Xuño 2019

Bullying, basta xa

Pequena animación realizada polos alumnos de 6º para o Proxecto Aprendo Programando que este ano xira sobre o tema do Bullying

As Máquinas Simples

Os alumnos de terceiro estivemos traballando as máquinas simples cos Legos. Ao final do curso expuxeron o tema aos pais e aos compañeiros de sexto nun intercambio de experiencias sobre máquinas simples e circuitos eléctricos. A continuación os deixo as imaxes sobre o intercambio de experiencias e do vídeo sobre a exposición dos nenos de terceiro.

A Arca da Alianza. Moisés.

 MOISÉS

Os compañeiros de 5º na clase de Relixión Católica traballaron en grupos para coñecer a Historia do pobo de Deus e a Moisés.

As leis antigas, os 10 mandamentos e a Arca da Alianza.

Con corchos, papel, palillos e ... fixeron os personaxes.

A Biblia serviulles de guión para os pequenos teatros.

Moisés, "salvado das augas"

 

Fotos festival de fin de curso e graduación CEP Sequelo 2018/2019

Bo día a tod@s:

   Xa temos listas e recen saídas do forno as fotos da festa de fin de curso, debido ao número e peso das fotos é imposible subilas aquí, así que para que poidades ollalas e descargar as que queirades sen ningún problema, pareceunos axeitado subilas a Google Drive.

   Aquí abaixo deixámosvos tres ligazóns as que podedes ir para mirar e descargar as fotos, o proceso e moi sinxelo, só tedes que facer click na ligazón e iredes a un álbum onde se atopan as fotos, unha vez aí se queredes podedes descargar o álbum completo ou só as fotos que vos interesen.

   Grazas e bo verán a tod@s.  

Álbum de fotos da festa previa o festival nas distintas aulas do colexio:

https://photos.app.goo.gl/FDhb92LU2H2xam4B6  (11 fotos)

Álbum de fotos do festival:

https://photos.app.goo.gl/XqGTfKrkhDmLfKQF6 (208 fotos)

Álbum de fotos dos graduados deste curso 2018/2019:

https://photos.app.goo.gl/wjCFEHd95F2pf9Dm9  (71 fotos)

 

Relación libros de texto curso 2019-2020

No arquivo adxunto está a relación de libros de texto para o curso 2019-2020.

 

 

Vivindo a radio cos de 4º B

Os alumnos de 4ºB  cóntannos as novas do colexio, recoméndannos algúns libros para o verán e fan unha chea de divertidas entrevistas. Eles din que foi unha proba, pero se o foi foi unha proba estupenda.

A colleita

Remata o curso e as nosas hortalizas están listas para ser recollidas!

Foi moi satisfactorio recoller aquilo que plantamos e coidamos durante todo o curso. 

Receitas saudables

Recopilación de receitas saudables feitas cos produtos cultivados no horto escolar, como actividade para o Proxecto "Voz Natura".
 
https://issuu.com/megoleal1/docs/receitas_saudables_cep_sequelo

Clicando sobre a imaxe ou sobre o enlace de abaixo podedes ver o recetario. Animádevos a probar a facelas.

Entrevistamos á alcaldesa

 

Un bo xeito de rematar o proxecto sobre o Lameira e de estrenar oficialmente a nosa radio:  entrevistamos a María Ramallo, a nosa alcaldesa.

Raúl de 1º curso, e Lía e Antón de 2º preguntáronlle sobre o traballo que ten que facer un alcalde ou alcaldesa, falaron dos parques, das festas, do bastón de mando, das comidas preferidas, do fútbol, do río Lameira ou mesmo de como limpar a caca dos cans nas nosas rúas.

Excursión de terceiro ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Os alumnos de terceiro fomos de excursión ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Foi un día moi divertido no que aprendimos moitas cousas. Unha das cousas que máis nos gustou foi o labirinto do cal case non somos capaces de saír!

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.