blogue dejosean
Móvete+
Enviado por josean o Mér, 22/06/2022 - 23:18Coa coreografía que Iria Alfonso de 6º A elaborou para a canción "Don´t Go Yet" de Camilo Cabello bailaron tódolos alumnos do Colexio e algún que non era alumno. Outro dos múltiples plans que conforman o Plan Proxecta onde estamos baixo a dirección da profe Belén
.
Romances, cantigas e coplas de Cego no Camiño Portugués (de Porriño a Redondela)
Enviado por josean o Sáb, 18/06/2022 - 16:40Por excelencia, os músicos cegos, foron en Galicia e en boa parte da Península, os gardiáns de boa parte da nosa rica tradición oral, que transmitían a través dos plegos de cordel que a xente mercaba, como fai hoxe en día coas coplas de maio. Nelas detallábanse sucesos truculentos que atraían a atención do público, pero tamén romances que se perdían na noite dos tempos e cantigas que pertencían ao pobo, e que este transformaba ao seu gusto. Iso foi o que fixeron os nenos, coller vellas cantigas e adaptalas ao Camiño portugués de Santiago e máis especificamente á zona que nos tocou, de Porriño a Redondela.
Todo baixo a dirección do cego Antón e o seu guía Iván.
Birlo Inventor
Enviado por josean o Sáb, 04/06/2022 - 22:24Deste xeito, imaxinaron varios alumnos de 5º que a mascota da Biblioteca traballaba tamén no Proxecto Dixital Integrado dos "Inventos que cambiaron o mundo"
Os Maios da Ascensión
Enviado por josean o Sáb, 28/05/2022 - 22:54"A Biblioteca Escolar ten a palabra" e recupera unha antiga tradición do mundo dos maios, desaparecida dende o ano 1954, a de saír ademais do día 1 de Maio, o xoves da Ascensión
Coplas de Maios 2022
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 22:04Este ano, o tempo botousenos enriba, e tivemos que botar man de xente tan experta no mundo dos maios como o profe Ramón Pastoriza, que nos escribiu unha fermosa copla para un dos barcos; pero ollo os nenos xa están empezando a facer a copla do ano que vén, e vanna rematar a primeiros de maio.
Aqui tedes as coplas coas que imos baixar este ano á Marín:
FAI A TÚA COPLA de MAIO
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 17:07Se ademais de elaborar a túa maqueta de Maio e do traballo que fagamos sobre a festa nas aulas, nos queres mandar a túa copla personal, estaremos encantados de publicala na nosa páxina web e incluíla na exposición que o Ateneo promove no Museo Torres.
Pídesennos que teñan, como o ano anterior, 5 ou 6 estrofas.
Podedes mandala a cepsequelo@gmail.com e como tódolos anos deixámosvos este manual que nos guía na realización dunha copla de maio coherente e ben estructurada.
Visita ao Museo do Mar
Enviado por josean o Dom, 17/04/2022 - 15:45Como complemento ao traballo de investigación que os alumnos de 5º fixeron neste segundo trimestre ao redor do invento do teléfono, visitaron o Museo do Mar, para coñecer máis de preto a aplicación deste invento nos barcos pesquerios. De primeira man, dos expertos, e grazas a un aparello de telefonía que había no Museo, puideron falar como se nun barco estivesen, a través da Costera; incluso utilizando os códigos secretos que utilizaban nas súas comunicacións os patróns e os armadores. O obxectivo era que o resto da frota se puidese oír a conversación non se enterasen do que pescaban e a zona onde estaban situados.
E así falaron pola telefonía Ramiro e Naiara
Aarón e Graciela
Humble e Graciela
e Aylen.
Pero tamén viron moitas máis cousas.
Teléfono Violeta
Enviado por josean o Dom, 17/04/2022 - 14:57Dentro do Proxecto Dixital Integrado "Os inventos que cambiaron o mundo", neste segundo trimestre aos de 5º asignóuselles investigar sobre o teléfono e por mor do día Internacional da Muller, escolleron a aquelas mulleres pioneiras dentro do mundo das comunicacións por vía telefónica.
Contos por telefóno
Enviado por josean o Ven, 15/04/2022 - 22:00Contos por teléfono é unha colección de pequenas historias de Gianni Rodari nas que o Sr. Bianchi, un comercial de ventas, cóntalle cada día un conto á súa filla dende a cidade onde se atopa. Sen os fantásticos contos do seu pai, a nena non é quen de durmir.
Aos poucos os nenos de 5º vannos contar os contos que o Sr. Bianchi lle contaba á súa filla.
O Sr. Bianchi de Varese
O caramelo instructivo
Historia do reino de Lambonia
Aprobado máis dous
Os homes de manteiga
Brif, bruf, braf
Historia da Radio
Enviado por josean o Ven, 15/04/2022 - 21:35Dentro do Proxecto Documental Integrado que eliximos para traballar os de 3º fixeron un programa de radio marabilloso contándonos a historia do medio.
Teléfono Vermello: "Coma un irmán che falo"
Enviado por josean o Ven, 01/04/2022 - 13:02O teléfono vermello inventouse coma un enlace de comunicación directa entre a Unión Soviética (Rusia) e os Estados Unidos para situación moi críticas. Facía moito tempo que o teléfono deixara de ter utilidade, pero semella que nestes momentos se volveu poñer de moda.
Se os nosos alumnos puidesen usalo que lle dirían aos dous bandos? Pois a mensaxe de solidariedade que encerra este poema de Celso Emilio Ferreiro posiblemente sería unha das cousas que lles mandarían.
Coloramos unha imaxe e creamos un puzzle
Enviado por josean o Mar, 29/03/2022 - 17:00Nesta actividade aorendimos técnicas de edición gráfica coa ferramenta web Sumopaint, modificando as cores, debuxando ou engadindo novos elementos a unha imaxe para obter unha nova que inclñua sete diferencias respecto á orixinal. Posteriormente, coas imaxes, así obtidas xeramos coa ferramenta "I´m a puzzle" un puzle dixotal que intercambiamos con outros grupos para xogar a completalo e atopar as diferencias.
Deseño de Ceip Sequelo
Buscamos información na Biblioteca
Enviado por josean o Lun, 28/03/2022 - 21:42A Biblioteca no noso centro é corazón e cerebro; nela os nenos, entre outras cousas, atopan e atoparán información para tódolos desafíos que lles propoñamos. E no que este ano lles propoñemos é que descubran todo o referente a "Inventos que cambiaron o mundo".
Os alumnos de 5º buscando todo o referente ao Teléfono
A súa orixe, o seu desenvolvemento e importancia.
E como en toda investigación seria que se precie utilizando distintas fontes e sinalando logo cales foron esas fontes.
Pensamentos para Rosalía
Enviado por josean o Lun, 28/03/2022 - 21:15Entre as actividades que a Asociación de Escritores en lingua galega promovía para a celebración o pasado 24 de Febreiro do Día de Rosalía estaba a posibilidade de elaborar Haikus a partir dalgúns dos versos máis recoñecidos da escritora, e isto foi o que conseguiron sacar os nenos de 5º
Poemas ao teléfono
Enviado por josean o Mér, 23/03/2022 - 14:57A través dos teléfonos e por mensaxes de voz os alumnos de 5º envian para celebrar o día mundial da poesía 24 poemas galegos. O teléfono un dos inventos que axudou a cambiar o destino da humanidade e que estamos traballando no noso PDI.
Se premedes no "play" do reproductor oiredes a cada un dos rapaces, e se queredes poñelo a pantalla completa premede nos 3 puntos da esquina inferior dereita
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Enviado por josean o Lun, 21/03/2022 - 23:53Por mor do Día Mundial da Poesía, a Academia da Lingua Galega, decidiu este ano homenaxear ao poeta do Morrazo, Bernardino Graña. Nós non quixemos ser alleos a esta homenaxe, e cunha pequena representación de cada clase recitamos o seu poema "Canción para ir ao mar de pesca"... máis algo máis.
O aradiño
Enviado por josean o Ven, 11/03/2022 - 20:23O Proxecto Documental no que estamos inmersos este ano vai de inventos e inventores. Que dubida cabe que un dos máis grandes inventos da humanidade foi a agricultura e o arado.
Cun moi primitivo Chroma Key elaboramos este video sobre o poema homónimo de Manuel María.
Recycling Bicicletas Solidarias
Enviado por josean o Dom, 06/03/2022 - 23:38Entrevista a cargo de Abel e Graciela na nosa Radio Televisión que non deixa de ser un pequeno resumo de todo o que nos veu contar José Luis Pereira sobre o seu proxecto solidario de reciclaxe de Bicicletas. Moi agradecidos pola súa presenza no noso colexio.
DÍA MUNDIAL DA RADIO: entrevista a Ángeles Alvariño
Enviado por josean o Dom, 06/03/2022 - 20:20O dia 13 de Febreiro celebramos o día Mundial da Radío e malia tela desmontada por mor das obras do centro, os alumnos de 5º foron quen de crear este podcast botando man da gravadora dixital.
Novos desafíos, novas aprendizaxes. Aprenderon a mesturar audio e música no Adobe Audition utilizando o autoduck, de entre todos os proxectos que presentaron, eliximos este de Aitana.
Imaxinaron unha entrevista con Ángeles Alvariño, unha científica que por mor do microproxecto dos volcáns que levamos adiante, lles é de sobra coñecida.
Visitamos outros mundos virtuais
Enviado por josean o Dom, 27/02/2022 - 11:00Nesta segunda sesión finalizamos os nosos escenarios creados coa ferramenta CoSpaces, onde agochamos un diamante, que os outros grupos terán que atopar. Logo de intercambiar os netbooks exploramos os escenarios creados por outros compañeiros e compañeiras e trataremos de atopar a xoia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »