O día 1 de decembro os nenos e nenas de primeiro e segundo cursos asistiron a un espectáculo de percusión titulado "Circopeta", interpretado polo grupo de percusión Odaiko. Deste xeito os máis pequenos puideron comprobar como case de calquera cousa se pode facer un instrumento de percusión, e o doado que parece vendo a este grupo.
Como todos os espéctaculos de Odaiko resultou todo un éxito entre este pequeno público.