Decembro 2019

Festival de Nadal 2019

Deixamos este pequeno resumo do Festival de Nadal deste ano. Coma sempre un éxito. Rapaces sodes una artistas!!!
 
Vémonos no 2020
 

O SEQUELO POR NADAL

Panxoliñas por Nadal 

Na Residencia de Maiores 

cantamos as nosas panxoliñas

para desexarlles un Bo Nadal

Logo visitamos o IES Illa de Tambo

nunha xornada de convivencia navideña.

 

 

Chegamos a bó porto con Benito

O día 28 de novembro veu Benito explicarnos que había dous tipos de pesca: de arrastre e de rede. Díxonos que o maior medo que pasara fora unha vez que atoparon unha especie de balea que estaba amarrada na barca e por pouco vira a barca. Dixo que para pescar sardiñas había unha rede onde engánchanse as cabezas e xa non saen.

Unha vez estaban pescando coa liña e pescou un tiburón martelo, liouse coa liña e case lle arrinca unha orella, quedoulle colgando e tiveron que coserlla no barco. E que Benito é todo un lobo de mar.

Iván Gomis, Tiago, Aitor e Pablo

SAN CREMENÇO DO MAR

A cantiga de San Clemenço é unha cantiga de amigo que está situada na Illa do Santo en Ardán e que na Idade Media escribiu Nuno Treez.  Fala dunha muller ao que un home enganou.

Chegamos a bo porto con Umberto

Umberto era un mariñeiro que pasaba o Nadal no barco, case non vira aos seus fillos crecer; no Nadal traballábase tódolos días e só se comía un pouco de turrón. Tamén traballaba no arrastre e díxonos: "imaxinádevos que sodes peixes e fixo como se nos tirara unha rede e como se nos pescara a todos xuntos".  O que máis nos impresionou foi que pescou un tiburón martelo.

Lucia Couso, Pedro, Miguel e Dani.

Liga Lego Junior 2019-2020 (5)

Na quinta sesión investigamos como construír un edificio respectuoso co medio ambiente. Propuxemos que:

- Debe utilizar enerxías limpas e renovables, con paneis solares ou muíños de vento,

- É bo que teña un xardín na terraza, ou mesmo nas paredes se puidese ser,

- Podería ter un sistema de reciclaxe da auga e tamén de reciclaxe dos residuos, etc.

Un equipo utilizou o WeDo para construír un muíño de vento, e despois programalo con distintas velocidades.

Outro equipo construíu unha maqueta do edificio achegando as ideas para facelo respectuoso co medio ambiente.

Na vindeira sesión teremos que deseñar o edificio que será xa definitivo e comezar a construílo. Comezaremos tamén a confeccionar o mural para compartir a nosa aprendizaxe.

Guías de lecturas dos EDLG do Morrazo

Facendo clic na imaxe podes acceder ás recomendacións de lecturas en galego para E. Primaria.

Feira de Nadal

Como xa ben sendo tradicional por estas datas, celebrouse a Feira de Nadal organizada polas ANPAS do noso concello na alameda de Marín. Estivo moi animada durante toda a tarde do pasado venres, coa presenza de Papá Noel, obradoiros navideños e degustación de chocolate. A ANPA AIDÓN do CEP Sequelo tamén estivo presente. Mirade que mesa máis chula montamos!

Figuriñas de cortiza.

Mirado ben de cerca parece inda máis bonito

Sodes uns artistas

 

 

 

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.