Febreiro 2012

A Gioconda no Sequelo 2.012

Ó final resultou ser que a famosa Gioconda de Leonardo da Vinci, non estaba nin no Museo Luvre, nin no Museo do Prado, estaba no Colexio Sequelo de Marín. E para mostra un botón. (Se fas click dentro da Gioconda podes ver aínda máis Giocondas, que pensabas que só tiñamos unha, jejeje.)

Equipos da liga de Fútbol-Cole 2.011-2.012

Aquí tendes unha foto dos equipos da liga de fútbol-cole 2011-2012, se facedes click dentro da imaxe podedes ver ás de todolos equipos que participan na liga.

A festa do Entroido no C.E.P. Sequelo 2.012

Aquí tedes un anaco da festa que realizamos un ano máis no colexio, coa participación de toda a comunidade escolar ademais do grupo de fiolleiras que xa son coma se fosen parte do colexio. Non vale rir, haber se sodes capaces???? (Un truco, se facedes click dentro da imaxe podedes ver moitas máis)

Impresos de solicitude admisión do alumnado

A partir do 1 de Marzo pódese entregar en Secretaría os impresos cubertos para a admisión do novo alumnado para o curso 2012-2013, unha vez descargados desta páxina ou ben pasar polo centro.

ENTROIDO 2012

No "Sambódromo" do Sequelo houbo de todo un pouco; música, disfraces, paparotas (sería imposible enumeralas todas), pero houbo sobre todo moita diversión, na compaña de pais, avós e demais membros da Comunidade Escolar do Sequelo que  quixeron compartir con nós unha tarde de Entroido. E alí preto de Río (non o de Xaneiro) inda que río tamén cho é, cantamos e bailamos e como vós dicíades pasámolo moi.... pero que moi ben!!!!

O Homo Antroido Galaico Orientalis

Moitos miles de anos de involución nos contemplan ata chegar ao Homo Antroido Galaico-Orientais.

VALENTIN PAZ ANDRADE: BIOGRAFÍA E ANTOLOXÍA

Xa nos tardaban en aparecer libros adicados a Valentin Paz Andrade co gallo da súa eleción como autor homenaxeado polo día das Letras Galegas.  Así Xerais vén de editar, a través da sua colección orientada ao público máis novo, Merlín, unha biografía do homenaxeado deste ano.. A vida e deste avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta, xornalista… contada de forma amena… pero detallada. O libro ademais completase cunha antoloxía da súa obra poética.

 

ROCK EN GALEGO

Rock en galego, e con MAIUSCULAS. os compañeiros do CEIP  de Seixo fixeron este marabilloso e divertido video. Se co pouco tempo que se ten este ano para facer este tipo de actividades tan motivadoras e que vivencian o uso do Galego en todolos ámbitos, neste caso o rock and roll, fixeron isto que farían de dispoñer dese tempo. Felicidades!!

Como dirían os AC/DC "Galician language is cool"

Xota de Folgoso -Cerdedo-

Inda que pareza que estamos na casa, non saímos da India. Estes rapaces da escola María Soliña de Pubai fan unha versión tan estupenda da Xota de Folgoso que non poido menos que afirmar que poucos nenos nativos de onde esta xota surxiu serían capaces de recreala coa mesma mestria . Escoitadeos porque paga a pena ver o respecto que estes nenos tan distantes de nos manifestan pola nosa cultura.

A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono.

Entroido no Sequelo.

16/02/2012 09:00
16/02/2012 18:30
Etc/GMT+2

Entroido 2012. VIII Obradoiro da filloa. Ás 09:00h., exposisión de doces de entroido. Ás 10:00h. visita dos alumnos do centro á mostra de postres e lambetadas. Ás 13:00h. visita dos familiares á exposición de doces de entroido. Ás 16:00h apertura do VIII festival da Filloa, desfile de disfraces, entrega de premios, baile de disfraces e degustación das filloas e postres aportados polas familias. Sobre ás 18:30 h. clausura do festival.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.