VIDEOCONFERENCIA CON ANTONIO DURÁN "MORRIS"

Unha foto pola que levabamos longo tempo esperando (dende o 20 de Abril), o noso intento de videoconferencia con Morris, o popular alcalde de Padre Casares. Darlle as grazas aos compañeiros do EEI Monte da Guia de Teis de onde o actor é natural, por intentalo en todo momento. Se lembrades, o ano pasado tiñamos un proxecto conxunto con eles para celebrar o 18 aniversario do Xabarín, pois todolos anos polo 18 de abril xa sabemos que temos unha cita co porco bravo e eles invitaron a alguén vinculado co Xabarín Club, ao Mestre Mutenrohi, ao que lle poñía voz Morris.  Foi unha mágoa que a videoconferencia, un instrumento eficaz e imprescindible no aprendizaxe das linguas non funcionase mellor debido ao escaso ancho de banda que os colexios temos e non foi que o recortaran, non, e que nunca o tivemos. Antonio Durán ademáis, traballou  en moitas das obras de Roberto Vidal Bolaño e moi recentemente foi parte do elenco de actores que xunto co recentemente falecido Pico levaron ao cine a obra de Vidal Bolaño "Doentes". No Ipad que porta Morris , vedes aos rapaces de 3º A coa carouta de Vidal Bolaño na sala de informática. se xirades a foto 180 graos. Graciñas a Morris pola súa paciencia e aos compañeiros da EEI Monte da Guía polo seu traballo.

Enviar un comentario novo

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.