O martes 12 de novembro estivo no noso centro Cintia Folgueira, investigadora postdoutoral no CIMUS (Centro de Investigación en Mediciña Molecular da USC), premiada este ano 2019 como autora da mellor tese doutoral en Endocrinoloxía e Nutrición pola Sociedade Española neste campo.
A doutora Folgueira compartiu co noso alumnado as liñas xerais e os principais resultados desta premiada investigación. Como complemento, destacou cales son os aspectos máis importantes nalgúns problemas asociados á nutrición nas sociedades desenvolvidas de hoxe, nomeadamente o sobrepeso e a obesidade, as súas repercusións en diferentes aspectos relativos á saúde e as innovacións que se están a investigar na prevención e tratamento dos mesmos.
A esta charla asistiu o alumnado da materia de Psicoloxía de 2º de bacharelato, así como o alumnado de 1º curso matriculado no STEM_Bach.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) preparou unha exposición acerca do importante papel da química no mundo contemporáneo, que se puido visitar en Fonseca durante o mes de outubro.
Nela, case 20 paneis estaban adicados a diferentes campos nos que a química ten importantes aplicacións e nos que empresas galegas desenvolven investigacións e traballos de alto nivel: os bioplásticos, aplicacións médicas e farmacolóxicas, novos combustibles, usos e aplicacións da química na agricultura, as nanopartículas ou a potabilización da auga foron algunhas das temáticas desenvolvidas.
O IES Arcebispo Xelmírez II acudiu a visita o martes 29 de outubro cos grupos 1.º A e 1.º B de bacharelato científico.
O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II asistiu o 15 de maio ao acto conmemorativo do Día Internacional da Luz, para o cal Santiago foi elixido como sede o acto en España. Organizado por profesorado do departamento de Física Aplicada da USC, a través dun comité presidido por María Teresa Flores, e integrado tamén polos tamén profesores Carmen Bao e Justo Arines, e a estudante de doutoramento María Aymerich.
Na materia de Física e Química e Ciencias Aplicadas para a actividade profesional, os alumnos identificaron biomoléculas dos alimentos, e despois analizaron a súa dieta en función das biomoléculas que consumiron durante un período de tempo, despois comparárona coa dieta recomendada pola OMS.
Coa información obtida elaboraron táboas de resultados e gráficos que expuxeron nuns traballos para o resto dos compañeiros.
O mércores 16 de xaneiro visitou o noso centro Pedro Pablo Campo, investigador do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago e membro do programa TodoCosmos, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)
Pedro Pablo Campo é graduado en Matemáticas pola USC, e actualmente está a desenvolver a súa tese doutoral, ademais de participar en investigacións e publicacións científicas, así como en actividades de observación e divulgación relacionadas coa astronomía.
No arquivo adxunto achégase a programación das materias deste curso. En breve poñerase a disposición a información máis relevante, segregada por materias.