SOMOS FALA
Seguindo no noso proxecto ata o último día. Hoxe a mañá dentro do proxecto "Marín sabe a Mar" os rapaces foron a onde máis se sabe de peixe, á Praza de Abastos de Marín e largaron uns lances pola praza á captura do inmenso e rico léxico mariñeiro que inda conservamos na vila e que por falta de transmisión axeitada estase irremisiblemente perdendo. Preguntaron a quen máis sabe: os que de a cotío compran e por suposto, á que xente que fai do peixe o seu traballo. Topamos con moitos veciños, parientes e ata algún pai e nai, que nos souberon dar fé dos peixes de Marín: rabada, ollón, cazapa (pronunciese casapa)... E coma se dun Domund da lingua galega se tratara a todos aqueles que nos daban un nome repartiamoslles estas fermosas pegatinas de "Somos fala".
Non eramos moi ambiciosos, 100 pediamos e ás 100 chegamos
Enviar un comentario novo