Maio 2024

Aula Scratch de 5º

A clase de 5º creoou un aula en Scratch para que sen necesidade de rexistro poidan subir os seus algoritmos de Scratch a un Estudo do que a propia aula está dotada.

Novas camisetas para os Maios

Grazas ao esforzo conxunto de toda a Comunidade Educativa (alumnos, pais, mestres...) este ano conseguimos ampliar a participación na celebración dos Maios da vila a tódolos alumnos de Primaria.  Grazas a este traballo colaborativo é que dotaremos de camisetas co logo do noso centro aos cursos que se incorporaron este ano. Camisetas como as que nos amosan estes modelos de 2º con gracia e pose.

Contacontos "As Chaves de Lu"

Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz! 

 

 

Brincaxogos

O pasado día 15 foi o día da familia e un ano máis, os e as peques de infantil convidaron as súas familias para pasar un rato divertido todos e todas xuntiñas e celebrar os Brincaxogos. Fixeron mogollón de cousas: ler contos, xogos de mesa, construcións, un pouquiño de arte... Pero sen dúbida, o que máis fixeron foi desfrutar!

 

 

 

 

 

 

  

 

 

  

 

 

Grazas por vir, familias!

X FEIRA DO LIBRO USADO

O sábado 8 de xuño é a data escollida para celebrar a X FEIRA DO LIBRO USADO. O horario será de 10:30 horas ata as 13:00 horas, na Alameda Rosalía de Castro. Arredor das 12:30 horas haberá unha sesión de música tradicional e contacontos a cargo de CE ORQUESTRA PANTASMA.

 

COMO FUNCIONA? Moi sinxelo!!! Achega, ao teu centro, os libros, contos ou bandas deseñadas que tes na casa e aos que lles queres das unha segunda vida. Alí, daranche un vale por cada libro. O día da Feira poderás canxear os vales por libros en calquera dos "stands"  habilitados. 

 

Ánimate a participar!!

Fondo Solidario Libros de Texto e Axudas para adquirir Libros de Texto e Material Escolar

Dende hoxe ata o 20 de xuño poden solicitar as axudas de libro de texto e material escolar.

No arquivo adxunto poden descargar a solicitude e presentala presencialmente no centro ou na web https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

O horario de secretaría para entregar a solicitude é de luns a venres 9:00 a 9:45 de luns a venres e de 13:05 a 14:00 de martes a venres. 

Se algunha familia precisa outro horario que contacten co correo do centro.

X Certame de Narración "Marín Conta"

Como colexio procuramos participar, con máis ou menos sorte, en tódolos certames que as asociacións culturais locais convocan.  Entre os premiados deste ano estiveron dous alumnos nosos Darío Pereira Omil e Diego Soage Piñeiro

As nosas Letras Galegas

Mañá é 17 de maio e celebramos o día das Letras Galega nas que se homenaxea á poeta Luisa Villalta. Dende o colexio levamos a cabo diferentes actividades sobre este día e outras que aínda están por chegar na seguinte semana. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo sobre elas.

 

 

Ademais, dicirvos que este vídeo exporase no Museo Municipal de Manuel Torres de Marín, no acto que o concello realiza sobre as Letras Galegas. A celebración é ás 12.30 e o noso cole estará representado por unha persoa do claustro.

 

Por último, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca. Animádemos a visitala!

 

 

 

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (III)

A foto máis antiga que nos trouxeron das casas e esta de 1931 que a familia de Elsa Sanjorge Pesqueira de 2º conservaba colgada na parede da casa familiar da Veiguiña

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.