5º Primaria
ECOPERCUSIÓN
Enviado por Anónimo o Mér, 02/05/2018 - 12:36O dia 19 de Abril veu un señor chamado Didier, que nos expuxo instrumentos de ecopercusión. Ecopercusión significa: tocar instrumentos de percusión reciclados. Aos nenos de 5º e 6º curso de primaria ensinounos uns ritmos con cubos e dúas baquetas cada un, menos dous que tocaron bidóns. Estivemos moito tempo practicando para que ao final nos saira ben a canción.
COMISIÓN PERIODISTICA 5ºB
PRIMEIROS AUXILIOS
Enviado por Anónimo o Lun, 16/04/2018 - 12:32O venres 6 de abril viñeron uns voluntarios da protección civil que se chamaban Raquel e Alberto a explicarnos os primeiros auxilios básicos. Son as maniobras básicas que deberíamos saber toda a xente. As máis básicas se alguén se desmaia: pegar no peito, se non responde lle peliscas a clavícula, lle miras a respiración e se non responde se fai a RCP; pero antes chamar ao 112 que é o número de emerxencias. Tamén nos ensinaron que facer se algunha persoa se atraganta. As máis básicas son: cinco golpes entre os omoplatos, se non se lle quita o obxecto se fai a maniobra de Grenwich.
COMISIÓN PERIODISTICA 5ºB
CHARLA DAS AVES
Enviado por Anónimo o Ven, 13/04/2018 - 12:22O venres 16 de marzo veu ao colexio un señor chamado Juan Carlos Epifanio que nos veu falar das aves dos ríos galegos. Falou dalgunhas aves, por exemplo: o Corvo mariño que se mergulla para capturar peixes; o Merlo que se alimenta de vermes e froitas; o Cuco que se alimenta de eirugas e coñecese polo seu canto; a Garza que se ve todo o ano en Galicia e aliméntase de peixes; o Peto Formigueiro aliméntase de formigas e insectos. E tamén nos falou de ríos de Galicia, como os máis grandes, o Miño o Sil... e outros menores, como o caso do Verdugo e centos de pequenos regatos. COMISIÓN PERIODISTICA 5ºB
Exhibición de COLPBOL
Enviado por Anónimo o Ven, 16/03/2018 - 14:59O 9 de marzo celebramos a igualdade no deporte facendo uns partidos de Colpbol entre os nenos de 3º,4º,5º e 6º. O Colpbol é un deporte creado en 1997 por un mestre de educación física chamado Juanjo Bendicho. Este deporte está formado por dous equipos mixtos feitos por 7 xogadores. Consiste en meter un gol coas mans na portería contraria. As reglas básicas son:
-Non se pode agarrar a pelota coas mans.
-Non se pode dar dous toques seguidos.
-Non se pode dar co pé.
-Golpear o balón co puño cerrado.
-Respectar a distancia no saque.
Cando acabaron os partidos os profesores repartiron unhas medallas para todos os nenos/as que foron cortesía do Concello de Marín.
Comisión periodística 5ºB
8 de marzo, Día da Muller Traballadora
Enviado por Anónimo o Xov, 15/03/2018 - 13:32O día 8 de marzo, foi o Día da Muller Traballadora. Conmemórase a loita da muller pola igualdade de xénero. A primeira celebración deste día tan especial, tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Australia, Dinamarca e Suíza. Posteriormente, a súa conmemoración foise extendendo.
Este día é contra o machismo, que é a actitude ou maneira de pensar de que o home é superior á muller.
Algunhas mulleres para conmemorar o día da Muller Traballadora, colocan un delantal no seu balcón para que se saiba que ese día a muller non traballa.
Comisión periodística 5ºB
Animais do río
Enviado por josean o Mér, 14/03/2018 - 13:23Como este ano estamos a desenvolver no colexio un proxecto sobre o río Lameiriña, os nenos e nenas de 5ºA decidimos facer un traballo de investigación sobre os distintos animais do río: peixes, mamíferos, anfibios, reptis, aves e insectos. Cada neno escolleu un animal, investigou sobre el e realizou unha presentación.
Queremos compartir este traballo con todos vós e cada quince días presentarémosvos tres animais diferentes. Comezaremos con tres aves: garza reiseñor e pita de auga, traballos realizados por Yara, Almudena e Yelme.
Esperemos que vos gusten!
SEMENTAMOS "CORNOS ROSSOS" EN 5ºA
Enviado por josean o Xov, 15/02/2018 - 13:30O mércores 7 de febreiro, na clase de 5ºA plantamos sementes da especie ``corno vermello´´ (corno rosso). Estas sementes plántanse desde xaneiro ata xuño, e recóllense desde maio ata novembro; claro está, a recollida vai en función da etapa en que sementamos.
O proceso foi o seguinte:
1º Por parellas fomos enchendo as macetas de terra.
2º Collemos 3 sementes cada un.
3ºColocamos as sementes enriba da terra e cubrímolas, aplastando a terra un pouquiño.
4º Regámolas con coidado.
Agora esperaremos a que esas sementes xerminen e medren as plantiñas. Logo transplantarémolas ao noso horto escolar.
Irémosvos informando de como vai o proceso!
Almudena e Martín 5ºA
Coma o can e o gato
Enviado por josean o Lun, 12/02/2018 - 18:27Preme no espazo para mover o can e a frecha dereita para mover o gato, neste xogo de carreiras que fixeron os de 5º B
Tópame
Enviado por josean o Sáb, 10/02/2018 - 18:27Topa á rapaza clicando enriba dela e consegue puntos neste xogo que crearon os alumnos de 5º A
Seres mitolóxicos dos ríos galegos
Enviado por josean o Xov, 02/11/2017 - 00:24Dentro do Proxecto Transversal que este ano estamos traballando no colexio centrado nos ríos e máis concretamente no que pasa a rentes do noso centro, o Lameira; os alumnos de 5º B elaboraron está marabillosa Guía dos "Seres Mitolóxicos dos ríos galegos"
Non á desigualdade de xénero
Enviado por josean o Mér, 21/06/2017 - 22:05Este estupendo traballo foi feito por Raúl de 5º B, unha máis das posibilidades que o Scratch nos ofrece crear unha animación.
PRIMEIRO BLOG DE SCRATCH
Enviado por josean o Ven, 19/05/2017 - 09:55Os alumnos de 5º baixo a coordinación de Martina Pazos Iglesias de 5º B, creadora do blog, andan creando un cento de xogos utilizando a linguaxe de programación Scratch. Visítao e xoga premendo enriba do logo do blog.
MANUEL MARÍA: RETRATOS E CALIGRAMAS
Enviado por josean o Xov, 19/05/2016 - 21:55Seguimos dandolle as Letras Galegas, entre os de 5º e 6º caligramizamos o "Soños na Gaiola" e fixemos varios retratos. A música de fondo é María Manuela, cantante do Ferrol, sobre o "Poema do Alleado", e Manuel María exercendo de profeta. Ben sabía el os camiños que desgraciadamente ía coller o pobo galego: o mellor sempre o de fóra
Manuel María by Slidely Slideshow
OS RAPACES DE 5º VISITAN O IES MESTRE LANDÍN
Enviado por josean o Mér, 11/05/2016 - 00:00O IES Mestre Landín continua cos Xogos matemáticos nos recreos. Nesta ocasión invitaronnos ao alumnado de quinto de Primaria que o pasou en grande no centro veciño
MURAL DOS PEIXIÑOS
Enviado por josean o Mér, 17/02/2016 - 10:30E isto outro que do noso proxecto "Marín sabe a Mar" está nun dos nosos corredores. Estas mariñeiras caroutas que polo Entroido fixeron os de 5ºA para un mural
VISITA DE JUAN CARLOS EPIFANIO
Enviado por josean o Sáb, 12/12/2015 - 01:0017 DE MAIO LETRAS GALEGAS: POEMAS 5º A
Enviado por josean o Ven, 23/05/2014 - 18:58De cara a ao día das Letras Galegas os rapaces de 5º A elaboraron estes fermosos poemas de loubanza desta nosa terriña.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8