a beca (a/o alumna/o ten que ser titular ou cotitular da conta)

Libros de texto para o curso 2022/23

 
 
 

Matrícula 2021/22

Día 28 de xuño:

Matrícula de 1º e 2º de ESO

 

Día 29 de xuño:

Matrícula de 3º e 4º de ESO

 

Día 30 de xuño:

Matrícula de 1º e 2º de BAC. 

 

Camiñada a Pambre

O alumnado de 1º e 2º da ESO, xunto cun grupo de profesoras e profesores, fixemos unha camiñada ata o castelo de Pambre por unha ruta especialmente disposta para nós polo profesor de Educación Física, Fran. Á parte de pillar algunha troita nas pozas das corredoiras, choveu maino e seguido o día anterior, falamos e rimos, contrastamos paisaxe autóctona e paisaxe estragada, coñecemos en palabras do profesor Carlos o contexto do Reino de Galiza en que se construíu a Torre, a maior responsabilidade lévana os nosos tataravós que, ademais, na revolta irmandiña tiveron a ben deixárnolo en pé; e en palabras de Fernando quedounos localizado algún que outro ben do noso patrimonio herdado, e tamén nos falou da data en que se foi construíndo a fortaleza e quen a mandou construír. Alén diso, recorremos o castelo de abaixo arriba, termamos da vertixe na torre da homenaxe e polas escaleiras e visitamos a exposición actual “Pambre, arca de pedra”, que actualmente está aberta ao público nas salas de exposición.

Destacar a amabilidade do persoal que alí traballa e nos recibiu compracente, e agradecer ao concello de Palas o abriren as portas ao seu futuro, rapaces e rapazas que, como dixo Carlos, os seus tataravós labraron as pedras e o levantaron.

A volta foi en autobús, talvez as pernas non desen para moito máis.

Un pracer.

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Camiñada a Pambre

Excursión Correspondentes Xuvenís

Hoxe, luns 20 de xuño, os e as correspondentes xuvenís foron de excursión, como recoñecemento ao labor desenvolvido ao longo deste curso académico. 

Neste día lúdico en Santiago de Compostela aproveitamos para ir ao Cine Numax a ver a película Snowden, dirixida por Oliver Stone, na que se conta a historia de Edward Snowden, un xoven analista que traballa para a Axencia de Seguridade Nacional (NSA) nun programa secreto de vixilancia mundial no 2013. 

Edward Snowden a través dos xornais TheGuardian e The Washington Post fixo públicos ao redor de 9000 documentos que estaban clasificados como alto secreto sobre diversos programas de la NSA, incluíndo os programas de vixilancia masiva PRISM e XKeyscore. 

Unha vez rematado o filme acercáronse ata o Parlamento de Galicia, onde foron recibidas e recibidos por Adriana Martínez (Responsable de visitas guiadas do Gabinete de Presidencia do Parlamento), Carlos Varela (Responsable de comunicación do Gabinete de prensa da Presidencia do Parlamento) e Pedro Vila (Xefe do servizo de Tecnoloxías da Información do Parlamento).

Tendo en conta o traballo que desenvolveron os e as correspondentes xuvenís ao longo do curso, puideron contar cunha visita personalizada e única, na que lles explicaron a posibilidade de ver as sesións parlamentarias en directo, en diferido e a demanda a través da Mediateca, recurso propio do Parlamento, polo que non lles fai falta empregar Youtube; como se realizan as gravacións e como se busca sempre a obxectividade, motivo polo que non se editan os vídeos das gravacións para evitar a subxectividade; e como están a traballar en que durante a emisión das sesións parlamentarias se leve a cabo a transmisión das palabras, de aí que conten tamén coa linguaxe de signos, xa que isto permite tamén a accesibilidade das persoas con discapacidade.  

Ademais viron como se estrutura a súa web e cales son as redes sociais que usa o Parlamento de Galicia, neste caso Facebook e Twitter, nas que dan conta do que sucede no Parlamento, tales como as actividades que se desenvolven, publicación da axenda diaria, comparten o vídeo do pleno con enlace directo á Mediateca onde se atopa aloxado. Todo elo sempre desde a obxectividade, non se realizan comentarios ás novas publicadas. 

Unha vez rematada esta sesión informativa puideron ver a sala de control, dende onde supervisan as oito camaras que teñen no hemiciclo e como a través de Akamai  poden retransmitir en streaming a todo o mundo.  Ademais accederon ao hemiciclo, alí explicáronlles o seu funcionamento, os tempos de intervención dos deputados e deputadas, como xestionan este tempo de intervención e como se lles proxecta o que teñen para cada intervención; como se gravan as sesións  e como nesas gravacións son o máis obxectivos e limpos posibles, evitando posibles situacións “cómicas” que poden desviar o foco do que realmente é importante a nivel informativo. Á parte de resolveren as dúbidas que xurdiron ao longo desta visita. 

Grazas pola vosa amabilidade e acollida, polo voso saber compartido, Adriana Martínez,  Carlos Varela  e Pedro Vila.

 

 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Excursión Correspondentes Xuvenís

Xogos tradicionais

O venres, 17 de xuño, todo o alumnado do instituto participou nunha xornada de xogos tradicionais. 

A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional de Melide, capitaneada por Paco e Manolo Charrancas,  acercou ao alumnado a carrilana, o aro, a petanca, a buxaina, tirapedras ou tiracoios, leiriñas, tres en liñas, tiratacos ou tirabalas, as chapas, carreiras de sacos, a chave, zancos, a corda, a rá  e moitos máis xogos.

A verdade que quedamos con ganas de máis! Así que agardamos velos nalgunha outra ocasión.

Se queredes ver  e xogar na vosa casa algúns dos xogos tradicionais, aos que xogamos e algúns outros, podedes descargalos na APP de xogos tradicionais:

 

 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Xogos tradicionais
Distribuir contido