Maio 2019

Visita a Vigo cos alumnos e alumnas de 5º curso

Coñecemos as partes do estadio de Balaídos. Repuxemos forzas no parque do Castro e fixemos unha ruta, aguantando a calor!

Os nenos de 4º fomos aos museos da Coruña

( Equipo 5 de redacción: Sara e Alexandra)

O martes, dia 28 de maio, os nenos de 4º de primaria fomos á Casa das Ciencias, ao Domus e ao Acuario.

Pasámolo moi ben. O primeiro lugar que visitamos foi a Casa Das Ciencias. No baixo había un péndulo xigante que mostra a rotación da Terra, unha incubadora con pitiños... Na segunda planta había experiencias como unha ilusión óptica, un canón de aire cun globo flotando, unha creadora de pompas de xabón enormes, a simulación de vento no deserto e outra de auga na Terra. Na 2ª planta había unha exposición temporal de péndulos con columpios, un metrónomo... A terceira planta estaba adicada á astronomía con moita información sobre o espacio, as constelacións... e cunha cabina na que podías ver algo parecido a un extraterrestre. Por último visitamos o planetario, no que nos puxeron unha minipelícula na que un vampiro chamado Von Siro, que era astrónomo, quería ver a luz do Sol sen convertirse en polvo. O seu axudante, Dagoberto inventou unha máquina coa que podías verte en calquera sitio como na Lúa, en Saturno...

O segundo lugar que visitamos foi a Domus, na que vimos a evolución humana e os seus cranios, un xogo simulando a caza no que tiñas que tirar pelotas nuns buratos con forma de bisontes, unha máquina que medía a lonxitude do teu corpo, e do tu fémur e úmero. Na entrada había unha foto da Mona Lisa feita con fotos de caras de persoas, unha torre de libros...

Despois de comer fomos ao acuario. Alí vimos peixes moi raros que nunca viramos e un que tiña branquias e pulmóns. O que máis nos gustou foi ver cando lle deron de comer ás focas.

 

Taller de Robótica e Programación

Imaxes do Taller de Robótica e Programación que desenvolvimos no IES Mestre Landín, con alumnos do mesmo centro e alumnos do CEIP do Carballal. O ano que vén moitos deles serán compañeiros de Damián, Adrián, Samuel e Bryan.

 

Disfrutando do Fútbol Sala cos adestradores do Ancoradouro!

Os profesionais do Ancoradouro viñeron ao noso pavillón a ensinarnos algúns xogos e valores que ten este deporte, destacando a figura do árbitro. 

Os nenos e nenas de 1° a 3° curso pasámolo xenial, aprendemos moito!!

Celebración do Día das Letras Galegas 2019

Despois de estar estudando nas semanas previas a súa vida e obra, así foi a nosa pequena homenaxe a Antón Fraguas, co recitado de cantigas e poemas que el recopilou e a actuación de Pedro Brandariz.
 

Alumnos de 2º recitan cantigas de Cotobade.

Os alumnos de 2ºquixemos participar no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019 que tivo lugar onte venres no noso colexio. Escollemos unhas poucas cantigas sacadas do libro Aportacións ao cancioneiro de Cotobade , de ANTONIO FRAGUAS; ensaiámolas un chisco e velaquí o resultado. Nós pasámolo moi ben decindo poemas en galego. Esperamos que vos guste!

Falamos de Antonio Fraguas?

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado a Antonio Fraguas Fraguas, catro alumnos de quinto e sexto prepararon, para o alumnado de 1º e 2º, a biografía do autor e o recitado dunha cantiga popular que aparece recollida no "Cancioneiro de Cotobade".

Andrea (5ºB), Brian (6º B), Cristian (5ºB) e Laura (5º B) mostraron moito interese e preocupación por achegarse ós mais pequenos. Con axuda dos compañeiros de 5º B elaboraron debuxos dos animais que aparecen "No casamento da pulga" título da cantiga.

Foi unha experiencia moi motivadora, enriquecedora e ideal para reforzar a nosa autoestima.

 

Entrega dos Premios do XX Concurso de Poesía Concello de Marín

Daniel Graña Portela e Álvaro Pereira Omil premiados no Certame que polo día das Letras Galegas convoca o Concello de Marín len os seus textos.

 


Entrega de premios do certame "Marín Conta"

Alumnos e exalumnos entre os premiados no certame que polas Letras galegas convoca o Ateneo Santa Cecilia.

Premiadas na súa categoría Noa Vázquez Feijoo e Ángela Silva Durán (á esquerda da foto)

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.