Skip to Content

Aliméntate ben

Alimentate Ben. Curso 2020-21. Francés.

Actividade Pirámide

Máis fotos da actividade na seguinte lista

Aliméntate ben. Ciencias da Terra

Na materia de Ciencias da Terra os alumnos traballaron na busca de información sobre a Agricultura ecolóxica e os produtos galegos  alimentariarios  como as conservas. Durante o curso realizaron recollida de información en diferentes fontes bilbiográficas. Despois elaboraron traballos escritos.

 Íbase a realizar un mural con estos traballos, e colocar no Centro, na área do Plan Proxecta pero non foi posible.

Aliméntate ben. Lingua Castelá

Na área de Lingua Castelá traballouse  co léxico relacionado coa alimentación e se fixeron producións propias en forma de direntes tipos de textos sobre a alimentación. 

Lectura e creación de textos que tiñan relación coa comida saudable de diferente tipoloxía:

textos instructivos (recetas), textos expositivos e argumentativos (opinións, noticias), textos narrativos (relatos)...

Máis adiante chegou o momento da elaboración dos traballos aos que se lle engadiron fotografías.

Hai que sinalar que a implicación e o traballo destes grupos foi fantástica. Ademais  estiveran facendo un traballo previo  coa interpretación das etiquetas alimenticias, pirámides e roda de alimentos  en outras áreas,  co que contaban con información sobre a dieta saudable.

Aliméntate ben. Francés

Os alumnos de primeiro da ESO buscaron información sobre diferentes alimentos en Francés, estudaron a pirámide alimenticia e elaboraron murais en grupos con estes alimentos, utilizando vocabulario axeitado en lingua francesa. 

Aliméntate ben. Xeografía e Historia

Fíxose un estudo sobre os produtos que se cultivaban nos hortos  da zona e nos hortos familiares dos alumnos, elaborouse un seguimiento sobre a forma de cultivo, si se utilizaban abonos , pesticidas, plaguicidas ou se evitaban. E se investigou sobre a agricultura ecolóxica. Decidiuse entón, realizar sembra de productos de horta  dende o grupo do Club de Ciencia, sendo ecolóxicos no seu cultivo.

Aliméntate ben. Educación Plástica e Visual

Despois dos coñecementos adquiridos en outras áreas como Bioloxía, os alumnos de 1º da ESO fixeron representacións do plato de Harvard con diferentes técnicas. Moitos dos traballos os finalizaron os alumnos no seu fogar e despois os enviaron á profesora. Non se puido facer a exposición dos mesmos no Centro educativo. 

Aliméntate ben. Bioloxía e Xeoloxía

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía os alumnos  investigaron sobre os nutrientes que aportan os diferentes alimentos e a información contida nas etiquetas alimentaria, estudaron a rodados alimentos, a pirámide alimenticia e o  plato de Harvard como formas de representación dunha dieta saudable.Para iso, primeiro buscaron información sobre os datos obrigatorios que debe conter unha etiqueta alimentaria,e despois  a identificaron en diferentes

envoltorios de alimentos que eles trouxeron do seu fogar. Fixeron carteis con esas etiquetas e coa información recollida. Ademais analizaron o contido en nutrientes que posuían  eses produtos, despois analizaron si as cantidades eran saudables ou non. Elaboraron rodas de alimentos, pirámides alimenticias e representacións do plato de Harvard .

 Os resultados foron explicados a alumnos de segundo da ESO e cuarto da ESO e posteriormente expostos na zona adicada ao Plan Proxecta.

 En 3º da ESO os alumnos identificaron amidón en produtos cárnicos, co fin de estudar os aditivos.

 

 

Aliméntate ben. Cultura Científica

Na materia de Cultura Científica, traballáronse  as diferentes biomoléculas implicadas na alimentación e a súa dose máxima recomendada polos organismos internacionais, estudáronse as etiquetas alimentarias e os contidos de estas biomoléculas. Fixéronse carteis con esas etiquetas e coa información recollida. Ademais os alumnos analizaron o contido en nutrientes que posuían  eses produtos, despois analizaron si as cantidades eran saudables ou non. Estudáronse os produtos transxénicos e os alumnos tiveron que elaborar traballos de investigación bibliográfica  sobre os seus beneficios e prexuízos.

Aliméntate ben. Anatomía Aplicada

Na materia de Anatomía Aplicada os alumnos comezaron a facer  un estudo dos almorzos do alumnado do centro, en base aos datos obtidos  tentaron de facer un informe  para indicar  aos compañeiros os cambios que deberían realizar para que resultase equilibrado. O traballo tiña previsto  a elaboración no Centro educativo deste almorzo no mes de Maio, por parte dos alumnos de 1º de Bach da materia de Anatomía Aplicada, para os alumnos de 1º da ESO, pero polas circunstancias actuais non se puido facer, polo que se optou que os alumnos de 1º Bach os elaboraran nos seus fogares e despois lle sacasen fotografías.

Aliméntate ben. Matemáticas

Na área de Matemáticas os alumnos despois de traballar os contidos que debe levar unha etiqueta alimentaria, e aprender  a facer representacións  mediante diagramas de sectores, tiveron que buscar etiquetas dos produtos que se consumían nos seus fogares, extraer a información nutricional , e con esa información elaboraron un gráfico de sectores que mostraba o equilibrio nutricional.  Deste xeito comparárono co equilibrio desexado, xa que a O.M.S. fai unha recomendación sobre as proporcións de cada tipo de alimento na alimentación dos adolescentes. Finalmente os grupos presentan os datos obtidos. 

 

Programa Naturézate. Traballos

Tres centros escolares de Trabada, O Bolo e Santiago gañan o concurso ‘Faite eco do lóxico’

CRAEGA

Estudantes de 1.º de ESO do noso centro obtiveron o premio da categoria de secundaria no concurso ‘Faite eco do lóxico’ organizado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), participaron co título Consome ecolóxico, no que relatan nun vídeo as características deste tipo de produto e o seu sistema de produción.

Enlace á páxina de CRAEGA

Fai eco do lóxico

O conselleiro do Medio Rural, José González, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, e o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participaron nun acto celebrado no noso centro dentro do programa escolar Fai eco do lóxico, este programa promove hábitos de vida saudables e o consumo de produtos ecolóxicos entre os máis novos, explicando os seus beneficios tanto para a saúde como para o medio ambiente.

Aliméntate Ben. Materia Física e Química

Na materia de Física e Química  e Ciencias Aplicadas  para a actividade profesional, os alumnos  identificaron biomoléculas  dos alimentos, e despois analizaron a súa dieta en función das biomoléculas que consumiron  durante un período de tempo, despois comparárona coa dieta recomendada pola OMS.

Coa información obtida  elaboraron táboas de resultados e gráficos  que expuxeron nuns traballos para o resto dos compañeiros.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut