Clima de aula necesario para un neno autista

Non  podemos pretender ter una ambente desestructurado, ruido na clase e que un neno con autismo funcione ou  incluso calquier neno con necesidades estea  relaxado e saiba  o que debe facer en todo momento.

De modo que é importante seguir unhas pautas:

1º) Cando se traballa NADA DE RUIDO.

2º) Todos traballamos AO MESMO TIEMPO. Ao igual que todos xogamos ou bailamos ao mesmo tempo. Ningún neno quererá traballar se ve a outros xogar.

3º) Cando chegamos a clase, cada neno debe saber ir ao seu percheiro, falar tranquilamente cos seus compañeiros, ao mesmo tempo que vai deixando as suas cosas e vaise  sentando no seu sitio

4º) Antes de dar ordes sinxelas como: sentamonos na asamblea, recollemos, imos empezar coa ficha... é importante que ESTEAMOS TODOS EN SILENZO  eque o profesor teña a atención da clase. 

5º) Á hora de dar as ordes é importante que ao principio non se fale en xeral, se non  que se nomee aol neno. Por exemplo: Todos os nenos e Gael sentanse na asamblea. Agora imos poñernos na fila, Gael fila...  Se é necesario amosaselle o pictograma pertinente para facilitar a comprensión.

6º) Ao longo da xornada escolar está ben que se vaia anunciando o que iremos facendo ese día a toda a clase. Por exemplo: Hoxe vai  vir a profe de inglés. Lembrádevos de que hoxe chove e imos ao patio cuberto, cando vos chame á  fila...imos directamente, hoxe toca psicomotricidade  acordadevos de que cando toca o timbre imos á fila... Iso axudará a que toda a clase saiba o quefará en cada momento e estea organizada coma unha colmea. ANTICIPAR O QUE ACONTECE GARANTIZA TRANQUILIDADE para Gael  e para o grupo clase en xeral.

7º) Orden na clase: cada material ten  o seu  sitio para que seaibamos onde está cada cousa.

8º) Evitar ter la clase sobrecargada con adovios e miles de estímulos visuais.

9º) Ter unhas RUTINAS facer sempre o mesmo. Por exemplo: preparar ls carpetas e colocalas sempre no mesmo sitio, gardar sempre as fichas no  mesmo sitio,  prepararse para as merendas sempre do mesmo xeito... As rutinas facilitan que o neno con autismo se sinta moi seguro, aprenda por repetición e imitación e favorece cos nenos gañen autonomía. 

Debemos funcionar coma  unha colmea sabendo o que se espera de nos en todo momento e que cada neno teña a man  recursos dabondo para manexarse no ámbito educativo. Para elo lembradevos:

 

- Manexar o ruido: pouco o ningún ruido ao traballar. Ruido moderado durante os rincóns.

- Traballar todos ao mesmo tempo.

- Dar unhas orientacións deos acontecimentos do día na asamblea ou durante a mañá.

- Material colocado.

- Ordes sinxelas que se deben dar cando todo o mundo estea atento para garantir unha boa comprensión.

- Rutinas

Enviar un comentario novo

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.