Skip to Content

2018/19

Acto de graduación da promoción 2013-19

Como ven sendo habitual dende hai oito anos, baixo a dirección da profesora de música Carmela Cobo, celebróuse o acto de graduación da promoción 2013-2019, con entrega de becas, orla, con emotivos discursos, por unha banda da directora do centro Pilar Tobar e por outra do profesor de historia Amancio Pampín que despediu ao alumnado. Colaboraron o resto de profesores/as nas diferentes tarefas do acto.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Experimento con resortes amortiguados

Na sesión do 16 de maio, o alumnado do STEMBach levou a cabo a toma de datos correspondente ao estudo do movemento de resortes amortiguados.

Dispuñan de diferentes tipos e tamaños de resortes. A amortiguación levouse a cabo mergullando os resortes para a súa oscilación en auga.

Para a captura de datos utilizouse un sensor de infravermello que medía a distancia dun punto fixo (no soporte) ata unha placa de referencia que oscilaba solidariamente co resorte. Estes datos eran enviados a un PC e rexistrados nun arquivo, mentras que un programa específico permitía visualizar en tempo real a oscilación.

Resortes

Viaxe a Londres

Comezamos a viaxe de estudos a Londres o venres 10 de maio en Lavacolla. Sobre as 15h da tarde chegamos a Londres, ao Este: Whitechapel, xunto en fronte da famosa Whitechapel Gallery e á beira dunha mesquita ateigada en pleno Ramadán. Aproveitamos esa tarde camiñando pola City de Londres e por espazos senlleiros da cidade como a London Tower, Tower Bridge ou St. Kaharine Docks. Animados pola boa tarde atravesamos o Támesis e baixamos pola banda de Southwark Cathedral, Borough Market e The Globe ata a Tate e, por suposto, ata o London Eye desde o que apreciamos o Big Ben en obras.

Ao día seguinte dirixímonos cara a plataforma 9 e 3/4 de King's Cross St Pancrass. Vaia fila para arrebolar a bufanda! Dende aquí iniciamos a nosa primeira viaxe en metro: a liña negra ata Camdem Town onde pasamos parte do día; a outra parte do día recorrendo as famosas Oxford St., Regent's St. ou Piccadilly.

Conmemoración do Día Internacional da Luz

O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II asistiu o 15 de maio ao acto conmemorativo do Día Internacional da Luz, para o cal Santiago foi elixido como sede o acto en España. Organizado por profesorado do departamento de Física Aplicada da USC, a través dun comité presidido por María Teresa Flores, e integrado tamén polos tamén profesores Carmen Bao e Justo Arines, e a estudante de doutoramento María Aymerich.

Día internacional da luz

Fai eco do lóxico

O conselleiro do Medio Rural, José González, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, e o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participaron nun acto celebrado no noso centro dentro do programa escolar Fai eco do lóxico, este programa promove hábitos de vida saudables e o consumo de produtos ecolóxicos entre os máis novos, explicando os seus beneficios tanto para a saúde como para o medio ambiente.

Viaxe ao CERN

Entre o 6 e o 10 de maio o alumnado STEMBach, acompañado polos profesores do centro Rosa Quintela e Moisés Iglesias, realizou unha viaxe didáctica a Xenebra co motivo principal de visitar as instalacións do CERN (Centro Europeo de Investigación Nuclear).

A actividade central da viaxe consistiu nunha visita guiada polas instalacións deste centro, auténtica referencia mundial na investigación de física de partículas. Tiveron ademais a ocasión de contactar con algún dos investigadores galegos que participan en proxectos de investigación en colaboración co CERN.

Esta viaxe completouse con numerosas actividades culturais.

CERN

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Visita á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

O alumnado de 1.º ESO visitou a biblioteca de Facultade de Xeografía e Historia da USC, ademais realizaron un traballo nos laboratorios de arqueoloxía.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Conferencia “As eleccións en Roma”

O día 8 de maio a profesora Ana Suárez (Facultade de Historia da USC) impartiu a conferencia  “As eleccións en Roma” na que realizou un achegamento ás maxistraturas republicanas romanas a través das fontes literarias e arqueolóxicas.

Intercambio cun centro de Moscova

03/05/2019

Dez estudantes do colexio Miguel Hernández, de Moscova, coas profesoras Zhanna Vershinina e Tatiana Baliabina, realizan un intercambio con alumnado e docentes do IES Xelmírez II, que lles visitaron o mes pasado. Onte recibíronlles no Concello e no Parlamento de Galicia, onde fixeron de cicerones os profesores Manuel Amor e Amancio Pampín; visitaron o Gaiás e realizaron un tramo do Camiño. Xa estiveron na Casa Museo de Rosalía, en Padrón; e na de Manuel Antonio, en Rianxo; hoxe teñen programado un concerto didáctico con música tradicional galega a cargo de Pablo Carpinteiro no propio centro.

Ler a nova en La Voz de Galicia

Un ano máis no Correlingua

O pasado luns 6 de maio participamos un ano máis no Correlingua en Santiago de Compostela. Desta o alumnado de 1ESO elaborou a súa pancarta co lema "O galego é a fórmula" coa que paseou, fachendoso, polas rúas compostelás. A ver se o noso berro foi oído.

Correlingua

Música e evolución: Rosa Sánchez e Pablo Carpintero

O pasado 3 de maio, e grazas á colaboración da Fundación Paideia, tivemos a sorte de ter no noso centro a dous dos músicos e investigadores da nosa tradición musical que gozan de maior relevo: Rosa Sánchez e Pablo Carpintero. Cargados de instrumentos e músicas fixéronnos unha exposición maxistral sobre a nosa música e tradición ante a atenta mirada e oído do noso alumnado e mais do alumnado do Instituto Español Miguel Hernández de Moscova, de intercambio no centro. Aquí vos deixamos un pequeno resumo.

Visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento- Enerxías alternativas

O alumnado de 3.º de ESO visitou o día 30 de abril, acompañados polos profesores José Antonio Ferreira e Luis Sáez, o Parque Eólico Experimental Sotavento. Durante a visita realizaron distintas actividades:

  • Aula divulgativa (Enerxías renovables e non renovables)
  • Sala de eficiencia enerxética / Zona solar
  • Visita Vivenda Bioclimática Demostrativa
  • Visita aos aeroxeradores

Para rematar a visita o persoal do parque agasallounos cun chocolate feito nunha cociña solar.

Sotavento

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

A música, as matemáticas e os malabares

O día 30 de abril o departamento de música co apoio do departamento de educación fisica acompañaron os alumnos de 2º da ESO ( 60 ) a un concerto didáctico no auditorio de Galicia, titulado“ Las matemáticas de los malabares “. Foi interpretado pola banda de música de Santiago que acompañaba en todo momento as piruetas dos  malabarístas. O obxectivo  principal era que os alumnos descubríran o modelo matemático ( Siteswap ) que explica os patróns que realizan os obxetos no aire nesta ocasión obedecendo o ritmo musical das obras interpretadas.

O sabor da aventura está no mar

“O sabor da aventura está no mar” é un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

Dentro deste programa, o alumnado de 1.º de ESO visitou os días 23 e 25 de abril, acompañado polas profesoras Rosa Quintela e Cecilia Folla, a lonxa do porto de ribeira e unha fábrica de xeo, posteriormente agasalláronos cunha merenda mariñeira.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos e outras poucas máis nesta Fotos

 

Obradoiros Quérote +

O día 12 de abril o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou para o alumnado de 3.º de ESO uns obradoiros sobre educación afectivo-sexual que teñen por obxectivos:

  • Reforzar ass habilidades pafra aprender a distinguir a que gusta e o que non en relación coas demais persoas.
  • Promover a vivencia da sexualidade do xeito máis pracenteiro, responsable e satisfactoio posible.
  • Reflexionar sobre as relacións afectivas
  • Promover o dia´logo, a asertividade e a empatía nas relacións de parella.
  • Traballar os límites e a responsabilidade persoal.

Distribuir contido


by Dr. Radut