EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Os maios (5): Coplas de Maio de 4º

Van chegando as coplas de maio e os primeiros que se animan son os dous cursos de 4º.  Recordámosvos que a inscrición para o LXVII Concurso de Maios de Santa Cecilia esta vez centrado nas Coplas e en debuxos de Maio. Para facilitarvos o labor deixámosvos os documentos de Autorizacion de Uso e de Datos, no apartado de adxuntos para que os cubrades e os enviedes xunto á copla a ateneosmarin@hotmail.com. Ademais estan tamén as bases.

Coplas de Maio by Josean Pazos on Scribd

Música dende a casa (20): "Ritmo para acompañar as coplas de "Os maios"

Fai uns días propuxémosvos que fixerades coplas para celebrar a festa de "Os maios", logo decatámonos de que seguro os faltaban os tradicionais paus para acompañalas co ritmo. Pois ben, ocorréusenos que nos poderían servir os utensilios de madeira que hai en todas as cociñas. Eu atopei todos estes e fixen unha proba que espero que vos sirva.
Agora pedídelle permiso aos vosos pais para usalos, e animádevos a probar, seguro que vos sae mellor!
 

O mundo dos Maios

Recopilatorio dos nenos de 4º B sobre o mundo dos Maios

Semana do Libro dende a casa: "Microcontos no espello" (2)

Xa temos o primeiro "Microconto no espello". Moitas grazas Darío! Ademais mándanos unha indirecta! Ou será directa?

Ánimo aos demais, agardámosvos!

Manualidades dende a casa (25): Saída ao Museo de Pontevedra

Van chegando máis traballos coa técnica do Stop Motion. Neste caso Breixo, Roi, Roberto e Carla recrearon o que debía ser o traballo co que podiamos ter concursado no Concurso de Curtas do Museo de Pontevedra.  O que ía ser un vídeo con personaxes reais supliuse con este traballo de todos dende a casa.

 

Poemas dende a casa (15): As señoras Cousas

Sara, Laura, Breixo Vidal, Breixo Sanjorge, Irene, Candela, Alexandre, Sara, Martin, Dani, Roberto, Roi e poderíamos seguir así ata 17, leron o libro de poemas "As señoras Cousas de Helena Villar Janeiro", autora que tivo a amabilidade de mandarnos na súa voz algún dos seus poemas e logo aprenderon un.  Dende as súas casas, fóra os que teñen sorte de poder e dentro os máis afortunados,  recítannos cadanseu poema. Grazas HELENA, grazas RAPACES.

Semana do Libro dende a casa: "Microcontos no espello" (1)

Se non tivese pasado todo isto esta semana do 20 ao 24 de abril estariamos celebrando a Semana do Libro, porque como xa sabedes o día 23 de abril é o Día do Libro. Así que, na medida do posible, ímola celebrar "dende a casa", coa proposta "Microcontos no espello".
Agora estarédesvos preguntando... Que son os microcontos?, e por que no espello?
Os microcontos son relatos moi breves, feitos de xeito que en dúas ou tres frases temos que intentar contar toda a historia. No enlace deixámosvos unha breve explicación e algúns exemplos. Ollo non son para copiar!!!
O do espello é por complicárvolo un pouquiño, sabedes que se poñemos algo escrito diante do espello non o podemos ler, porque as letras vense do revés. Clicade neste enlace para a explicación.
Por último deixámosvos un exemplo, cun truquiño para que vos sexa máis fácil. Coma sempre agardamos os vosos "Microcontos no espello" no correo sequelonacasa@gmail.com.
 
 

Música dende a casa (19): "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"

Tódolos anos, chegadas estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Maios; este ano por as especiais circunstancias que vivimos non imos poder facer o maio e saír con el polas rúas da vila.
Pero... que tal se o cantamos “dende a casa”? 
Pois ben, ahí vai a nosa proposta: “Levántate Maio Marín 2020 Sequelo".
Mandádenos un vídeo cantando unha ou dúas estrofas dunha copla dun maio. Podédelas crear vos mesmos seguindo o manual que fai uns días nos deixou o profe José Antonio na entrada da web do centro titulada “Coplas dos maios”. Ou ben se non vos atrevedes a crealas pero queredes cantalas decídenolo e dámosvolas nós. 
Tendes de prazo ata o día 28 de abril. Con todas as gravacións recibidas faremos un vídeo que ten que estar listo para saír o día 1 de maio.
Recórdovos o correo para envialas sequelonacasa@gmail.com.
Para aprender a melodía, deixamos este audio cantado fai uns anos por un grupiño de nenos e nenas, algunhas aínda están no cole e outras xa se foron.

Hoxe aplaudimos a...(12) todos os pais que teletraballan, Iria Alfonso

Iria Alfonso de 4ºA, aplaude a todos os pais que teletraballan e ao mesmo tempo coidan dos seus fillos e dos seus maiores, como é o caso dos seus pais.

Autoduck para radio Escolar por Audacity

Dedicado a Xoel, mais todos vós podedes crear o voso propio programa de radio. Creades un guión do programa que queredes facer, gravades a vosa voz cos teléfonos e enviades a vosa voz a alguén que as poda mesturar. Mais se lle queredes meter música e que non estorbe coa voz, para iso Audacity ten a función de Autoduck, doado, sinxelo e rápido.

Música dende a casa (15): XOSÉ IGLESIAS BUXÁN

Houbo un tempo en que esta canción inspirada no poema de Manuel María "O Cuco", e con melodía de Suso Vaamonde era ben coñecida polas xentes do pobo. Foi moi popular e a súa gravación en vivo nun concerto en Moaña tivo grande repercusión na nosa zona. 

Eses tempos por desgraza xa pasaron, mais Xosé que estivo presente daquela cantando e tocando no concerto, reinterpreta para nós dun xeito maxistral a canción. Non é unha estrea en todo o sentido da palabra, pero case, porque a súa axente artística que é aguda coma un allo, ao pouco de gravala mandouna á TVG con saúdo ao noso colexio e todo.

ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS UN VÍDEO CANTANDO UN ANAQUIÑO DESTA CANCIÓN PARA MANDARLLO AO ARTISTA.

Hoxe aplaudimos a...(11) os pais de Pablo Torres

Hoxe aplaudimos aos pais de Pablo Torres de 5ºA, que teñen que seguir traballando e ademais están separados porque o seu pai tivo que quedar en Mauritania.

A corentena do Covid 19 está afectando a moitas familias por desgraza. No caso da miña familia estamos todos ben, boto de menos mirar aos meus familiares. Miña nai traballa igual porque coida a xente maior, pero no caso de meu pai traballa nun barco de pesca (trae peixe para a xente). Aínda que a empresa na que traballa é de Marín, eles teñen licenza en Nouadhibou (Mauritania). E non sabían o que pasaba no noso país hasta que chegaron a terra e informoulles o sindicato do ocurrido.

Alá xa atoparon tres casos do Covid 19, por iso xa non lle deixaron baixar do barco. Ao meu pai tocáballe vir de vacacións, xa que leva 4 meses faenando, pero agora non sabemos cando regresará  porque mentras as fronteiras e os aeroportos estén pechados el terá que quedar no barco. No barco son 18 persoas traballando están todos ben, o malo e que eles non poden ter a distancia necesaria xa que o barco non e moi grande. Que ganas teño de ver a meu pai para achuchalo, botámolo moito de menos.  (Pablo Torres 5ºA)

Manualidades dende a casa (22): Xaque Mate (Stop Motion)

Os alumnos deste colexio son uns monstros, non polo feos que son, senón polas cousas que son quen de facer. Dende Ponteareas os irmáns Vidal Salgueiro, Darío e Breixo, co Stop Motion, enxeño, paciencia e tempo mándannos esta incrible partida de xadrez PUNTO E FINAL

O Mago Daniel

O Mago Daniel e a súa axudante Clara saúdannos a nós e ao seu equipo de fútbol e amósannos o mellor da súa maxia. Con dous pases da súa variña máxica son capaces de facer desaparecer calquera obxecto. Serían capaces de facer desaparecer o coronavirus para así poder volver todos a vernos? Terán que intentalo!

Dani Quintana de quinto explícanos os pasos que fixeron para elaborar este sorprendente vídeo:

"-Primeiro baixamos a aplicación INSHOT

-Logo fixemos os videos ao revés pensando o que vai a ser o último e onde empezaría o video

-Co programa de edición de video do Ipad IMOVIE pegamos tódolos vídeos e engadímoslle a música.

-E o resultado ABRACADABRA aquí o tedes!!"

LXVII CONCURSO DE MAIOS DE MARÍN

Como tódolos anos, chegadas estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Maios; este ano por mor das especiais circunstancias que vivimos non imos poder facer o maio e saír con el polas rúas da vila. Pero o que supón un inconveniente é unha oportunidade única para que todos vós poidades aprender a facer a vosa propia copla tanto de barcos como de Maios.  

A guía para facer a copla dos maios xa hai uns días que a subimos á nosa páxina web. Para acceder a ela clicade no link seguinte:

Manual de Coplas

Cando as teñades rematadas mandádeas cos vosos datos (Nome, Idade, curso, telefono e correo electrónico se tedes a estoutro correo ceipsequelo@gmail.com)

Lede ben as BASES

 Concurso de Maios e Embarcacións 2020 by Josean Pazos on Scribd

ESTADE ATENTOS

Entre mañá e pasado daremos os pasos para construir unha copla de embarcacións sinxeliñas.

Entrevista a Inés Lobeira

A Radio Sequelo desta vez tráenos a voz de Inés Lobeira, natural de Ardán e veciña de Bueu, que leva dende que empezou esta pandemia traballando dende o seu posto de enfermeira cos afectados polo Covid 19 en Montecelo. Graciñas Inés por facer un buratiño no teu tempo libre para nós, nestes tempos tan duros para todos, pero especialmente para os que traballades en primeira liña cos enfermos.  Moi interesante todo o que nos contas.

O coronavirus na base militar de Kabul en Afganistán

Neste planeta noso, onde non haberá galegos? Se vas a Alemania, galegos; a Francia, galegos; a Suiza, galegos; a Alemania, galegos, en Inglaterra, galegos; na Arxentina, aí todos son galegos.... ata na Lúa hai un galego.  Pois se ata agora non os había no Afganistan agora xa hai un Fran Armada, orixinario da parroquia de Dúas Igrexas en Forcarei e pai de Roberto Armada Aneiros de 5º B.  Isto é o que nos conta Roberto de como están pasando o confinamento na base de Kabul onde está o pai.

"A corentena do coronavirus, na miña familia está afectando de moitas maneiras, como en todos os fogares. A miña nai e a min que estamos en Marín pois aféctanos como a todos, porque non saímos da casa, fago cole virtual, miña nai só sae unha vez por semana a comprar para nós e os meus avós...

Ao meu pai que está en Kabul (Afganistán) aféctalle doutra maneira: El e os seus compañeiros xa estaban confinados antes do Covid19 na base militar onde está, soamente saían os que traballan co exército afgano. Dende o covid19, xa ninguén pode saír ni entrar da base, os que están dentro é porque viven e traballan alí. Agora pecharon todas as zonas comúns como ximnasio, campo de deportes, biblioteca... so está aberto o comedor, e teñen que comer un por mesa como no colexio cando facemos un exame. Poden saír a camiñar e correr pola base, pero sempre mantendo unha distancia de dous metros cos compañeiros. Non poden ir en grupos como se estivesen enfadados uns cos outros.

Inda que xa están acostumados a estar confinados, leva alí 5 meses, o Covid19 fará que o seu regreso se atrase, xa que moitos aeroportos están pechados."

 

Moito ánimo a todos.

 

 

Sara Fernández Blanco entrevista ao seu pai

O pai de Sara, Pablo, ten nestes momentos, nos que estamos confinados nas nosas casas, unha das profesión máis decisivas para que todos nós superemos esta pandemia que nos tocou vivir.  El non é enfermeiro, nin meédico, nin celador, nin empregad@ dun supermercado... que todos son importantes, el como moitos dos seus compañeiros encárgase do mantemento das redes informáticas.  Imaxinádesvos como sería isto se se viñesen abaixo.

-Naceches en Marín?

-Non, nacín no concello de Cotobade-Cerdedo, na parroquia de Loureiro.

-Cal é o teu traballo?

-Instalador de fibra óptica

-Para que compañía?

-Movistar, pero tamén estiven traballando para Orange e Jazztel

-Cal foi o máximo de vivendas que fixeches nun día?

-10, sen parar dende as 8 da mañá ata as 10 de noite

-Traballaches noutro traballo que non fose telecomunicacións?

-Si, 15 anos de albanel e en tempos difíciles, no que fixese falta

-Gústache o teu traballo?

-Sí, aínda que moitas veces cansa máis o psicolóxico que o físico.

-Que tal levas o traballo nestas circunstancias?

-O traballo non se leva moi ben, cada vivenda é un mundo e non sabes o que te podes atopar nela.  Cando entramos nas casas é máis incómodo o traballo, sobre todo psicolóxico; moitos nolo agradecen, polo esforzo.

Manualidades dende a casa (18): Debuxa a man

Atrévete con algunha das divertidas manualidades, e nunca mellor dito, que se nos amosan neste vídeo e mándanolas.

Adentrámonos no mundo do cine con Chaplin

Ata agora todalas mostras de cine que vos deixamos na paxina web mesturaban imaxe e voz, pero tamén é posible crear cine só con imaxe. Ao principio o cine era así e artistas como Charles Chaplin crearon un xénero coñecido polo slapstick e que se caracterizaba pola mímica, pola acrobacia e por un ritmo frenético. Os actores como neste "The Adventurer" están continuamente a piques do accidente, do golpe, do tartazo. A persecución e a axitación son os seus estados naturais.

ES QUEN DE FACER ALGO PARECIDO COA TÉCNICA DO STOP MOTION?. O ACTOR PODES SER TI OU FACER QUE PARTICIPEN OS TEUS IRMÁNS.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.