Xaneiro 2023

Regalámonos o mellor de cada un

Todo o mundo ten algo bo e debemos aprender a recoñecelo.

 Saber aceptar os eloxios, tamén é importante.

E máis cando nos fan sentir tan ben. Haberá que repetilo. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Este martes estaremos agardando para podervos ensinar o noso centro. Animádevos!!

A casa de Kike

Actividade na que o alumnado domotiza unha casa virtual, colocando distintos dispositivos domóticos no seu sitio correcto nunha presentación de Genially. A información de onde vai cada dispositivo atópase espallada polo aula, e terán que discernir entre a información fiable e a información falsa. Finalmente, participan nun concurso de preguntas en Quizizz sobre información real e falsa do mundo da domótica.

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Por mor de centralizar e que toda a Comunidade Educativa teña acceso ás marabillas que fan os nenos de Infantil, vencellamos o seu blogue, arriba á dereita. ANIMÁDEVOS A VISITALO!!

Primeiros Deseños 3D

A partir da ferramenta online TinkerCad, unha ferramenta sinxela e tremendamente accesible para os nenos, chegaron os primeiros deseños 3D dos alumnos de 6º, que logo haberá que imprimir, cousa que tamén ten o seu aquel en canto á configuración da máquina e á segmentación das pezas deseñadas.

Lapis 3D

Cada vez máis imos incorporando á nosa realidade educativa, novas ferramentas que motiven aos nosos alumnos a imaxinar e crear.  Desta vez é a quenda dos lápises 3D. As súas caras dinno todo.

Pesadelo na Biblioteca

Tras un terremoto, os libros da biblioteca automatizada de Digitaldría desordenaronse. Incluso nalgúns borráronse os seus datos. O alumnado completou os devanditos datos buscando a información na web da biblioteca para logo transformarse nos robots automáticos da mesma coa misión de organizar os libros da forma que corresponda.

 

Un novo Aguinaldo

As conexións entre Portugal e Galicia, malia case 1000 anos de separación, son claras e fortes, especialmente no eido máis tradicional. E é que na procura delas topamos con esta Janeira que o Agrupamento de Escolas Afonso de Paiva de Castelo Branco, utilizaba en Xaneiro do 2022 para felicitar as festas.

O retrouso chamounos moito a atención porque en si non deixa de ser a canción popular de Marín "Os de Marín".  

A partir desta Xaneira e doutras moitas de Portugal, e a través dunha estrutura común a xaneiras portuguesas, e maios e aguinaldos galegos, na clase de 6º crearon un aguinaldo novo, como se fixo dende que o mundo é mundo no eido tradicional, reelaborando o vello para darlle nova vida.

 

A Noitiña de Nadal

Hai tempo recollerase este Nadal en Marín, un Nadal cuxa letra é un romance moi coñecido en toda Galicia, pero que en Marín adquiriu unha melodía propia. Un Nadal que se cantaba nas casas de Marín, pero que xa case ninguén coñece e dicimos case ninguén, porque Adriana Cambeiro de 3º si; na súa casa transmitírase de pais a fillos.

Adriana como sabía cantalo, enseñoullo aos de 6º que se botaron a cantalo, con algunha cousiña máis dos cantos de Reis que lles gustou.

 

Reserva de praza nos centros adscritos para o curso 2023-2024

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS

O alumnado de 6º curso de primaria pode solicitar a reserva de praza para o seu centro adscrito, que é o IES Illa de Tambo.

Asimesmo, o alumnado de 6º curso de Educación Infantil da EEI O Grupo pode solicitar a reserva de praza para o CEIP Sequelo.

O PRAZO É DO 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO DE 2023.

Para presentar unha solicitude deberán seguir algunha das opcións descritas no seguinte enlace:

Solicitude de reserva de praza para centros adscritos

LEXISLACIÓN APLICADA:

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.