Skip to Content

Visita á exposición: Química para un mundo mellor

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) preparou unha exposición acerca do importante papel da química no mundo contemporáneo, que se puido visitar en Fonseca durante o mes de outubro.

Nela, case 20 paneis estaban adicados a diferentes campos nos que a química ten importantes aplicacións e nos que empresas galegas desenvolven investigacións e traballos de alto nivel: os bioplásticos, aplicacións médicas e farmacolóxicas, novos combustibles, usos e aplicacións da química na agricultura, as nanopartículas ou a potabilización da auga foron algunhas das temáticas desenvolvidas.

O IES Arcebispo Xelmírez II acudiu a visita o martes 29 de outubro cos grupos 1.º A e 1.º B de bacharelato científico.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

A visita, en parte guiada por unha excelente monitora, especialista no campo das nanopartículas, que achegou moitísima información e contou interesantes anécdotas, incluía unha actividade na que o alumnado debía buscar a resposta a diferentes cuestións relacionadas coa información dispoñible.

Aparte de todo o aprendido, o alumnado pode inspirarse nas aplicacións da química para decidir os obxectivos do traballo de investigación que deben desenvolver a finais do trimestre na materia de física e química de 1.º de bacharelato.



page_ppp | by Dr. Radut