Marzo 2014

Visita de Mau e Pin

O pasado venres 28 os nen@s de Primeiro estiveron acompañados por Mau e Pin autores do libro "Xelo, o carteiro xurelo". Cos que falaron, debuxaron e pasárono en grande.

A CADA COUSA O SEU NOME

Os nenos de 1º, a partir do libro "Xelo o Carteiro Xurelo" aprenderon moitos nomes de peixes que plasmaron neste fermoso mural.

VISITA DE MARCOS CALVEIRO "OLLOS DE AUGA"

Hoxe acompañounos na biblioteca Marcos Calveiro que estivo falando cos alumn@s de 5º curso do seu libro "Palabras de auga". Despois da amena charla aínda tivo un ratiño para asinar exemplares.

RONSEL 55

O noso Ronsel 55 vai destinado aos alicerces da nosa literatura, representado neste caso, polo rei don Dinís de Portugal, nun momento histórico onde pese a xa ter reino de seu Portugal inda falaban igual ca nos o galego. "Ai, flores do verde pino" que cantaba Amancio Prada.  Reparade no uso do adverbio U = onde, como inda o seguen facendo os nosos maiores. Ai Deus, e ú é?

A versión de Amancio Prada:

RONSEL 56

Os fins de semana, que non estamos no colexio, imos botar man de persoas alleas ao colexio (poetas na súa voz, representantes do pobo...) para que nos reciten poemas, e o primeiro en chegarnos foi este  "Non fagas caso filla" de Miguel Ángel Alonso Diz

 

RONSEL 57

Para o noso Ronsel 57 quen mellor e tan preto de nós, que Bernardino Graña. Cuns mínimos arranxos Bernardino (saberá perdonarnos) tiñamos adaptado ao vocabulario dos peixes de Marín esta "Canción para ir ao mar de pesca", que en Cangas nin teñen casapas, nin rabadas, nin badexos; canción que imos traballar moi profusamente e dende distintos frontes

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

21 de Marzo "Día da Poesía" e nos escomenzamos ronseis que nos levarán cara a Díaz Castro, ronsel a ronsel. E para o primeiro, convidamos a aquela persoa que todos os marinenses elixiron para que os representase, a nosa alcaldesa María Ramallo. A cousa foi un pouco a correr pero resultou, nin sabía o poema que lle tiñamos preparado, mais por ser o primeiro coidamos que debía ser sobre a nosa vila e xa hai tempo que topamos este marabilloso ronsel co que Celso Emilio Ferreiro gañou os II Xogos Florais da AC Santa Cecilia "Vivir non é preciso , navegar si".

Levamos anos cun Obradoiro de Poesía e que mellor ca este día para amosar os productos do mesmo. Aquí tedes un par deles que presentaremos como o ano pasado ao Concurso Literario Añon Paz de Serra de Outes onde a rapaza foi finalista.

 

E outro poema de autor máis:

 

Visita de Marcos Calveiro

O venres acompañounos na biblioteca Marcos Calveiro, que estivo falando cos alumn@s de 5º curso do seu libro "Palabras de auga". Despois da amena charla aínda tivo un ratiño para asinar exemplares.

Representación de "Odaiko. Vaia circo" en Pontevedra.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria do noso centro, acudiron hoxe, 19 de marzo de 2014, a Pontevedra para ver o novo espectáculo deste fantástico grupo de percusión galego "Odaiko". Aquí tedes unha mostra do que puideron disfrutar o noso alumnado e os profes.

ROSALÍA 3.0

Os rapaces de 6º recitando o "Airiños da miña terra" de Rosalía de Castro, Sistema operativo do noso Hardware

 

 

ROSALíA 3.0 from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.