Traballamos a Banda Deseñada con Vázquez
Este ano, á Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia decidiu centrar o seu traballo ao redor dun xeito de contar tan antigo como o home, a Banda Deseñada. Noutrora a Banda Deseñada tivo unha forte presenza en España con dous importantes focos en Valencia e Barcelona, no que se refire á historieta de humor. Da "escola Bruguera" con sede en Barcelona xurdiron importantes mestres coma Manuel Vázquez co que traballaron os nosos alumnos nun dos seus personaxes menos coñecidos, este Azufriño que ía sementando o mal polo mundo.
Dímoslles tódalas viñetas menos a da resolución da historia e curiosamente este alumno chegou a un final semellante ao que nos anos 50 lle dera o autor. Moi interesante ese achado das sombras sinalando na última viñeta
Enviar un comentario novo