Abril 2019

Traballo con sensores

Os alumnos de 5º B traballaron montando os robots cos diferentes sensores para probalos en diferentes actividades:  sensor de temperatura, o display, sensores de a bordo...

Enfrentáronse aos distintos retos propostos para probar os sensores de distancia, sigueliñas, etc etc.

As construcións do río

Neste mes os alumnos de terceiro saímos a coñecer as construcións na beira do río lameira: pontes, muíños, pombais, hórreos e o lavadeiro forman parte do patrimonio cultural do río Lameira.

Boom

Os alumnos de 6º A recrearon este xogo onde o truco consiste en afastar o ovni do misil, guiando o primeiro co rato, de xeito que non che estupe o misil e non cho desfaga

Certame de Microrrelatos do Saber Marin

Un Certame de 150 palabras que obrigatoriamente tiña que comezar por "Todo era plástico ata que...". Presentamos uns cantos traballiños e tivemos a sorte que tanto Ángela Silva Durán con "Anxela inventora" como Enrique García Graña por "Maldito plástico!" foron premiados.

Cos ollos da imaxinación

O segundo vídeo que presentamos ao concurso do Museo, logo do marabilloso de 6º A, aquí chega o de 6ºB, onde colaboran ademais pais, profesores e alumnos. Xa vai collendo xeito inda que a nosa intención é mellorala

 

Día do Libro 2019: "Contos cooperativos"

Achégase o "Día do Libro" e mascota da biblioteca, Birlo, quere propoñervos algo, este ano crear "Contos cooperativos". Preguntarédesvos que é iso???.
Coma sempre deíxavolo todo ben explicado na seguinte carta.
 

 

Reto robótico de 6º A

Coa axuda do mestre de Educación Física Jorge os nenos de 6º participaron en varios retos robóticos como este que vedes aquí.

O libro na Pedra

O primeiro dos vídeos cos que imos participar no Certame de Curtas do Museo, centrado na defensa do noso Patrimonio como fixeron os fundadores do Museo que visitaron asiduamente os nosos petroglifos. Un precioso e didáctico traballo dos alumnos e profes de 6º A

Flasmob "Global Muiñeira" para o Día da EF na rúa

O xoves 25 de abril celebraremos o Día de Educación Física na rúa!

Xogaremos e bailaremos o Global Muiñeira. 

Será no parque Euguren, a partir das 12:20. 

Aproveitade a Semana Santa para practicar os pasos!

https://www.youtube.com/watch?v=4d8Cc36a7bc

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.