blogue dejosean

Contos dende a casa (26): A lúa de Xoan

Elva Pintos Omil de 5º escolle esta Lúa mariñeira de Xoán para compartir con todos vós, moi repantingada dende o salón da súa casa.

Contos dende a casa (25): Tonino

El é un pingüín e chámase Tonino: chaqueta con faldróns, pico laranxa e ollos de botón, regordecho e zoupón.

Tanto lle ten ao noso pingüiniño o que pensen familia e máis veciños.  El soña con marchar para o deserto; é o único certo.

Esta é a historia que nos trae dende a súa casa Martin de 5ºB

Contos dende a casa (23): Andrea Nunes Brións

Os e as poetas da vila, que os hai, e do mellorciño de Galicia quixeron estar connosco.  E aínda que nunca fixeran incursións no eido infantil prestáronse coma neste caso Andrea a lerlle un conto aos nenos.

Activista política, feminista, poeta, cosmopolita e ao mesmo tempo moi galega. A obra de Andrea céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo co que ten elaborado varios videodocumentais. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007.

A súa última obra Todas as mulleres que fun, publicada en 2011, é un poemario ilustrado por Annet Borrás de temática de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica.

Andrea Nunes Brións - Orellas de Bolboreta from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

As Voces dos Animais (Faranduleando)

Cando a un alumno lle pides que continúe unha canción tradicional sobre animais e che manda unha marabilla coma esta, danche ganas de non xubilarte nunca.  Dos nosos alumnos, logo destes días podes dicir calquera cousa, agora que non lles vaia a farándula, non.

No principio Deus púxolle nome aos animais, agora ás voces deles o grande Roi Rodiño Fraguas

As voces dos Animais from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

Traballando cos ángulos (I)

Este desafío vai enfocado aos de 5º, porque eles traballaron un chisquiño co cine, pero tamén ten que ver coas Matemáticas e cos ángulos e a súa amplitude. A ver os de 5º e máis quen o saiba.

COMO SE CHAMA O ÁNGULO CO QUE MARTÍN LLE SACOU A FOTO AO SEU GATO E PORQUE SE CHAMA ASI?

e o que é máis importante

COMO SE CHAMA O GATO?

CONCURSO PILABOT: Necesitamos os vosos votos

Necesitamos os vosos votos, pois só quedan catro días. O primeiro dos nosos representantes é o 5º. A votalos. Fai click na imaxe e entra a votalos

 

Contos dende a casa (19): O Papaventos Viaxeiro

Dende moi, moi lonxe, nunha aldea perdida (que sorte ten) de Ponteareas, en pleno contacto coa natureza, Breixo Vidal de 5º traenos este conto do Papaventos Viaxeiro.

Música dende a casa (5): SERVANDO BARREIRO

Músico, contador de historias, e moi importante isto último, veciño de Valadares (Vigo). Baixo o seu alter ego do Bardo Abelardo percorre na compaña literaria de Anxo Moure tódolos recunchos de Galicia procurando divulgar nas súas cantiguiñas e contos o respecto á natureza.  Deixa moi especialmente para vos esta "Nana das árbores".

Músico de formación clásica debido ao seu crecente interese pola música tradicional galega, comeza a facer arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses ou do contacto directo coa xente do rural en traballos de campo. Paralelamente, realiza composicións musicais con letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos. Froito deste traballo foi premiado no IV Festival Galego da Canción, que supuxo a gravación do seu primeiro disco compartido cos demais finalistas. Logo chegarían os traballos discográficos "O son da sega" (1996) na compaña do grupo Retrincos, "A dança do lume"( 1999), "Som voltas"(2004) e, máis recentemente, o libro-cd baseado en contos de Anxo Moure: "Vicentinho e as árvores da paz" (2010). O libro-cd "A música das árbores" (Xerais, 2015), en coautoría con Anxo Moure, é a súa primeira obra en Xerais.

Contos dende a casa (17): A mellor sopa do mundo

E outro máis e xa van 17 contos contados en vídeo dende as nosas casas. Desta vez é a quenda de Sara Fernández Blanco e a "Mellor sopa do mundo".  A comer ben de todo un pouquirrichiño.

Poemas dende a casa (8): Xosé Iglesias Lamela

Patrón, armador, poeta, debuxante... pero por riba de todo mariñeiro. No momento en que escribimos estas liñas este moso esta no mar co seu barco o Primeiro Villar que ten a base na Coruña, aínda que Xosé é de Cee. Xa algún lance ten botado para o noso colexio nalgunha outra singadura pedagóxica nosa. Nestes días de loucura como moitos mariñeiros da nosa costa segue saíndo a faenar para que teñamos peixiño tódolos días, aínda que sei que a moitos de vós o peixe...

Xa leva publicado dous libros de poesía: Transfusión oceánica e A relixión do mar co que gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Cando isto se calme queda comprometido a mandarvos a todos un saúdo, para abrir boca mandounos este vídeo del falando do que ama: o MAR e os seus habitantes.

Contos dende a casa (14): A lebre e a tartaruga

Outra alumna máis que se anima a mandarnos un contiño dende a casa, Irene Estévez Pazos, que se atreve coas fábulas de Esopo.

Música dende a casa (3): A VIDA É BELA

Porque malia as circunstancias que nos tocan vivir, a vida segue sendo bela, Laura Arribas López e os seus pais, baixo a dirección do pequeno Herbert von Karajan,  mandáronnos dende a casa esta cousiña tan fermosa.

Sabemos que temos moi bos músicos no cole, algún ata toca o UKELELE. Animádevos e mandádenos cousiñas.

Música dende a casa (2): LUIS PREGO

Luís Prego leva moito tempo a ensinar baile tradicional por diferentes puntos do País pero leva aínda máis tempo a aprender dos nosos maiores aos que visitou, para que lle ensinaran puntos e xeitos do noso baile. Con toda esta sabedoría, Luís escribiu “PARA CANTAR E BAILAR” e “XOGOS MUSICAIS”, dirixiu grupos de baile como o compostelano “Brincadeira”, participou na elaboración do CD destinado ao público infantil "COPLAS DAS ESTRELAS".... E ademais de todo isto  é compoñente de grupo de folk ARDENTIA, cunha longa traxectoria ás súas costas.

Luis é, como vedes, un bo coñecedor da nosa tradición musical e para estar connosco elixiu esta coñecida canción acumulativa: "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".

Que máis animais coñecedes e como se chaman os seus "cantos"? Animádevos a participar cos vosos comentarios! (non esquezades asinalo co voso nome).

Pra Habana

A todo correr, e seguramente con erros, os rapaces aprenderon da profe Tamara este poema de Rosalía de Castro, en linguaxe de signos.  Botáronlle todos, incluso os que non aparecen, moitas ganas, e a próxima vez seguro que o bordan.

Pra Habana from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

Contos dende a casa (13): Paco Nogueiras Nodar

Quen nos colexios de primaria non coñece a Paco Nogueiras Nodar e o seu disco Brinca Vai? Hoxe manda un saúdo para toda a nosa Comunidade escolar.

Músico e actor. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actualidade forma parte da Orquestra Os Modernos, da compañía Os Tres TENedORES e da Campaña de Animación á Lectura de KALANDRAKA. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Ten colaborado con Ophiusa e co proxecto Apego.

Moitas grazas de corazón, Paco.

Contos dende a casa (11): Titiricircus

Onte día do Circo, Breixo Sanjorge Boullosa mandounos algo moi axeitado para o día.

Contos dende a casa (10): Juan Carlos Epifanio

Hoxe é a quenda para Juan Carlos Epifanio que dende a súa casa lenos este "SHERLOCK TÓPEZ Y EL JABALÍ MALHUMORADO".

A raia

Outro dos experimentos de VideoEdicion que levaron adiante os rapaces de 5º, dentro do Proxecto "Chegamos a bo porto".  Desta vez os autores foron Maroua, Carla e Carlota.

Dia da Muller Traballadora: Redeiras

Por mor das circunstancias nalgunhas cousas andamos cun pouquiño de atraso.  Por mor do día da muller traballadora visitounos Aye, a tía de Candela Bermúdez, que nos falou ás dúas clases de 5º do seu traballo de redeira, traballo que noutros tempos era habitual nas mulleres, pero que hoxe en día é case que exclusivamente masculino.

 Logo da charla os nenos fixéronlle unha entrevista que aquí podedes escoitar:

Poemas dende a casa (7): Helena Villar Janeiro

Helena Villar Janeiro, profe, mestra, poeta... tivo a ben prestarnos a súa voz nestes momentos extraños que vivimos e compartir a súa poesía cun dos seus públicos preferidos, os nenos, con este fermoso poema "Belidadona"

Helena formou parte do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e coordinou as coleccións de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Arte de Trobar e Poetas con Rosalía.
Foi cofundadora do PEN Clube de Galicia, presidenta da Fundación Rosalía de Castro e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
Antologada e traducida a varias linguas, a súa narrativa infantil mereceu ser incluída no catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de München, en 1990 con Ero e o Capitán Creonte, e en 1994 con A canción do Rei.
 
Premios:
Poesía: Manuel Antonio, Galicia, Chao Ledo, Eusebio Lorenzo, Xacobeo, González Garcés e Arume (poesía infantil)
Narrativa: Breogán e Modesto R. Figueiredo.
Xornalismo: Puro Cora.
Obra poética:
Alalás (1972), O sangue na paisaxe (1980), No aló de nós (1981), Rosalía no espello (1985), Cabeleira de pedra (1993), Festa do corpo (1994), Álbum de fotos (1999) Nas hedras da clepsidra (1999) e Pálpebra azul (2003). Tamén os libros infantís A campá da lúa (1999), Belidadona (2002), Na praia dos lagartos (2003) e O Souto do ananon(2007).
Obra narrativa:
Morrer en Vilaquinte (1980) e O enterro da galiña de Domitila Rois (1991).
Obra ensaística:
Símbolos de Galicia (1979), Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo (1993), Delas (1999), Paseos literarios (2000) e Feminino plural(2003)
 
E autora, ademais, de numerosa obra pedagóxica, poética e narrativa publicada en libros colectivos e revistas.
 
A última incursión creativa da autora é a fotografía, tendo participado nas exposición colectivas Enarborar o bosque (Santa Cruz de Oleiros, 2011) e Olladas 2012 (Bruxelas, 2012) e colgado as individuais Palabras en imaxes (Bruxelas, 2012) e Xogos de auga (Santiago de Compostela, 2012).
 
Dende o 2017 é membro correspondente da Real Academia da Lingua Galega
 
Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.