Responder ó comentario
XVIII CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN
Enviado por josean o Dom, 18/05/2014 - 23:11Onte 17 de Maio, día das Letras Galegas, tivo lugar en Serra de Outes a entrega de premios do XVIII Certame de Poesía Francisco Añón. Entre os gañadores e accesits do Certame houbo unha amplia representación do noso colexio, obtendo o primeiro premio compartido na categoría B para 8 e 9 anos Carmen Pazos Lago e Antía Somoza Freire, e accésit Ainhoa Argibay Pedrosa que é o segundo ano que inscribe o seu nome neste Certame. Así mesmo resultou gañadora na categoría C para alumnos de 10 e 11 anos a alumna tamén de 4º , Adriana Calvo Rey. Este prestixioso certame onde participan colexios de toda Galicia contou cun xurado de excepción a cargo dos escritores Olalla Cociña, Marica Campo, Xabier Campos, Mario Regueira e Mercedes Queixas.