Skip to Content

2018/19

Ciencia e poesía: Xurxo Mariño

O día 21 de marzo estreamos a primavera cunha conferencia de Xurxo Mariño sobre o poder evocador e poético da ciencia. Unha conferencia moi suxestiva que comeza coa visión que tiñan os poetas románticos do coñecemento científico e remata co poder evocador e poético da ciencia de Sagan ou dos textos de Estíbaliz Espinosa. Coma sempre, un pracer.

A Raíña Vermella: lingua e sanidade

O pasado mércores 20 de marzo pasou pola centro a médica-psiquiatra Iria Veiga, máis coñecida nas redes sociais como A Raíña Vermella. A autora do blog O outro lado do espello falounos da súa experiencia como estudante galegofalante e, por suposto, como profesional así como da importancia de usar a lingua galega cos seus pacientes. Moi interesante e para facernos pensar.

A raíña bermella

A raíña bermella

Viaxe a Roma

Estudantes de 3º ESO e 1º BAC realizaron unha viaxe de estudos a Roma entre os días 18 e 22 de marzo acompañados polos José Antonio Santiago e Susana Cendal.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

UniStem Day 2019

 Coñecemento e innovación: a viaxe interminable da investigación en células nai

UniStem Day

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

O día 15 de marzo o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato asistiu na Facultade de Medicina ao UniStem Day, este evento está dedicado á divulgación da ciencia e a investigación das células nai. Interveu nesta xornada o persoal do Laboratorio de Neurobioloxía Molecular y Celular da enfermidade de Parkinson da Facultade de Medicina da USC que falou de:

Charla orientativa sobre a ABAU, Universidade, Ciclos formativos,...

O venres día 15 de marzo en horario de 12:30 a 14 horas, antigos alumnos do centro participaron nunha charla coloquio cos alumnos de 2.º de bacharelato.

Falaron das dúbidas que tiveron cando cursaron 2.º de bacharelato cara a ABAU e cara a toma de decisións posteriores, sobre o desenvolvemento da ABAU de forma construtiva, sobre os aspectos a destacar de cara a matrícula nos diferentes graos no sistema universitario galego (prazos, preferencias,...), da conexión que se establece entre os contidos adquiridos no Bacharelato e a titulación que estudan, dos prexuizos sociais presentes aínda na actualidade á hora de elixir os diferentes graos e profesións e dos obstáculos ao inicio das diferentes carreiras ou Ciclos e, como cada quen os foi resolvendo.

Agradecemos a súa presencia nesta actividade por considerar que as súas experiencias poden ser de moita axuda para os seus compañeiros.

Charla ABAU

Previr o narcisismo

XOAN A. SOLER

 

JOEL GÓMEZ 
SANTIAGO / LA VOZ 13/03/2019 08:44 H

 Buscar información para resolver dúbidas ao ser pai levaron a Julio Rodríguez, biólogo e psicólogo, especialista da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago  IDIS) a escribir o seu primeiro libro, Previr o  narcisismo. Educa ao teu fillo para ser feliz, non para ser o mellor. Presentouno o ano pasado. Agora acaba de publicar o que di a ciencia sobre educación e crianza, tamén resultado daquel traballo. Onte falou no Xelmírez II desta faceta. O instituto programara unha intervención de 50 minutos, pero mantivo case dúas horas de diálogo co seu alumnado e docentes. 

Xornadas de Memoria Histórica.

Investigamos sobre  Santiago e Galicia na II República e inicio da Guerra Civil.

Visionado do documental "A volta dos nove" e posterior charla coloquio co autor, Antón Caeiro.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Xornadas de Memoria Histórica.

Conferencia “A Muller e a infancia na arqueoloxía. Mulleres arqueólogas”

A arqueóloga Celtia Rodríguez impartiu o día 11 de marzo para o alumnado de 1.º ESO a conferencia “A Muller e a infancia na arqueoloxía. Mulleres arqueólogas” na que realizou un achegamento ás perspectivas de xénero na arqueoloxía e a contribución das mulleres á ciencia arqueolóxica.

Visita á Facultade de Matemáticas

Facultade de Matemáticas

O alumnado do STEMbach visitou o día 7 de marzo a Facultade de Matemáticas. Recibiunos a decana da facultade, Elena Vázquez Cendón, e asistiron a un par de charlas do programa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas!" que intenta achegar, dun xeito desenfadado e sinxelo, para que se empregan e que son as Matemáticas:

Jaione Camborda: cineasta, alófona

Onte 7 de marzo, Jaione Camborda estivo con alumnado de 1ºBACH. As razóns da súa presenza na aula era moitas e diversas. En primeiro lugar, porque é alófona xa que é orixinaria do País Vasco e incorporouse tamén perfectamente á nosa lingua e cultura; amais porque é emprendedora xa que dirixe unha produtora e, finalmente, porque é unha guionista e cineasta que acaba de dirixir a súa primeira longa que, por suposto, é en galego: Arima. Daquela tiña moito do que nos falar e por iso vos deixamos unha pequena mostra. Foi un privilexio.

CociñaX2: a nosa canle de cociña

Hoxe inauguramos  na nosa canle de youtube unha lista de vídeos con receitas elaboradas pola rapazada. Nos perdades as receitas máis vangardistas do momento e dignas de calquera gran restaurante.

CociñaX2

Festival do Entroido 2019

No festival de Entroido o 1 de marzo de 2019 no Xelmírez 2. Levouse a cabo un FLASHMOB de danza con música country organizado e ensaiado nos recreos pola profesora de música Carmela Cobo, con gran participación de alumnos/as e profesores/as do centro. Tamén desfilaron os alumnos e profesores con disfraces facendo alusión a series de televisión e personaxes famosos, resultando unha velada moi divertida.

Charla sobre cartografía

O pasado luns 25 de febreiro visitou o noso centro o doutor enxeñeiro de camiños Alberto Varela García, profesor colaborador doutor a tempo completo na Universidade da Coruña (UDC), no departamento de enxeñeiría cartográfica, xeodésica e fotogramétrica.
Nesta ocasión, impartiu unha interesante conferencia na que nos falou da importancia histórica do mapa, o seu desenvolvemento ao longo do tempo, e contou divertidas anécdotas relacionadas con algúns mapas e cartógrafos. Nunha segunda parte, explicou a súa importancia na sociedade actual, así como diferentes empregos profesionais e particulares que se lles poden dar aos mapas no contexto das novas tecnoloxías, con especial énfase na cartografía colaborativa de código aberto e as numerosas investigacións científicas e aplicacións da enxeñeiría nas que o emprego de mapas dixitais é relevante.

Charla Cartografía

Día de Rosalía

O 23 de febreiro tamén quixemos celebrar o Día de Rosalía. E para esta ocasión decidimos que a rapazada traducira varios versos ás súas outras linguas. Escoitastes algunha vez a Rosalía en palestino ou en soninké? Pois aquí tedes a oportunidade.

https://youtu.be/LPrjO4d6b-E

Pangea. Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

Saida o concerto didactico PANGEA o dia 21 e 22 de febreiro de 2019, no auditorio de Galicia con alumnado de 1º e 2º de bacharelato, coa profesora de música Carmela Cobo. Neste concerto tivemos a sorte de coñecer "In situ", a organización e os distintos instrumentos que compoñen unha da mais grande agrupación instrumental, coa orquesta Filharmonia de Galicia, asi como a actuación de Abrahan Cupeiro multiinstrumentista de instrumentos perdidos no tempo, que utiliza para sacar novas sonoridades. O nome de Pangea refírese o único continente que había hai 200 millóns de anos. A interpretación transcurre  con sons dende Oceanía, montañas chinas, norteamerica, Africa, paises con un variado, curioso e singular trato de pezas e instrumentos que deixaron de soar no tempo.

Pangea

Distribuir contido


by Dr. Radut