Novembro 2023

Charla ás familias na EEI O Grupo

Estimadas familias, o mércores 29 de novembro as 16:30 horas terá lugar unha charla na EEI O GRUPO sobre os retos da educación. Pretendemos aprender estratexias para favorecer a autonomía do noso alumnado e fortalecer vínculos coas familias.

Agardamos que veñades!!! É moi interesante!!!

 

Semana Solidariedade

O Concello de Marín, xunto coas ONGs organizar unha recollida de alimentos non perecederos, produtos de Nadal e produtos de hixiene e limpeza.


A campaña consistirá en que durante a semana do 11 ao 15 de decembro, o alumnado e as familias poidan aportar algún produto, e os días 18 e 19, unha persoa do Concello pasará a recollelo para xuntalo e que as ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada ONG (COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA e AMENAC).

FELIZ DÍA DO MESTRE! (ANPA AIDÓN)

"UN MAESTRO VIVE SIEMPRE EN EL CORAZÓN DE SUS ALUMNOS" 

 

 

 

 

 

 

MOITAS GRAZAS ANPA AIDÓN POLOS REGALOS: BOTE CON FRASES POSITIVAS DO ALUMNADO E BISCOITOS CASEIROS DELICIOSOS!

 

Menos violencia e máis amor!

Co gallo do 25N, Día Internacional contra a violencia de Xénero, Elsa e Nicolás de 2º de primaria leron esta historia á que acompañan ao final outros compañeiros coa proclama que cantaban no percorrido que fixo todo o colexio con lemas contra a violencia. Parabéns!

O AMOR É O MELLOR (1ºEP)

Os nenos e nenas de 1º de EP puxéronse mans á obra para elaborar un conto para conmemorar o 25 de Novembro-Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Aquí vos deixamos a historia feita e contada por eles e elas! Ademais, se queredes ver o conto, tamén podedes dar un paseo pola beira do río lameira.

 

 

 

Agardamos que vos guste!

25N no CEIP Sequelo

Onte foi 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller. A pesar de ser un tema que traballamos día a día na aula, o venres quixemos darlle un pouco máis de visibilidade e amosar que todos e todas estamos totalmente en contra con este tipo de accións. 

Dende hai uns días, estivemos preparando nas clases carteis con lemas en contra desta violencia e a favor das mulleres e o respecto que temos por todas e cada unha delas. 

Para facer máis visible o noso traballo e o noso desacordo coa violencia contra as mulleres, saímos do centro educativo e manifestámonos por toda a beira do río Lameira. Na volta ao centro deixamos colgados os nosos carteis ao redor do colexio para que cada persoa que pase poida lelos. 

 

 

 

Ao chegar ao centro, Tania de 6º de Educación Primaria leunos un manifesto, deixando claro que no CEIP Sequelo berramos todas xuntas: Eu por ti e ti por min!

 

 

Por último, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP, xunto coa profe Montse, versionaron en galego a canción de “Ni una más” de Aitana e mostráronola a todos e todas. 

 


 

Hoxe e cada día do ano: NIN UNHA MÁIS

Charla ASSEII

A asociación socio sanitaria de enfermidades inflamatorias intestinais, ASSEII, visitou ao alumnado de 3º de educación primaria.

Ademais de coñecer un pouco estas enfermidades aprendemos moito sobre como coidar a nosa saúde. 

Fixéronnos recomendacións para que o noso intestino este ben coidado: 

·      

Debemos lavar ben as mans, sobre todo antes das comidas. 

·      

É importante que bebamos moita auga. 

Tamén falamos do que comemos, da necesidade de ter unha dieta variada e non comer produtos ultraprocesados nin bolería industrial.

Foi moi divertido, sobre todo cando nos contaron como afecta o que comemos ás nosas cacas. 

v 

Provocan gases: o repolo, a coliflor, os cogombros, leite, froitos secos, cebolas, ...

v 

Provoca cambios de cor: espárragos, remolacha, pílulas de ferro, amorodos, salsa de tomate,...

v 

Producen cheiros: legumes, brócoli, ovos, allo, queixos fortes,..

v 

Axudan co cheiro: zume de arandos, de laranxa, perexil, iogur,...

v 

Poden provocar diarrea: cereais integrais, verduras de folla, pasas de uva, vexetais crus, ...

v 

Axudan coa diarrea: puré de mazá, bananas, arroz fervido, tapioca, ...

v 

Axudan co estrinximento: froitas en compota, vexetais cocidos, froitas frescas, auga, bebidas mornas ou quentes,...

O mundo animal é máis sabio que o humano?

Os cans sempre revisan as súas cacas, cando se nota mal do estómago “púrganse” comendo herba para provocar o vómito.

Recomendáronnos non usar papel hixiénico de cores, o branco é mellor para poder valorar a cor das túas feces.

Antes de tirar da cisterna debemos inspeccionar o que deixamos, a súa cor, forma e cheiro. Ninguén o vai facer por nós.

Xa que estamos no váter, tamén aprendemos como debemos sentarnos, erguendo as pernas empregando un tallo. 

 

 

 

Queremos dar as grazas as persoas de ASSEII polas súas explicacións e polo seu tempo.

Campaña de Saúde Bucodental

PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES DENTAIS

A través dunha charla dialogada co alumnado de 1º e 5º as profesionais de odontoloxía do centro de saúde de MARÍN axudan á prevención de enfermidades bucodentais á infancia.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.