Novembro 2019

Temos ravos!

Levamos os ravos (rábanos) para plantar na horta da casa!

Que rico está o leite!

Dentro do Plan PROXECTA, o programa ALIMÉNTATE BEN permítenos este ano repartir leite de balde aos nosos alumnos. O leite é un alimento moi importante para que os nenos poidan medrar sans e fortes. Ánimo a todos a que o proben e sigan tomando esta rica bebida, como fan os nenos/as de 1º que aparecen na imaxe.

Día contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro de 2019

Así foi como traballamos este curso o Día contra a Violencia de Xénero, despois de realizar nas aulas diversas actividades nos días previos, rematamos cun acto conxunto o día 25 de novembro.
 

Liga Lego Junior 2019-2020 (3)

Na sesión de hoxe, o grupo de Iria rematou a construción do guindastre e colocáronlle un motor de WeDo e a programación para poder subir e baixar materiais aos andares do edificio.

Mentres, o grupo de Mateo construíu un edificio coas pezas Lego, intentando aplicar as ideas que tiñamos pensado. A verdade é que no primeiro intento aínda queda moito por mellorar. Finalmente comprobamos que o guindastre funcionaba correctamente.

Na seguinte sesión veremos como facer o edificio accesible, é dicir, con rampa na entrada, portas automáticas, etc., veremos o que se nos ocurre!

A maleta de igualdade

Xa está no cole a maleta de igualdade do CFR, onde poderemos disfrutar de multitude de contos.

Ó longo dun mes a nosa maleta rodará por tódolos cursos. Moito ánimo coas lecturas!

Contos de outono

Este outono quixemos facer protagonistas dun obradoiro de escritura aos froitos de outono. Cada aula escolleu un froito e elaborou contos sobre el. Están todos expostos no corredor por se queredes pasar a lelos, aquí deixamos unha mostra de cada clase.
 

Laura recomenda... "Super Normal e a máquina de sombras"

Laura Arribas de 5º B recoméndanos un dos libros que máis lle gustaron

Liga Lego Junior 2019-2020 (2)

O luns 18 de novembro tivemos a segunda sesión do grupo. Fixemos a posta en común sobre os debuxos que trouxemos da casa con ideas para o noso edificio: incluían ascensores, piscinas, placas solares, etc.

A seguir dividímonos en dous subgrupos, o de Iria e o de Mateo. O grupo de Iria montou un guindastre seguindo os libros de montaxe de Lego.

O grupo de Mateo utilizou os WeDo 2.0 para construír o robot espía con alarma integrada para detectar movementos. Gravaron os seus propios sons e voces de alarma para introducila na programación e ben que se riron!

O próximo día construíremos o primeiro proxecto do edificio coas pezas Lego e programaremos o guindastre para que poida subir materiais aos andares para a construción. Ah, e non nos esquezamos de seguir pensando en ideas!

Chegamos a bo porto: Marín

CHEGAMOS A BO PORTO

UN PORTO QUE COIDA O MAR

 

Coida o mar

COIDANDO O MAR

COIDANDO A NOSA RÍA

En relación co proxecto deste ano,

CHEGAMOS A BO PORTO,

os compañeiros da clase de Reli aprendimos que o porto de Marín coida a ría 

mantendo o mar limpo de contaminación:

chatarra, plástico, redes, pilas, vidro...

para ver o vídeo preme na imaxe 

 

 

Na placa da escultura colocada diante do paseo do porto de Marín di así:

O PORTO DE MARÍN LIMPA O FONDO MARIÑO DA RÍA E

MANTÉN LIMPAS AS SÚAS AUGAS

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.