EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Volveremos!

Elva Pintos achéganos este vídeo no que transmite o seu desexo de voltar ó cole. Que sepas Elva que os profes do Sequelo estamos contigo e desexamos voltar, pero mentras tanto, sede responsables como o sodes e ficade na casa. Unha aperta moi grande!

Manualidades dende casa...(1): Irene 6ºB

Ola, boas tardes. Hoxe tamén engadimos outra nova sección á nosa páxina: "Manualidades dende casa". Para inaugurala, Irene Pazos Iglesias de 6ºB vos ensina como facer flores de papel. Animádevos a facelas! 

Contos dende a casa (17): A mellor sopa do mundo

E outro máis e xa van 17 contos contados en vídeo dende as nosas casas. Desta vez é a quenda de Sara Fernández Blanco e a "Mellor sopa do mundo".  A comer ben de todo un pouquirrichiño.

Poemas dende a casa (8): Xosé Iglesias Lamela

Patrón, armador, poeta, debuxante... pero por riba de todo mariñeiro. No momento en que escribimos estas liñas este moso esta no mar co seu barco o Primeiro Villar que ten a base na Coruña, aínda que Xosé é de Cee. Xa algún lance ten botado para o noso colexio nalgunha outra singadura pedagóxica nosa. Nestes días de loucura como moitos mariñeiros da nosa costa segue saíndo a faenar para que teñamos peixiño tódolos días, aínda que sei que a moitos de vós o peixe...

Xa leva publicado dous libros de poesía: Transfusión oceánica e A relixión do mar co que gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Cando isto se calme queda comprometido a mandarvos a todos un saúdo, para abrir boca mandounos este vídeo del falando do que ama: o MAR e os seus habitantes.

Contos dende a casa (16): Sabela Casqueiro de 2º "O can e as lebres"

Chéganos outro conto, esta vez de Sabela de 2º curso, que nos le "O can e a lebre".

Contos dende a casa (15): Breixo Casqueiro de 5ºA "O príncipe desmemoriado"

Seguen a chegar novos contos, esta vez Breixo Casqueiro de 5ºA que nos le "O príncipe desmemoriado".

Contos dende a casa (14): A lebre e a tartaruga

Outra alumna máis que se anima a mandarnos un contiño dende a casa, Irene Estévez Pazos, que se atreve coas fábulas de Esopo.

Participa cos teus COMENTARIOS

Bo día a todos/as:

Onte habilitamos os comentarios das noticias do blog para que todos/as poidades participar expresando as vosas opinións (positivas, porfa) e así nos axuden a animarnos os uns aos outros. Ao final de cada noticia aparecerá unha ventá onde poderedes escribir o que vos apeteza. Non esquezades poñer o voso nome ao final do comentario.

Grazas

Música dende a casa (2): LUIS PREGO

Luís Prego leva moito tempo a ensinar baile tradicional por diferentes puntos do País pero leva aínda máis tempo a aprender dos nosos maiores aos que visitou, para que lle ensinaran puntos e xeitos do noso baile. Con toda esta sabedoría, Luís escribiu “PARA CANTAR E BAILAR” e “XOGOS MUSICAIS”, dirixiu grupos de baile como o compostelano “Brincadeira”, participou na elaboración do CD destinado ao público infantil "COPLAS DAS ESTRELAS".... E ademais de todo isto  é compoñente de grupo de folk ARDENTIA, cunha longa traxectoria ás súas costas.

Luis é, como vedes, un bo coñecedor da nosa tradición musical e para estar connosco elixiu esta coñecida canción acumulativa: "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".

Que máis animais coñecedes e como se chaman os seus "cantos"? Animádevos a participar cos vosos comentarios! (non esquezades asinalo co voso nome).

Pra Habana

A todo correr, e seguramente con erros, os rapaces aprenderon da profe Tamara este poema de Rosalía de Castro, en linguaxe de signos.  Botáronlle todos, incluso os que non aparecen, moitas ganas, e a próxima vez seguro que o bordan.

Pra Habana from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

Contos dende a casa (13): Paco Nogueiras Nodar

Quen nos colexios de primaria non coñece a Paco Nogueiras Nodar e o seu disco Brinca Vai? Hoxe manda un saúdo para toda a nosa Comunidade escolar.

Músico e actor. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actualidade forma parte da Orquestra Os Modernos, da compañía Os Tres TENedORES e da Campaña de Animación á Lectura de KALANDRAKA. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Ten colaborado con Ophiusa e co proxecto Apego.

Moitas grazas de corazón, Paco.

Contos desde a casa (12): Iker Crespo de 5ºA "Estás como unha cabra!"

Moi ben nenos e nenas! Seguimos recibindo os vosos contos. Esta vez o de Iker de 5ºA, que nos le un fragmento do libro "Estás como unha cabra!".

Contos dende a casa (11): Titiricircus

Onte día do Circo, Breixo Sanjorge Boullosa mandounos algo moi axeitado para o día.

Contos dende a casa (10): Juan Carlos Epifanio

Hoxe é a quenda para Juan Carlos Epifanio que dende a súa casa lenos este "SHERLOCK TÓPEZ Y EL JABALÍ MALHUMORADO".

Contos dende a casa (9): Alonso Arribas López

Alonso aproveita que está na casa para ler. Hoxe regálanos o conto do Gaiteiro e o lobo.

Segue o blog de 1º e 2º no seguinte enderezo: verdeiroles.blogspot.com

A raia

Outro dos experimentos de VideoEdicion que levaron adiante os rapaces de 5º, dentro do Proxecto "Chegamos a bo porto".  Desta vez os autores foron Maroua, Carla e Carlota.

Dia da Muller Traballadora: Redeiras

Por mor das circunstancias nalgunhas cousas andamos cun pouquiño de atraso.  Por mor do día da muller traballadora visitounos Aye, a tía de Candela Bermúdez, que nos falou ás dúas clases de 5º do seu traballo de redeira, traballo que noutros tempos era habitual nas mulleres, pero que hoxe en día é case que exclusivamente masculino.

 Logo da charla os nenos fixéronlle unha entrevista que aquí podedes escoitar:

Poemas dende a casa (7): Helena Villar Janeiro

Helena Villar Janeiro, profe, mestra, poeta... tivo a ben prestarnos a súa voz nestes momentos extraños que vivimos e compartir a súa poesía cun dos seus públicos preferidos, os nenos, con este fermoso poema "Belidadona"

Helena formou parte do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e coordinou as coleccións de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Arte de Trobar e Poetas con Rosalía.
Foi cofundadora do PEN Clube de Galicia, presidenta da Fundación Rosalía de Castro e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
Antologada e traducida a varias linguas, a súa narrativa infantil mereceu ser incluída no catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de München, en 1990 con Ero e o Capitán Creonte, e en 1994 con A canción do Rei.
 
Premios:
Poesía: Manuel Antonio, Galicia, Chao Ledo, Eusebio Lorenzo, Xacobeo, González Garcés e Arume (poesía infantil)
Narrativa: Breogán e Modesto R. Figueiredo.
Xornalismo: Puro Cora.
Obra poética:
Alalás (1972), O sangue na paisaxe (1980), No aló de nós (1981), Rosalía no espello (1985), Cabeleira de pedra (1993), Festa do corpo (1994), Álbum de fotos (1999) Nas hedras da clepsidra (1999) e Pálpebra azul (2003). Tamén os libros infantís A campá da lúa (1999), Belidadona (2002), Na praia dos lagartos (2003) e O Souto do ananon(2007).
Obra narrativa:
Morrer en Vilaquinte (1980) e O enterro da galiña de Domitila Rois (1991).
Obra ensaística:
Símbolos de Galicia (1979), Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo (1993), Delas (1999), Paseos literarios (2000) e Feminino plural(2003)
 
E autora, ademais, de numerosa obra pedagóxica, poética e narrativa publicada en libros colectivos e revistas.
 
A última incursión creativa da autora é a fotografía, tendo participado nas exposición colectivas Enarborar o bosque (Santa Cruz de Oleiros, 2011) e Olladas 2012 (Bruxelas, 2012) e colgado as individuais Palabras en imaxes (Bruxelas, 2012) e Xogos de auga (Santiago de Compostela, 2012).
 
Dende o 2017 é membro correspondente da Real Academia da Lingua Galega
 

Contos dende a casa (8): Laura Arribas López

Outro libro máis que nos chega a nosa páxina web desta vez da man de Laura, outro deses libros que marcaron a súa infancia, Coelliño Branco. Agora xa son moi maiores.

Contos dende a casa (7): Lara Dopazo Ruibal

No Morrazo hai moi bos escritores, e Marín non ía ser unha excepción. Entre os autores que estes días decidiron lernos algo está Lara Dopazo Ruibal que además é tamén ex-alumna do Colexio.

Lara gañou o primeiro premio do certame GZ Crea no 2008 pola poesía "Dende Illa Peixe".  No ano 2015 gañou o certame Francisco Añón de poesía co poemario Ovella e máis a primeira edición do Premio Literario Nortear co relato Clementina; así mesmo no 2007 gaña o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño co poemario Claus e o alacrán, que ao ano seguinte publicaría a Editorial Espiral Maior

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.