Lingua Inglesa
Wonder Woman
Enviado por inesduran o Mar, 12/03/2024 - 00:03Our British Rosalía.
Enviado por inesduran o Ven, 23/02/2024 - 19:17O NOSO COLE!
Enviado por laurarialf o Mar, 23/01/2024 - 15:29Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!
Vinde a aprender con nós!
Na Residencia do Maior e no Illa de Tambo por Nadal...
Enviado por inesduran o Xov, 28/12/2023 - 20:12O pasado luns, día 18 do mes de Nadal,
un grupo de cantores da clase de Relixión e de 3º de inglés,
fixeron unha visita á Residencia do Maior de Marín.
Despois de mirar o Belén da Residencia
cantaron no Centro Comunitario
para lles desexar unhas boas festas.
onde algúns cursos de Relixión da ESO tiñan preparadas unhas panxoliñas.
Intercambio de postais
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 15:03Este ano os nenos e nenas de Infantil e Primeiro de Primaria elaboraron unhas postais moi chulas para felicitar o Nadal aos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil O Grupo. A súa vez os alumnos e alumnas de 3º e 4º comezaron un intercambio de postais cos nenos e nenas de 3º do CEIP Plurilingüe do Carballal. Escribíronlle mensaxes tanto en Galego como en Inglés.
Elaboralas foi moi divertido, pero recibir unha postal de parte dos outros nenos e nenas fíxonos moita ilusión!
Nadal no Sequelo
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 14:47Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.
Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!
Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e vexades como movemos o esqueleto.
Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!
Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!
Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!
Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión!
BO NADAL!
No GRUPO por Nadal
Enviado por inesduran o Sáb, 16/12/2023 - 18:31Mary Poppins estuvo aquí!!!
Enviado por inesduran o Mér, 13/12/2023 - 17:23Festa de Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Xov, 29/12/2022 - 10:36Así rematamos o primeiro trimestre do curso:
Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".
Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.
Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.
Boas festas a todos!!!
Vémonos no 2023!!!
Conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"
Enviado por Anónimo o Sáb, 26/11/2022 - 21:40Así conmemoramos todos xuntos esta data.
Facendo unha simbólica porta violeta con vista a un prado verde, e cantando a canción "A porta Violeta" de Rozalén e Tanxugueiras en galego, castelá, inglés e con linguaxe de signos.
What is Peace?
Enviado por Anónimo o Mér, 09/02/2022 - 00:00What is peace? Inspired by the book "The Peace Book" by Todd Parr, our children have said what peace is for them. They couldn't be cuter!❤️
"Que é a paz esta inspirado no libro O Libro da Paz de Todd Par. Os nosos rapaces dixeron o que era a paz para eles. Son ou non son un amor?❤️"
Teatro en inglés "Unboxing Alice", 5º e 6º cursos
Enviado por Anónimo o Lun, 27/01/2020 - 19:30Last Wednesday, on January 22nd, we went to watch the play "Unboxing Alice".
It has been a long time since Alice visited Wonderland for the last time. Tweedle Dee and Twee Dum get on the car of new technologies and in their role of influencers they decide to create their own "Wonderland video platform": The Tweedletube!
We had a great time!!!
Halloween 2019
Enviado por Anónimo o Mar, 05/11/2019 - 12:47Blog de Inglés (1º a 4º de primaria)
Enviado por Anónimo o Mar, 24/09/2019 - 15:50Hi!
Este é o link dá acceso ao blog de lingua inglesa, onde poderedes atopar moitos recursos que poden utilizar os nenos/as.
https://alittlebitmoreenglish.blogspot.com/
Teatro en inglés "Tarzán"
Enviado por Anónimo o Sáb, 19/01/2019 - 21:41O pasado día 16 o alumnado de 5º e 6º asistiu no auditorio de Afundación, a unha representación teatral en inglés titulada "Tarzán" levada a cabo pola compañía teatral "Face2Face"; na que ademais do coñecemento da lingua inglesa puidemos apreciar valores como a superación persoal, o traballo en equipo, os sentimentos.
Inspirada nas novelas de Edgar Rice Burroughs, esta aventura cómica levounos a sentir coma nun safari.
English class: Making sentences with mBot
Enviado por Anónimo o Mér, 13/06/2018 - 14:01Facendo frases co mBot na clase de inglés.