CANTAR DE REIS
O 5 de Xaneiro estivemos cos Reis máis tradicionais que quedan na vila de Marín, os de Ardán. Estes rapaces son un artistazos, abrindo o festival, sen ensaiar e sendo a primeira vez que cantaban con David Iglesias, conseguiron sacar adiante un canto de Reis que había 100 anos que non se escoitaba nas rúas de Marín. Ante todas estas trabas e cando se amosa o que valen estes rapaces e na avaliación desta tarde a súa resposta foi de Sobresaínte. Agradecerlle a Jose Luis. o director do Orfeón de Ardán a súa invitación para cantar no día en que eles interpretaban o Canto de Reis de Ardán, un canto que se perde na memoria dos tempos, e que ata non hai moito saían a cantar polos lugares da parroquia e por suposto a David Iglesias que acompañou o canto coa súa zanfona.
Enviar un comentario novo