

O obxectivo do programa é traballar a alimentación saudable de xeito integral naquelas iniciativas institucionais encamiñadas á promoción de determinados produtos alimenticios (como a froita, os lácteos e os produtos do mar). O desenvolvemento do proxecto favorece o coñecemento da contorna a través das experiencias sensoriais, a familiaridade e o coñecemento dos alimentos que compoñen o noso patrimonio alimentario así como o fomento das eleccións alimentarias saudables a través da educación como consumidores responsables.
Para acadar este obxectivos realízanse accións encamiñadas a:
- coñecer as necesidades alimenticias por grupos de idade, por nivel de actividade física...
- realizar actividades prácticas cos produtos alimenticios.
- interprer a información da etiqueta nutricional no momento da compra.
- analizar a oferta alimentaria do contorno do centro educativo (comedor, cafetería, quiosco, etc.).
- reflexionar sobre as mesaxes publicitarias que proceden do ámbito da alimentación.
- elaborar propostas de mellora respecto da oferta alimentaria no contorno do alumnado.
O noso centro complementa o obxectivo principal coa promoción do consumo de determinados produtos alimenticios na dieta escola, en concreto a través da modalidade "Froita na escola". Para completar o obxectivo desta acción de distribución de alimentos promóvense actividades de aula e de centro que favorezan o coñecemento dos beneficios destes produtos (propiedades alimenticias), que favorezan o achegamento e a familiaridade co alumnado con eles (a través da manipulación, cata, cociñado...) e que contribúan á sensibilización do alumnado e do seu contorno coa necesidade de aumentar o seu consumo de alimentos de calidade abundantes no medio en que viven en beneficio da súa saúde e benestar.
En resumo, o programa no seu conxunto procura tres obxectivos fundamentais:
- coñecer as propiedades, cualidades e beneficios dos alimentos
- aumentar o consumo de produtos alimenticios recomendables para a saúde e o benestar
- valorar positivamente a toma de decisións informada na selección de produtos alimenticios axeitados para garantir unha dieta equilibrada
Cómpre indicar que a realización de actividades deportivas están consideradas como aconselladas e complementarias dun verdadeiro programa de hábitos de vida saudables, que son canalizadas a través do Programa Deportivo de Centro.
Máis información en Proxecta e en Aliméntate ben