4º Primaria

Visita dos pais ao proxecto robótico

Co proxecto rematado os pais de 4º visitaron o traballo que os rapaces estiveron levando a cabo.  Tódolos pais estiveron moi atentos ás explicacións dos rapaces que acompañaron cunha presentación sobre o proxecto do río no que centramos no Colexio todalas nosas actividades

 

INICIACIÓN AO TENIS

O alumnado de 3º e 4º de primaria fumos ao club de tenis de Pontevedra para aprender a xogar ao tenis e fixemos moitos xogos:

O autobús : era de facer unha fila e o monitor tirábanos as pelotas e tiñamos que darlle a pelota e se saía fora do campo íamos a outro lado da rede e intentabamos coller a pelota que lanzaban os nosos compañeiros.

As liñas: tiñamos que poñer as pelotas en liña e un tiña que recollelas e outro volver a poñelas así ata que todos pasaban, o primer equipo que remataba era o gañador.

Opinións: encantounos e foi moi divertido,

Equipo redactor 4ºA: Agatha, Aroa, Noel e Uxía.

Na percura do tesouro

  O Alumnado de 3º e 4º de primaria fumos ver a obra de teatro: "Na percura do tesouro". Tratábase dun mozo que buscaba un tesouro que agochaba unha moura no bosque. O mozo tiña que pasar cinco probas para conseguilo, pero a moura avisoulle de que no tesouro non había nin xoias nin moedas de ouro. A obra remata cando o mozo consegue pasar as probas. Foi unha obra divertida e "super lexendaria". Despois fumos ver unha exposición de fotos que tiñan máis de cen anos dunha muller americana chamada Ruth Matilda Anderson e rematamos a mañán facendo un taller de xogos onde fixemos un boneco boxeador de papel con articulacións porque os nenos desa época facían os seus xoguetes.

Uxía, Aroa, Ágata e Noel

https://youtu.be/2ZJ-PmWTDzs

 

CHARLA DE PROTECCIÓN CIVIL

A Granxa de Briz

Os cursos de 4º de primaria visitaron a Granxa de Briz.

https://quik.gopro.com/v/RiS0pFYwfQ/

Xacias

Os nenos e nenas de 4º A "xaciáronse" neste estupendo traballo que como tódolos que estivemos facendo no colexio dentro do noso proxecto sobre "O río Lameira" para o Samaín, centrado no coñecemento das propias creacións colectivas como pobo en canto á Mitoloxía.

As Xacias, sereas de río de 4º A

 

Visita aos Museos Científicos de A Coruña. Cuarto curso.

O alumnado de cuarto curso realizou o pasado día 23 de maio unha visita cultural aos Museos Científicos de A Coruña, nos que puideron experimentar moitas das cousas que estudaron en Ciencias Naturais, ademais de coñecer a cidade. 

SAÍDA DOS DE 4º AOS MUSEOS DA CORUÑA

Outra das nosas tradicionais saídas é a visita aos museos da Coruña (Domus, Casa das Ciencias e Acuario), que realizan os alumnos de 4. A reportaxe fotográfica premendo na foto

VISITA AO CASTELO DE VILASOBROSO

Na mesma saída visitaron un castelo con moita historia: reis e raiñas de Galicia, condes, duques, vasalos, marcas de mestres canteiros na pedra, asaltos, irmandiños...

 

VISITA DE ANA ALONSO

Os nenos de cuarto de Primaria recibiron o venres 22 de marzo a visita da escritora Ana Alonso, coa que estiveron falando do seu libro "El palacio subterráneo".  A autora amablemente contestou a todas as  súas preguntas e asinou exemplares do devandito libro.

Ana Alonso residiu durante a meirande parte da súa vida en León.  Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e amplia os seus estudos en Escocia e París.  Ten publicado oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005) e o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006)

Escritora, traductora, bióloga e profesora de secundaria, Ana Alonso destacou, ademais de polos seus libros  de literatura xuvenil, pola súa incursión na poesía, obtendo un acesit no premio adonais 2003.

EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS

O alumnado de 3º e 4º do Colexio foise o venres día 8 de Xuño, para pasalo entre amigos e así celebrar o fin de curso. Decidiron marcharse a unha illa preto de Marín, e non é Tambo, foi a Illa de Ons que forma parte do Arquipélago das Illas Atlánticas. Estaba todo contratado, o barco, a animación no barco, monitores para unha visita guiada pola illa, un bar coa súa terraza  para comer con vistas ó mar, e por suposto o día tan estupendo que saíu despois de varios días grises e de choiva que o precedreron tamén estaba contratado, jejeje. Saíu todo xenial!!

 

 

            

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.