Maio 2014

HAIKUS DOS MAIOS

Polo día do Libro elaboramos estes Haikus a redor do mundo dos maios. Como primeiro paso no mundo dos haikus valiu. Os nenos interiorizaron ben o dos tres versos sen rima, e o que é mais difícil o de facer versos cunha conta silabica especifica 7-5-7 en posteriores intentos xa se perfeccionará, inda que xa algo poético fixeron

17 DE MAIO LETRAS GALEGAS: POEMAS 5º A

De cara a ao día das Letras Galegas os rapaces de 5º A elaboraron estes fermosos poemas de loubanza desta nosa terriña.

PROXECTO DE DECRETO DO CURRICULO DE EDUCACIÓN PRIMARIA EN GALICIA

A partir de mañá e ata o 9 de xuño poderanse presentar propostas e suxestións a este decreto por medio do documento denominado "Contraste_Decreto_ep_.doc", que deberá ser remitido ao enderezo de correo electrónico curriculoep@edu.xunta.es seguindo as instrucións que se indican no propio documento.

Borrador do Decreto do currículo de Educación Primaria

Contraste_Decreto_ep_.doc

XVIII CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

Onte 17 de Maio, día das Letras Galegas, tivo lugar en Serra de Outes a entrega de premios do XVIII Certame de Poesía Francisco Añón. Entre os gañadores e accesits do Certame houbo unha amplia representación do noso colexio, obtendo o primeiro premio compartido na categoría B para 8 e 9 anos Carmen Pazos Lago e Antía Somoza Freire, e accésit Ainhoa Argibay Pedrosa que é o segundo ano que inscribe o seu nome neste Certame. Así mesmo resultou gañadora na categoría C para alumnos de 10 e 11 anos a alumna tamén de 4º , Adriana Calvo Rey. Este prestixioso certame onde participan colexios de toda Galicia contou cun xurado de excepción a cargo dos escritores Olalla Cociña, Marica Campo, Xabier Campos, Mario Regueira e Mercedes Queixas.

 

PREMIOS DE NARRACIÓN CURTA CONCELLO DE MARÍN

No certame para escolares, na categoría de 5 e 6 de Primaria, as premiadas foron Lorena Amoedo Freire, pola obra "Paco e Thilo", e Antía López Domínguez, por "A historia da prehistoria", ambalas duas alumnas do noso colexio. Parabéns Lorena e Antía

A SEMANA DA CIENCIA

Facendo honor o lema desta curso nas bibliotecas "Ler Ciencia na Biblioteca Escolar" o alumnado de 6º curso non só se animou a ler ciencia, senón tamén a experimentar con ela. Resultado do cal tivemos esta extraordinaria exposición de circuítos eléctricos e outros traballos.

A ESCOLA DO FONDO DO MAR 1º B

Formando parte dos traballos do noso proxecto "40 Anos de Escola". Así imaxinaron os nenos e nenas de 1º B como podería ser unha escola no fondo do mar, e así o plasmaron neste comic.
 

Instrumentos de corda fretada. Explicación de Diego e Raquel. 6º A

Este trimestre estivemos falando na clase de música das familias de instrumentos, dous alumnos de 6ºA que estudan violín tiveron a xentileza de explicarlles aos seus compañeiros as partes de que consta e como se toca; incluso se atreveron a a tocar unhas pezas. Noraboa rapaces seguide así, sabemos que non é doado tocar en público. Moitas grazas tamén á súa titora por animalos a facelo.
 

SAÍDA CULTURAL AOS MUSEOS DA CORUÑA

O alumnado de 4º visitou onte os museos municipais da cidade de A Coruña (Domus, Casa das Ciencias, Planetario e Acuario).

O 13 DE MAIO

 

 

 

A nosa señora de Fatima

 

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.