Febreiro 2018
Información proceso admisión alumnado 2018-19.
Enviado por Miguel o Mar, 27/02/2018 - 10:57>
O decreto de admisión está no DOG do Venres, 15 de marzo de 2013. Facede clic no enlace de abaixo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0...
Na clase de Relixión
Enviado por inesduran o Mér, 21/02/2018 - 21:50
Boas Novas no telediario Sequelo
Repasando a historia ...
O BAUTISMO
Traballando o tema dos sacramentos escenificamos o Bautismo
Así resumimos os signos: a luz, a auga, o aceite...
A
O CEP Sequelo participa na LIGA LEGO Jr de Galicia
Enviado por xose o Mér, 21/02/2018 - 01:00O sábado día 17 de Febreiro participamos na Liga LEGO Junior de Galicia, celebrada no Auditorio de Ferrol.
Quen formou o noso equipo?
O noso equipo estaba formado por catro nenos e o adestrador. Eran Darío e Noel de 4º curso e Xoel e Breixo de 3º curso.
Cal foi o tema da investigación?
Nesta edición o tema a traballar era o ciclo da auga e investigar como mellorar para reducir o consumo humano da auga.
Que utilización da auga escollemos?
Escollemos o uso da auga para APAGAR INCENDIOS, porque cando comezamos no mes de outubro uns incendios coma nunca se vira arrasaron Galicia.
En que consistía o traballo?
Tiñamos que elixir un uso da auga, buscar información, elaborar unha maqueta con pezas LEGO para explicar a nosa solución ao problema e expoñelo cun mural informativo diante dun xurado científico. A maqueta debía conteñer unha parte robotizada, ou motorizada, con programación propia.
Como foi o proceso do noso traballo?
1. Construímos unha bomba de auga que nos deron coa inscripción na Liga.
2. Buscamos información sobre de onde vén a auga que consumimos en Marín. Descubrimos que chega do río Lerez e do encoro de Pontillón do Castro. Buscamos información en internet, fixemos unha excursión ata o nacemento do río Lérez na Serra do Candán, visitamos o encoro de Pontillón, entrevistamos a operarios de Viaqua, etc.
. Así soubemos que a auga que consumimos en Marín provén do río Lerez, que nace na serra do Candán e desemboca na ría de Pontevedra. O río Lerez abastece tamén os concellos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Bueu, cun total de máis de 150 mil habitantes. O consumo medio diario de auga é duns 30.000 metros cúbicos.
3. Discutimos as ideas para deseñar a maqueta.
4. Construímos a primeira maqueta con plastilina.
5. Construímos a maqueta definitiva.
6. Elaboramos o mural explicativo do noso proxecto.
Que tiña a nosa maqueta?
Pois na nosa maqueta tiñamos representado unha montaña, un río, un encoro, un bosque con cabana de gardabosques, e varios equipos de extinción de incendios, como un helicóptero, un camión de bombeiros, dous hidroavións e un super todoterreo con canón lanzador de auga xiratorio de 360 graos. O noso todoterreo estaba motorizado e tiña un programa para que avanzase superando todos os obstáculos que atopase.
Como foi a presentación do noso traballo en Ferrol?
Chegamos ao Auditorio sobre as 9:00 da mañá. Os organizadores ensináronnos as instalacións e o lugar onde expoñer os traballos de todos os equipos junior, que eramos un total de dez de toda Galicia. Alí expuxemos o noso traballo durante toda a mañá.
Cando chegou o noso turno fomos á sala de exposicións, onde durante uns cinco minutos e diante do xurado científico explicamos o noso proxecto e a nosa maqueta. Ao rematar fixéronnos unhas preguntas e listo.
E os premios?
Si, todos gañamos premios, unha medalla para cada membro e un diploma. No noso diploma concedéronnos o premio á mellor construción anovadora.
Felicitacións a organización!
A organización foi perfecta. Había máis de 70 voluntarios e un mago que presentaba os actos, animaba e facía trucos de maxia. Neste torneo tamén participaron 14 equipos dos maiores (de 10 anos en diante) que tiñan que facer robots e competir para ver que robot funcionaba mellor.
Pola tarde, visita ao campus industrial da Universidade de Ferrol
Estivo xenial! Puidemos visitar instalacións como:
- O túnel do vento
- O robot de raios láser
- O canal xerador de ondas de auga
- O laboratorio de robótica
- O laboratorio de automoción
- e un montón de experimentos científicos...
Fotos da visita ao Campus Industrial de Ferrol
Páxina de Facebook da organización!
Libro Recomendado da Semana: "Memorias dun río"
Enviado por josean o Dom, 18/02/2018 - 01:41O libro recomendado desta semana ten moito que ver co Proxecto Transversal dos Ríos no que estamos envoltos e ven da man de Saúl
Un toque de Maxia
Enviado por josean o Xov, 15/02/2018 - 19:45Fai o que che di o gnomo e a ver que é o que pasa, os da clase de 5º A que o deseñaron sábeno. Descúbreo ti
SEMENTAMOS "CORNOS ROSSOS" EN 5ºA
Enviado por josean o Xov, 15/02/2018 - 13:30O mércores 7 de febreiro, na clase de 5ºA plantamos sementes da especie ``corno vermello´´ (corno rosso). Estas sementes plántanse desde xaneiro ata xuño, e recóllense desde maio ata novembro; claro está, a recollida vai en función da etapa en que sementamos.
O proceso foi o seguinte:
1º Por parellas fomos enchendo as macetas de terra.
2º Collemos 3 sementes cada un.
3ºColocamos as sementes enriba da terra e cubrímolas, aplastando a terra un pouquiño.
4º Regámolas con coidado.
Agora esperaremos a que esas sementes xerminen e medren as plantiñas. Logo transplantarémolas ao noso horto escolar.
Irémosvos informando de como vai o proceso!
Almudena e Martín 5ºA
Coma o can e o gato
Enviado por josean o Lun, 12/02/2018 - 18:27Preme no espazo para mover o can e a frecha dereita para mover o gato, neste xogo de carreiras que fixeron os de 5º B
Os Trolls do Sequelo
Enviado por josean o Dom, 11/02/2018 - 13:28O rei Celestroll I acompañado da súa corte de trolls no desfile do Sábado de Entroido polas rúas de Marín, marcando liña todos eles, o rei máis. Parabéns á nosa ANPA polo espectacular traballo e por facer que unha veintena de rapaces disfrutasen.
Tópame
Enviado por josean o Sáb, 10/02/2018 - 18:27Topa á rapaza clicando enriba dela e consegue puntos neste xogo que crearon os alumnos de 5º A
Entroido 2018. XIV Obradoiro da Filloa
Enviado por Anónimo o Sáb, 10/02/2018 - 01:00Así foi como o celebramos o pasado día 8, con doces, concurso de disfraces e moita troula.