Xaneiro 2022

Emocións. O Medo.

O MEDO

Na clase de Relixión, os compañeiros de 6º traballan as emocións.

Neste vídeo falan dalgúns consellos que atoparon nos evanxeos sobre o medo.

NON TEÑADES MEDO

Día da Paz 2022

Ola. Ao igual que os pequenos do colexio, o alumnado de 6ºA coloreou unha mandala pola Paz e quixeron compartir con todos vós unha mensaxe de paz.

 

"MANDALAS" PARA A PAZ

Actividade compartida coa EEI O GRUPO.

As Matemáticas do Volcán

Dentro do microproxecto do volcán, os alumnos de 5º, traballaron con distancias, superficies, volumes, tempos, cantidades, pesos, lonxitudes, latitudes..., en resumo, Matemáticas.

 

 

Que distancia hai dende Galicia á illa da Palma?

2477,9 Km.

Cal é a latitude e a lonxitude da Illa da Palma?

 Lonxitude:  28° 40′ 60″ Norte, latitude: 17° 45′ 50″ Oeste

Que altura o volcán Cumbre Vieja?

1949 m.

Cando se formou o volcán de Cumbre Vieja?

En 1987

Cando empezou a erupción do volcán?

O 21 de Setembro de 2021

Cantas bocas ten actualmente o volcán?

8 e 2 fisuras

Que superficie da Palma cubriu a lava?

166 Hectáreas

Canto gañou a lava ao mar na illa?

A Palma gañou máis de 28 hectáreas de superficie debido á lava que caeu ao mar.

A que velocidade flúe a lava?

A 4 ou 5 metros por hora

Cantos litros de lava pode conter un volcán?

20.000 millóns de litros

Cal é a temperatura da lava dun volcán?

Entre 800ª C e 1200 ºC

Canta lava botou o volcán da Palma?

O novo volcán da Palma xa botou 80 millóns de metros cúbicos de lava.

Canto se ergueu o chan da illa da Palma?

Uns 10 cm.

Cantas casas foron destruídas polo Cumbre Vella?

 1817

Cantos turistas se mudaron a Tenerife?

400

 

 

 

 

O Nadal galego

Hai inda cousas que nos quedaron pendentes e que iremos subindo pouco a pouco coma este curtiño programa de radio que sobre as tradicións máis nosas do Nadal elaboraron os rapaces de 5º.

O ritual da inauguratio

Para a delimitación do perímetro das cidades, os romanos empregaban un arado de bronce tirado por unha xunta de bois conducidos por un “sacerdos”.

A rella marcaba o suco orixinario “sulcus primigenius” onde se debía levantar a muralla, e sinalaba o “pomerium” ou perímetro da futura cidade.

Así imaxinou o ritual para a nosa vila Roberto Carlos Santiago de 5º. Clicade na bandeira para dar comezo ao ritual.

A illa da Palma

Dentro do microproxecto do "Vulcanismo", que comezou a aula de 5º, por mor da erupción do Cumbre Vieja na illa da Palma, non podían menos que coñecer un pouco da illa, os seus habitantes e costumes

Que aprendimos dos volcáns

No microproxecto sobre vulcanoloxía, isto foi o que aprenderon os alumnos de 5º sobre os volcáns:  o porque, como, cando, canto...

Volcán de Cumbre Vieja

Dentro do Microproxecto que os de 5º levaron a cabo, motivado por todo o que estaba sucedendo co volcán da Palma, Roberto Santiago Nedea creou esta animación con Scratch onde se vé como a lava crea no mar novos anacos de illa.

Premede primeiro na bandeira e logo no espazo para ver a animación

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.