Skip to Content

Secretaría

Libros de texto curso 2020-21

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para o curso escolar 2020/2021

 As familias poderán solicitar a partir de mañá as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, ou ben participar no Fondo Solidario de Libros de Texto.

Achégase a Orde do 12 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

Recollida de material

As familias do alumnado que deixou material no instituto e desexen recollelo, deberán enviar un correo electrónico ao centro coas seguintes indicacións:

O correo debe poñer como  asunto: RECOLLIDA MATERIAL_nome-do-alumno. Calquera outro correo con outra indicación no asunto non se terá en conta.

No corpo do texto debe constar:

  1. Nome da alumna/do alumno, curso e grupo.
  2. O material deixado no centro, o máis especificado posible (no caso de libros: A materia, se o libro é de fondo libros ; no caso de cadernos: Cor, forma e tamaño)
  3. A ubicación concreta do material (número de casilleiro de ser o caso;  mesa ou lugar concreto da estantería en caso de estar nunha aula). Isto é especialmente importante, porque, desinfectado o centro, só accederá a buscar o material o persoal do mesmo. Só se entregará o material que poida ser localizado.
  4. Só se entregará material identificado co nome do alumno/ da alumna


O IES poñerase en contacto  cos solicitantes de recollida de material para determinar cando poderá ter lugar.
 

Reanudación de prazos administrativos

A partir do vindeiro 11 de maio o centro volve abrir para xestión de procedementos administrativos. En particular, atenderanse trámites de admisión de alumnado, certificados e outros procedementos urxentes que non poidan ser xestionados telematicamente.

Admisión de alumnado

Con respecto a admisión de alumnado, o novo prazo de entrega de solicitudes é dende o 11 ao 18 de maio, ambos incluídos. Lembrásmolle ás familias que este trámite tamén pode ser realizado desde o portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Todo o alumnado que fixo reserva nos centros adscritos está admitido.

Presentación de solicitudes - Impresos

Prazos

 -Vacantes para admisión

Cualificacións da 2ª avaliación

Infórmase ao alumnado e ás súas familias que as cualificacións da segunda avaliación sairán publicadas en abalarmobil o vindeiro venres día 3 de abril ás 10:00 h. Se algunha familia aínda non ten instalada a aplicación, poden atopar axuda para a súa descarga e instalación na web do espazo abalar e teñen tamén á súa disposición unha guía de uso na mesma web.

En caso de dúbida ou para solicitar  aclaración ou máis información respecto a algunha cualificación poden poñerse en contacto co/coa profesor/a por medios telemáticos ou, de non ser posible esa opción, enviar un correo electrónico a ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal ou chamar aos teléfonos 881867055 ou 604031798 en horario de 10 a 13 h.

ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O ESTADO DE ALARMA

En consonancia coas medidas adoptadas trala declaración do estado de alarma, a atención ao público non será presencial, e farase de maneira telefónica, a través dos números 881867055 ou 604031798, en horario de 10 a 13, ou na dirección de correo electrónico ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal

Tódolos trámites administrativos están suspendidos e adiados, incluído o proceso de admisión de alumnado.

Se algunha alumna ou algún alumno dese positivo na proba de coronavirus, deberá ser inmeditamente comunicado ao centro a través dos medios citados.

A titorización online do alumnado está nalgúns casos terminando de ser deseñada. Se nuns días aínda non teñen instrucións ao respecto, póñanse en contacto co centro.

SUSPENSIÓN DAS CLASES

O IES Arcebispo Xelmírez II lembra a toda a comunidade educativa que a Xunta de Galicia decretou a suspensión da actividade lectiva a partir do vindeiro luns 16 de marzo, durante 14 días, e  recomenda a non asistencia ás aulas xa mañá venres 13 de marzo.

Tendo en conta que a decisión da Consellería obedece a motivos de saúde pública, e que toda ausencia mañá por parte do alumnado ten o carácter de xustificada, a recomendación prevalece sobre a realización de exames, probas ou exposicións. A non asistencia ás aulas non terá en ningún caso repercusión negativa na avaliación do alumnado.

Listaxes definitivas Fondolibros.

Publícanse as listaxe definitivas de admitidos e excluídos da axuda de fondolibros. Esta información está dispoñible tamén no taboleiro interior do instituto.

No arquivo chamado "lista de libros complementarios 2019" figura para cada alumno e alumna se algún dos libros adxudicados son complementarios, indicados cun (c) ao final do nome do libro. 

O reparto dos libros complementarios, que son de nova adquisición, demorarase uns días. En canto cheguen avisamos a través desta páxina web, e por medio dunha nota que se entregará ao alumnado concernido.

Fondo solidario de libros. Listaxes provisionais

Con data 10/07/2019 publícanse as listaxes provisionais do fondo solidario de libros para o curso 2019/2020.

O prazo para presentar reclamacións ó dito listado finaliza o venres 12 de xullo.

Calendario ordinario de matrícula para o curso 2019-20

Aínda que o prazo ordinario de matrícula para ESO e Bacharelato é dende o 25 de xuño ao 10 de xullo, o centro establece para cada nivel educativo os seguintes días preferentes de matrícula:

Nivel Datas
1º ESO 25-26-27 de xuño
2º ESO 28 de xuño e 1 de xullo
3º- 4º ESO 2-3 de xullo
1º BAC 4-5 de xullo
2º BAC 8-9 de xullo

Calendario de fin de curso 2018-19

Achegamos no ficheiro adxunto o calendario de fin de curso 2018-19, onde se concretan as datas de avaliacións, reclamacións e as datas preferentes de matrícula para os distintos niveis.

Calendario escolar 2018-19

Calendario escolar 2018-19

Calendario fin de curso 2017-18 1º Bach ESO. Modificación

Modifícase o calendario de fin de curso para 1º Bach e ESO inicialmente publicado.

Fin das actividades lectivas: 21 de xuño

Avaliacións 22 e 25 de xuño

Entrega boletíns:

Luns, 25 ás 10:oo h. 4º ESO e 1º Bach

Martes, 26 ás 10:00 h. 1º, 2º e 3º ESO

Reclamacións: véxase documento adxunto.

CALENDARIO DE MATRICULA CURSO 2018-19

CALENDARIO DE MATRICULA CURSO 2018-19   

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO

Prematrícula: Do 11 ao 15 de xuño.

Prazo ordinario : Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Prazo extraordinario: Do 1 ao 10 de setembro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut