Febreiro 2021

Así é o noso colexio

Xa que se abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2021-2022, e debido á situción de pandemia en que continuamos, non podemos facer xornadas de portas abertas como sería o noso desexo; deixámosvos unha mostra de como é o noso colexio e o noso traballo.

Esperamos que vos guste e que sexamos a vosa primeira opción.

Aberto o prazo de admisión do alumnado para o curso 2021/2022

Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para solicitar praza para novo alumnado no noso centro de para o próximo curso 2021/2022.

As solicitudes (formulario ED550B) poderán presentarse en papel na secretaría do colexio en horario de 9:00 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00. Este formulario  pódese recoller no centro ou descargar no arquivo adxunto.

De forma telemática:

  1. Aplicación Admisióndealumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  2. A través da sede electrónica: https://sede.xunta.gal/portada (ED550B)

Xunto co formulario debidamente cumprimentado deben presentar:

  1. Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (Libro Familia, DNI, …)
  2. Copia do DNI  dos proxenitores e/ou titores legais.
  3. Se se trata dun cambio de centro certificado de matrícula.
  4. En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
    No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente.

Deixamos os arquivos adxuntos con toda a documentación relacionada con este proceso, e o formulario de admisión.

Día Mundial das Enfermidades Raras (28 febreiro)

Sabías que só en España hai máis de 3 millóns de persoas que padecen enfermidades raras?

Cada ano, o 28 de febreiro, celébrase o Día Internacional das Enfermidades Raras, co obxectivo de crear conciencia e axudar a todas as personas que padecen esta condición a recibir o debido diagnóstico e tratamento para garantirlles unha vida mellor.

Na web diainternacionalde temos información básica para saber máis.

E tamén na web de FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras) podemos descargar materiais da campaña.

 PROPOSTA:

Sumámonos á proposta da ANPA Aidón, do CEP Sequelo, para que nos comentedes nesta entrada se coñecedes alguha enfermidade rara ou algunha persoa que a padeza e cal é a vosa experiencia en relación con ela. Tamén o podedes comentar no Facebook da ANPA Aidón.

DIA DE ROSALÍA

Un 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Con ela rexurdiu e acadou os cumes máis altos a literatura galega. Este ano celebrámolo con "Nubes de palabras".

 

Commemoramos o Día de Rosalía de Castro (24 febreiro)

Para commemorar o Día de Rosalía, o vindeiro mércores, día 24 de febreiro, achegámosvos o traballo elaborado por un grupo de mestres/as dos equipos de EDLG de varios centros de ensino. O material consiste nunhas unidades didácticas para primaria (elaboradas o curso pasado) e un Genially elaborados este curso.

A ligazón do Genially é: https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

As unidades didácticas, elaboradas polo seminario Galán, para os diferentes cursos de educación primaria:

UD 1º E 2º PRIMARIA DÍA DE ROSALÍA.pdf

UD 3º E 4º PRIMARIA DÍA DE ROSALÍA.pdf

UD 5º E 6º PRIMARIA DÍA DE ROSALÍA.pdf

Traballamos a autoestima en 1º B

A semana pasada traballamos a autoestima na aula de 1º B. Pinchando na imaxe podemos descargar unha presentación multimedia con imaxes do proceso e o resultado obtido.

Os 1000 e 1 disfraces de Mortadeltino

Aproveitando a idea dun dos pais do noso centro que sabe moito disto, do Entroido, e que nos deu o comezo e o final, recreamos aqueles cambios de disfraz que nos tebeos facía Mortadelo, desta vez na súa versión de o Hio, Mortadeltino. Un Mortadeltino que nos deixa unha mensaxe acorde co que estamos pasando:  "Disfrazate pero seguriño, usa sempre a máscara"

Entroido 2021

ENTROIDO 2021

Pero que ben o pasamos o venres!!!!

Detrás das nosas mascariñas e disfrazados para a ocasión,

pousamos contentos para as fotos de entroido.

Aquí vos queda un divertido recordo.

 

O Testamento do Burro

Nos Entroidos máis tradicionais o Entroido remata morrendo non se antes facer testamento. O día de seu é o Martes de Entroido, ese día en lugares como en Laza, a xentes fan un remedo de testamento, onde con moita retranca se comentan as incidencias máis destacas que o ano deixou e se reparten as posesións do burro. O burro nas culturas máis primitivas é a representación simbólica do inverno, co seu lento camiñar, ese mesmo inverno que está para acabar co Entroido.

Falabamos da presencia deste testamento nos Entroidos máis tradicionais, o de Marín non o é, xa hai moito, pero nalgún momento debeu de selo, porque a primeira estrofa deste testamento que elaboraron os rapaces, foi recollida en Marín, hai moito moito tempo durante un enterro da sardiña. A partir desa primeira estrofa e grazas a unha paxina que topamos en internet onde aparecía un amplo léxico de utensilios relacionados co burro, fomos elaborando na clase o testamento deste burro ao que puxeron nome e apelidos, "Eustakio Chirico", que de tanto comer e beber morreu e rematou co Entroido.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.