EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

#Eu son brava

Xunto con outros colexios da contorna colaboramos, como non podía ser outra sendo de Marín, con Opromar neste valioso proxecto que é Eusonbrava.

OPROMAR  é unha organización formada por empresas armadoras que posúen barcos de pesca que capturan  peixes en todos os océanos e que nesta ocasíón pretende poñer en valor o traballo das mulleres dentro do mundo do mar.  Con tal fin, mulleres de toda Galicia, compartiron as súas experiencias nos traballos relacionados co mar, a través de videos e textos. Como remate da actividade os nosos alumnos elaboraron pequenos textos que a organización recolleu na súa páxina.

Clica na imaxe para ir ao blog e logo para acceder aos do noso cole premede en "OLDER ENTRIES"  tres veces.

CONCURSO DE DEBUXOS E CONTOS DE NADAL 2020 DO ATENEO

Coma tódolos anos o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Debuxos e Contos de Nadal e como tódolos anos tivéronnos dispostos a colaborar con eles. Presentamos unha chea de debuxos e contos, todos dunha grande calidade, logo xa o dos premios e a gusto do xurado. Parabéns a todos polo esforzo realizado e moi especialmente aos premiados tanto no eido dos contos, onde copamos a categoría B con Breixo Vidal Salgueiro, Irene Estévez Pazos e Breixo Sanjorge Boullosa coma no eido dos debuxos onde Luisa Barreiro Vázquez tivo un accésit.

Guías de lecturas en galego

Xa vén sendo tradición que os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo elaboren unhas GUÍAS de lecturas recomendadas. Aquí tendes as deste ano. Aproveitade para escoller o que máis vos guste e pedirllo aos Reis Magos ou a Papá Noel.

Concurso de "Tarxetas de Nadal 2020"

Parece que empezamos onte un novo curso, e a pesar das dificultades con que nos imos atopando desde que comezou o trimestre, xa temos aquí o Nadal; e co Nadal chega o noso tradicional concurso de tarxetas de Nadal, este ano co tema "Chegamos a bo porto coa COVID", en referencia ao noso proxecto bianual, pero tamén ao desexo de que cheguemos ao final desta situación que nos obriga a cambiar o noso xeito de facer as cousas. 

Ese é desexo que nos queren transmitar estas tarxetas gañadoras e finalistas do concurso deste ano. Coma sempre puxéstesllo moi difícil ao xurado.

Noraboa nenos e nenas!

Chef Mini: Biscoito de castañas (IV)

Ao noso programa de cociña seguen chegando distintos pratos, inda que repetidos, cada un ten o toque especial dos nosos Chefs Mini, neste caso o de Laura Arribas López de 6º

 

25 de novembro: Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller

Este ano para conmemorar esta data traballamos os días previos o conto de "Arturo e Clementina", unha parella de tartarugas que comezan a súa relación moi ilusionados, pero que co paso do tempo as cousas non son para Clementina coma ela esperaba.

Despois de traballado o conto, os nenos e nenas do CEP Sequelo quixeron axudar a Clemetina a realizar os seus soños, por iso enchemos o colexio de Clementinas moradas que o único que cargaban na súa coiraza foron os bos desexos do noso alumnado.

Se queredes volver ler o conto recordade que está no blog da biblioteca (http://bibliotecasequelo.blogspot.com/)

 

 

 

 

Que sabemos das Esponxas de Mar?

Sara Fernández Blanco recopilou toda esta interesante información dun animal moi curioso, as esponxas de Mar.

 

Que sabemos das Baleas Francas?

Pois de primeiras non moito, salvo que son mamíferos mariños moi grandes e non moito máis; pero os noso alumnos de 6º foron investigar e algo máis no camiño aprenderon.

 

Magosto 2020: "Receitas con castañas"

Deixamos a recompilación de "Receitas con castañas" elaborada coa participación do alumnado de todos os cursos. Agora só queda probar a facelas. A ver quen se atreve e nos conta como lle saíron.

Veña! A que estades esperando?

IV Concurso de Relato Curto Marín Conta

Tres dos catro da foto son alumnos do noso centro.

O Ateneo Santa Cecilia fixo entrega dos premios do 'IV Concurso de Relato Curto Marín Conta'  por mor do día das Letras Galegas, nun acto condicionado polas medidas anticoronavirus. Os premiados do noso centro foron Breixo Vidal Salgueiro (primeiro premio), Carla Vilela Fernández (segundo) e Roberto Armada Aneiuros (accésit) que recolleron o agasallo e diploma acreditativo de mans do presidente da entidade Lois G. Dopazo.

 

Parabéns a todos!!

.

 

Chef Mini: Pastel de castañas

Outro dos marabillosos e suculentos postres que a partir de castañas nos chegaron, desta vez é Breixo Vidal que nos prepara este pastel de castañas.

Chef Mini: Biscoito de castañas (III)

E como non podía haber dous sen tres, o terceiro biscoito de castañas fixérono Sara Vilela de 6º e María José Fernández, a súa nai, e como no caso dos outros dous, ábrelle a un o apetito.

Carta de Birlo no Día Universal do Neno

Así de atentos estiveron os nenos e nenas, mentras os seus mestres lían a carta de agradecemento que Birlo lles escribiu con motivo do "Día Universal do Neno".

 

Chef Mini: Biscoito de castañas (II)

Hoxe en Cociña co Roi Rodiño, imos facer un biscoito de castañas, rico, rico e con moito fundamento. Dende o set da SequeloTV na rúa Echegaray Roi vainos contando dunha forma amena e exhibindo o seu gorro de Chef os pasos para un estupendo biscoito. Rico, rico e con fundamento.

Chef Mini: Biscoito de castañas

Un apetitosísimo postre con base de castañas que cociñou para todos nós Xoel Sequeiros  Paz de 6º. 

Tarta de castañas de Raúl Soage

Riquísima tarta de castañas que Raúl comparteu cos compañeiros.Prestade atención que ben cociña!!!

 

IRIA (4º). TORTA DE CASTAÑAS

Iria preséntanos con moito aplomo e serenidade a súa fantástica torta de castañas. Noraboa polo teu traballo e grazas por compartilo.

Carta de Birlo aos nenos e nenas no Día Universal do Neno

O 20 de novembro é un día moi importante: celébrase o Día Universal do Neno e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989). 

Coincidindo con esta data Birlo, a nosa mascota, aproveitou para agradecervos o ben que vos estades portando neste ano tan difícil;  e animarvos a que sigades así.

ROBERTO SANTOS POL. CREMA DE CASTAÑAS E CHOCOLOATE

ROBERTO (2º) quixo compartir con nós a súa receita: Crema de castañas e chocolate. Visto o resultado final debe de estar riquísima. 

  En arquivo adxunto atopades a receita paso a paso, por se queredes intentalo.

 

HUGO E JOEL DALMAU. FLAN CON CASTAÑAS

Os irmás Dalmau Barcala(Hugo e Joel) quixeron amosarnos como se fai un auténtico flan caseiro a base de castañas. Debía de estar riquísimo! E que ben o pasaron! Grazas por compartilo!

   Se queredes intentalo, tendes a receita en arquivos de imaxe adxuntos.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.

 

Arquivos mensuais