EDLG
Novas camisetas para os Maios
Enviado por josean o Xov, 23/05/2024 - 01:19Grazas ao esforzo conxunto de toda a Comunidade Educativa (alumnos, pais, mestres...) este ano conseguimos ampliar a participación na celebración dos Maios da vila a tódolos alumnos de Primaria. Grazas a este traballo colaborativo é que dotaremos de camisetas co logo do noso centro aos cursos que se incorporaron este ano. Camisetas como as que nos amosan estes modelos de 2º con gracia e pose.
Contacontos "As Chaves de Lu"
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 15:56Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz!
Brincaxogos
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 15:48O pasado día 15 foi o día da familia e un ano máis, os e as peques de infantil convidaron as súas familias para pasar un rato divertido todos e todas xuntiñas e celebrar os Brincaxogos. Fixeron mogollón de cousas: ler contos, xogos de mesa, construcións, un pouquiño de arte... Pero sen dúbida, o que máis fixeron foi desfrutar!
Grazas por vir, familias!
X Certame de Narración "Marín Conta"
Enviado por josean o Ven, 17/05/2024 - 17:10Como colexio procuramos participar, con máis ou menos sorte, en tódolos certames que as asociacións culturais locais convocan. Entre os premiados deste ano estiveron dous alumnos nosos Darío Pereira Omil e Diego Soage Piñeiro
As nosas Letras Galegas
Enviado por laurarialf o Xov, 16/05/2024 - 16:48Mañá é 17 de maio e celebramos o día das Letras Galega nas que se homenaxea á poeta Luisa Villalta. Dende o colexio levamos a cabo diferentes actividades sobre este día e outras que aínda están por chegar na seguinte semana. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo sobre elas.
Ademais, dicirvos que este vídeo exporase no Museo Municipal de Manuel Torres de Marín, no acto que o concello realiza sobre as Letras Galegas. A celebración é ás 12.30 e o noso cole estará representado por unha persoa do claustro.
Por último, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca. Animádemos a visitala!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (III)
Enviado por josean o Dom, 12/05/2024 - 17:11A foto máis antiga que nos trouxeron das casas e esta de 1931 que a familia de Elsa Sanjorge Pesqueira de 2º conservaba colgada na parede da casa familiar da Veiguiña
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (II)
Enviado por josean o Dom, 12/05/2024 - 17:00Adriana Cambeiro de 4º tróuxonos esta estupenda foto de 1954 que tiña na súa casa e este é o podcast que fixo a partir dela.
Contacontos na EEI O Grupo
Enviado por laurarialf o Dom, 12/05/2024 - 12:37O venres os nenos e nenas de infantil visitaron aos compis da escola O Grupo. Levaban xa unhas semanas preparando o conto “Unha eiruga moi larpeira” co teatro de sombras para contárllelo. Gustoulles tanto que o tiveron que repetir dúas veces!
Ao acabar, as mestras da escola tíñannos preparada unha súper merenda con froita e bocadillos! E, por suposto, comeron todiño!
Para rematar a mañá, xogaron moito no seu patio cos demais nenos e nenas. Que ben o pasaron!
Moitas gracias a escola de O Grupo por todo!
COPLAS DA ASCENSIÓN
Enviado por josean o Ven, 10/05/2024 - 00:46Hai tres anos recuperamos unha tradición dos maios de Marín que se perdera e malia a todo, cada ano cumprimos con ela. Deste ano cadrou moi preto do 1º o que dificultou todo, porque o noso barco dese día, o Río Lameira, quedou danado o día 1 e tivemos que levar ao Xiana que no traxecto tivo algún que outro desperfecto.
O Maio da Ascensión
Enviado por inesduran o Xov, 09/05/2024 - 23:52CONCURSO DE MAIOS
Enviado por josean o Xov, 02/05/2024 - 23:54Como cada ano, o 1º de Maio estivemos onde tiñamos que estar, sendo un centro educativo de Marín, na vila cantando o Maio e os ventos foron favorables.
COPLAS DO 1º DE MAIO
Enviado por josean o Xov, 02/05/2024 - 23:53Agora, xa pasado, o periodo de venta á vontade, podemos publicar as coplas deste ano. Sen dúbida algunha a máis interesante a do maio, fabricada polos alumnos de 5º no noso Obradoiro de coplas de Maio e que foi recompensada co primeiro premio no Concurso.
O Maio Mariñeiro do 50 Aniversario
Enviado por inesduran o Xov, 02/05/2024 - 22:39U-los Mariñeiros
Enviado por josean o Mér, 01/05/2024 - 15:04Aquí están os Mariñeiros de Marín, os que sosteñen unha cultura en vías de extinción. Estas son as familias mariñeiras de Marín. Un vídeo traballado para presentar no I Certame do Mar do Museo de Marín.
Faro Fisterra
Enviado por laurarialf o Sáb, 27/04/2024 - 13:10Brais e Enzo levan xa un tempiño investigando sobre o Faro Fisterra e...este é o resultado! Agardamos que vos guste e que aprendades tanto como o fixemos nós!
Cal será o próximo...?
Visita de Luís Davila, "O Bichero"
Enviado por inesduran o Ven, 26/04/2024 - 21:55Apadriñamento lector
Enviado por laurarialf o Mér, 24/04/2024 - 16:17Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!
Dádelle o play para coñecer os contos!
Obradoiro de Cómic
Enviado por inesduran o Mar, 23/04/2024 - 22:57Xogando con Tuxiña na Biblioteca
Enviado por inesduran o Mar, 23/04/2024 - 22:42Videopoema "Somos un"
Enviado por josean o Sáb, 20/04/2024 - 10:25Poema colectivo, a partir dunha tormenta de ideas sobre o ciclo da vida e a igualdade, plasmado logo en poema por Issam de 5º.